Victoria sufrida no Juan Amado.
O pasado domingo o noso equipo visitou ao Praiña Sporting Club no Juan Amado para desputa-la xornada 29. A primeira parte viuse marcada pola igualdade no xogo e a escasez de ocasións de gol. O árbitro concluiu os primeiros 45 minutos con 0-0 no marcador. Aos 8 minutos de comeza-la segunda metade do partido o noso equipo púxose por diante no marcador cunha xenialidade de Adrián Arnejo que
encarou ao seu lateral e enviou o balón a escuadra dereita dende o lateral da área. Dende o tanto, o partido volveuse máis trabado e ao igual que na primeira parte as ocasións foron escasas para ambos. No minuto 78, Edu vería o cartón vermello por saír da área técnica. No 83, 5 minutos máis tarde, Ian vería o segundo cartón amarelo e Marcos o cartón vermello directo. O partido concluiu ca vitoria do noso sénior
que volve a sumar 3 puntos para seguir na novena posición da táboa e achegarse cada vez máis ao obxetivo. A semana que ven recibimos no Municipal ao Cabo de Cruz.