
Clausura do X Campus BFC
Este pasado venres día 1 de Xullo clausurámo-lo X Campus BFC coa presenza do Alcalde de Ames D. Blas García e a conselleira de deportes Dª Susana Señoris.
Este ano ademáis do perfeccionamento tanto técnico como táctico no que a fútbol se refire, os rapaces tamén puideron disfrutar doutras actividades como a piscina anexa ó campo de fútbol.
Ademáis contamos coa presenza de Hugo Novoa, xogador do Red Bull Liezpig, e de Fran Vieites, porteiro do CD Lugo. Ambos xogadores formáronse na canteira do Bertamiráns FC. O clube dalles as grazas pola súa paciencia cos rapaces e polos agasallos que sortearon entre tódolos participantes do campus.





