Novas

DéporCampus no Municipal de Bertamiráns

This image for Image Layouts addon

Bertamiráns acollerá un novo DéporCampus

Por sexto ano consecutivo Ames acolle o DéporCampus que organiza o RC Deportivo da Coruña en colaboración co Concello de Ames e o Bertamiráns FC. O DéporCampus terá lugar entre os días 12 ao 16 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Este ano esta actividade desenvolverase no campo de fútbol municipal de Bertamiráns.

No DéporCampus poden inscribirse nenas e nenos de entre 6 e 14 anos, tanto do Bertamiráns FC como xogadores e xogadoras doutros clubs. Os técnicos do Real Club Deportivo da Coruña conducirán todas as sesións. Cada participantes disporá dun seguro de accidentes deportivos, un equipamento deportivo composto de camiseta, pantalón e medias, almorzo (auga e froita), un diploma, unha máscara oficial do RC Deportivo, unha merenda individual e un sorteo de regalos. O método empregado fomenta valores como o xogo limpo, o respecto polo rival, o esforzo, a solidariedade e a amizade a través do deporte.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, dixo esta mañá “Este campus xa se leva facendo dende fai varias temporadas. O deporte é algo moi importante para todos e todas, non só son xornadas de adestramento senón que se fomentan valores como a amistade, a solidaridade, o esforzo ou o traballo en equipo. Durante esas horas, o/as paces e rapazas, a parte de fomentar a práctica do deporte, están rodeados de amigos e se lles facilita aos pais e as nais unha conciliación ”.

Obxectivos dos DéporCampus
Os obxectivos dos técnicos deportivistas pasan por desenvolver habilidades e conceptos na relación co ou coa opoñente, así como na relación co propio compañeiro ou compañeira. Os e as porteiras adestrarán tamén este tipo de habilidades de xeito especializado. Non se descoidará a educación en hábitos saudables, incidindo na importancia da alimentación dos e das deportistas. Xogaranse partidos, traballaranse situacións básicas de aprendizaxe, rondos básicos e xogos de posición. Ademais, o RC Deportivo quere continuar a labor de transmisión de valores como o respecto, a amizade e a solidariedade, que o propio Bertamiráns FC e outros clubs de base transmiten aos seus xogadores e xogadoras no día a día. Este campus tamén inclúe actividades lúdicas.

O director dos Depor Campus, Pablo Barros, explicou que “Agradecer ao Concello a ao Bertamiráns a acollida que temos aquí. Ademais, este ano xa disfrutaremos desa instalación nova para levar a cabo este tipo de actividades con todas as facilidade. Esperamos poder repetir as cifras do ano pasado, que foi todo un éxito. Ademais de ser unha das actividades máis antigas da Fundación é unha das máis exitosas.”.

Por último, o secretario técnico de fútbol base do Bertamiráns FC, Sergio Penas, mostrou a súa ledicia “É un honor realizar o convenio co DéporCampus. Esperemos que sexa un novo éxito, tras o do ano pasado, que foi a edición na que máis neno/as houbo. Polo que sabemos, os pais e nais están moi interesado/as en volver a repetir”.

Tarifas e trámites da inscrición
Para inscribirse no DéporCampus de Bertamiráns é preciso cubrir a ficha dispoñible na páxina web do Deportivo.  Deberase enviar cuberta antes do 8 de xullo, ás 12.00 horas. 

O prezo do DéporCampus é de 125 euros, 105 euros con desconto que se aplicará nos seguientes casos:

  • Socios ou accionistas do RC Deportivo
  • Xogadores do RC Deportivo
  • Invitación
  • Xogadores pertencentes ao Bertamiráns F.C.
  • Familias numerosas ou con máis dun membro en paro
  • Escola RC Deportivo
  • Familias que inscriban a máis dun fillo
  • Socio protector
  • Antigos participantes nos DéporCampus Cabreiroá

Aquelas persoas que queiran obter máis información ou teñan algunha dúbida pódena resolver escribindo ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.nas páxinas web do Deportivo, ou do Bertamiráns, www.bertamiransfc.com ou chamando ao teléfono 981 25 95 00.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal