Novas

C.D. Sport Team Estrada 2 - 2 Bertamiráns F.C.

Outro importante punto a domicilio

O pasado domingo o noso equipo visitou ao C.D. Sport Team Estrada no Manuel Regueiro para desputa-la xornada 31. O marcador inaugurouno Adrián Arnejo no minuto 28, que veu o porteiro rival adiantado e cun gran golpeo puxo ao Bertamiráns por diante. Con escasas ocasións para ambos equipos e moita igualdade no xogo o conxunto local foi quen de empata-lo encontro cun centro nunha falta lateral. A poucos minutos de comeza-la segunda metade o Sport Team Estrada adiantouse cun remate dende dentro da área despois dun saque de banda. A tónica do partido seguiu sendo a mesma que na primeira metade, poucas ocasións claras para ambos equipos. No minuto 86 os nosos empatarían o encontro despois de que un defensor do conxunto estradense marcase un gol na súa propia meta. Na seguinte xornada visitamos a S.D. Esteirana, para tentar levar os 3 puntos e así consegui-lo noso obxetivo.

os nosos colaboradores

Image
Image
futgal2.jpg

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Milongas
CES CAROU
Stampa
Vaca Vella
O Establo
Emma Café
Sopgal
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal