Novas

Bertamiráns F.C. 1 - 2 Cordeiro C.F.

This image for Image Layouts addon

Partido igualado no que non tivemo-la sorte do noso lado.

Derrota por 1-2 na casa do equipo Sénior diante do Cordeiro C.F., terceiro clasificado da liga. O encontro comezou marcado pola lesión de gravidade de Sergio Gonzalez Conde, xogador do Cordeiro que tivo que ser atendido polos servizos médicos, a quen lle desexamos unha moi pronta recuperación. A primeira  parte acabou co marcador 0-0. Non tivo un claro dominador, pero foi o Bertamiráns o que estivo máis preto de canta-lo gol tras dúas boas ocasións erradas por centímetros. A poucos segundos do inicio da segunda metade os nosos realizaron unha boa xogada que finalizou cun gran centro de Adrián Arnejo e un remate coa testa de Cea. O 1-0 non durou moito xa que despois de 10 minutos o conxunto visitante conseguiu a igualdade no marcador grazas a un centro lateral. Poucos minutos máis tarde da igualada, esta vez polo outro costado, os de Valga marcarían o derradeiro gol do encontro, co que conseguirian os 3 puntos. Partido pelexado po-los nosos xogadores, que xa se preparan para o derradeiro encontro antes do parón, diante do Flavia S.D.

os nosos colaboradores

Image
Image
futgal2.jpg

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Milongas
CES CAROU
Stampa
Vaca Vella
O Establo
Emma Café
Sopgal
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal