O clube colabora doando equipacións aos nenos desfavorecidos de Kenya.
Nuria Boullón, en representación da KUUMBA RODNEY FOUNDATION, unha asociación de axuda para a poboación infantil en Nairobi (Kenya), solicitou ó clube a posibilidade de doar equipacións de fútbol para repartir aos nenos desfavorecidos dese país.
A directiva aprobou a entrega de tres equipacións de talla categoría INFANTIL para que os rapaces de Kenya poidan desfrutar practicando este hermoso deporte.
