
Empate na casa, xa que perdoamos moitas ocasións.
Reparto de puntos no Municipal de Bertamiráns tralo empate 1-1 acadado fronte a S.D. Tordoia.
O equipo fixo unha gran primeira parte, na que tivo ocasións e demostrou superioridade, pero que non foi suficiente para desfacer a igualdade do marcador.
Ao inicio da segunda parte o rival quedou cun xogador menos despois de que o arbitro lle amosara o segundo cartón amarelo. Malia superioridade numérica a S.D. Tordoia poñíase por diante no marcador cun gol ao minuto 62 despois dun golpeo dende fora da área. O Senior non deixou de atacar e tras un balón largo de Caeiro, David conseguiu marcar o 1-1 definitivo a poucos minutos do final.
Empate que sabe a pouco despois do gran esforzo e xogo que reflexou o equipo.














