
Dous ilustres do fútbol galego voltan de visita
Aproveitando o parón nas ligas profesionais debido os compromisos das seleccións nacionais rumbo a Qatar 2022, dous futbolistas ilustres que se formaron na nosa base aproveitaron para visitar ó noso presidente Rafael Budiño onde o noso patrocinador Café Don Budi. Os dous futbolistas non son outros ca Hugo Novoa e Fran Vieites.
Hugo Novoa militou no nosa base ata categoría benxamín, agora con só 18 anos xa debutou na Bundesliga co seu actual clube o RB Leizpig, onde xa veu porta en partido oficial de liga.
Fran Vieites, pola contra, estivo na nosa base ata cadetes cando fichou polo Celta de Vigo para o seu equipo Xuvenil B. Actualmente está cedido no CD Lugo de Segunda Division onde xa debutou. Atesora moita experiencia en segunda B debido ó seu paso polo filial do Celta.
Dende aquí desexamoslles a mellor das sortes para que triunfen neste difícil e complicado mundo do balón. Unha aperta moi forte para os dous.
