Novas

Xornada 02/10/2022

This image for Image Layouts addon

Gran victoria do Sénior diante dun potente rival.

Esta fin de semana comenzaron algunhas das ligas de fútbol 8, e os nosos equipos Benxamín A e Alevín A solventaron con contundencia ambos partidos. 
A nosa base estivo esta fin de semana moi ben representada xa que dos 12 partidos disputados acadou 11 victorias.

Benxamín A 7 - SD Compostela 0
Partido serio para comeza-la tempada cos primeiros tres puntos. Nos primeiros minutos xa avisamos cunha boa chegada tras anticipar unha saída de balón, pero rexeita ben o porteiro. Pasan os minutos e empezan a chega-los goles tras dous bos contragolpes. O resto do partido o rival pouco pode facer diante dunha boa defensa concedendo poucas ocasións e estas son ben rexeitadas polo noso porteiro Lucas. Co paso dos minutos foron chegando máis goles. Toca seguir este camiño e preparar ben o vindeiro encontro.

Alevín A 3 - SD Compostela 0
Primeiro partido de liga, contra o Compos. Bo partido dos nosos, que dominaron, tiveron ocasións e concederon só un par delas ao rival. No primeiro tempo non fomos quen de facer gol en ningunha das ocasións que tivemos e iso fixo que o partido estivese igualado durante máis tempo do que nos gustaría. Ao pouco do inicio da segunda parte conseguimos o primeiro gol e a partires dese momento todo foi máis sinxelo. Bo partido para comezar, queda moito!

Infantil A 3 - EFM Boiro 0
Partido igualado na primeira media hora, onde cada equipo dispuxo dunha ocasión clara. O noso infantil mandou un tiro ó longueiro dende fora da área, por medio de Lucas, e o equipo visitante nunha contra, o dianteiro entra en conducción co balón e dispara as máns do porteiro. Pero no minuto 32 nun centro de Álex o defensa mete o balón na súa propia meta, así fómonos ó descanso co 1-0. No inicio da segunda parte o Berta sae decidido a sentencia-lo encontro e nos primeiros 10 minutos da reanudación mete dous goles, un Santi nun remate dun centro de córner e o 3-0 definito faino Álex nun disparo cruzado. A partires de ahí o noso equipo faise co control do balón e domina o partido podendo facer algún gol máis. O infantil A ponse con 9 puntos e na zona alta da táboa.

Infantil B 19 - CM Peleteiro 0
Partido sen historia onde os nosos foron moi superiores ó rival en todo momento.

Infantil C 14 - SD Negreira 1
Partido cómodo para o noso infantil que conseguía adiantarse no marcador moi cedo en dúas accións ensaiadas tras saque dende o curruncho o que nos permitiu ir probando distintas variables no sistema e no xogo para así poder ir mellorando. Ao remate da primeira parte o marcador xa reflectía un 6-0.

Infantil D 10 - At. Fátima B 1
Bo partido de todos o equipo, moi controlado de principio a fin. Non tardou en chega-lo primeiro gol, o que propiciou que aparecesen máis espazos e tivésemos moitas facilidades para xerar ocasións.

Imperator OAR 0 - Cadete A 1
Partido claramente dominado polos nosos onde o curto marcador mantivo a incerteza ata o final.
Empezou o encontro co Imperator tentando xogar dende atrás, pero varios erros nos pases na zona de iniciación, levou a que recuperásemos varios balóns e fixesemos contras rápidas, onde nunha delas abre o marcador Diego. Despois desto o Berta tivo varias ocasións máis por parte de Mateo, Diego e Suárez. Na segunda parte o noso equipo ten máis o control do balón, o que implica que xerásemos máis ocasións claras, pero estas xa se inician máis lonxe da porteria rival, salienta-la rematada por Berdu, onde puido ser gol, pero o porteiro evitouno nunha boa intervención. O equipo rival tivo o final dúas ocasións que sen merecerelo puideron iguala-lo marcador. Nun tiro lonxano nunha falta lanzada polo mellor xogador do Imperator, que saíu lambendo o poste. Logo nun córner onde o dianteiro centro remata só na frontal da área pequena e envía o balón as máns de Pablo. Tres puntos importantes para seguir estando na zona alta da táboa.

CD Conxo Santiago C 0 - Cadete B 7
O noso cadete B enfrontábase na mañá deste Domingo ao conxo C a domicilio. Partido no que os nosos rapaces saíron moi enchufados ao campo e no que o rival non foi quen de intimidar en ningun momento do partido. Finalizamos o encontro cun 0-7 a favor. Parabeniza-la seriedade coa que disputaron o partido os nosos rapaces. Na vindeira semana empezara a tourmalet, xa que comezaremos a enfrentarnos aos equipos de arriba e que loitaran por meterse no playoff. Animar aos rapces a seguir traballando para acada-los obxetivos!!!

Cadete C 4 - SD Milladoiro 0
Bo resultado para o Cadete C nesta fin de semana diante dun sempre complicado rival. A pesares do ritmo alto e intenso de todo o partido que propuxo o rival, o equipo xa foi quen de marchar ós vestiarios cunha vantaxe de 1-0. Na segunda metade o equipo estivo moito mellor e grazas a un xogo combinativo desfrutou de innumerables ocasións de gol o que se traduciu en tres goles máis que deron como resultado unha importante victoria. Seguimos avanzando no camiño da formación.

E. Estrada FB 1 - Xuvenil A 4
Tres puntos máis para o Xuvenil A grazas a unha primeira parte espectacular onde o equipo foi capaz de acada-los catro goles pero onde puido marcar moitos máis debido a un control total do xogo grazas a que mantivo a posesión do balón en todo momento e foi quen de amosar un gran xogo combinativo que se transformou en innumerables ocasións. Os goles foron marcados por Malvárez, Mauro e Dopazo en dúas ocasións. Na segunda metade o rival veuse obrigado a muda-lo sistema para non encaixar unha goleada de escándalo e conseguiu frear as acometidas do noso Xuvenil, que ademáis foi quen de frear os arreóns do rival que foron máis por empuxe que por xogo. Gran victoria que esperemos propicie unha nova dinámica no equipo para os partido da casa.

SD Amio 4 - Xuvenil B 0
Encontro no que nos faltou un plus de intensidade para igualar ao rival e poder competir. O equipo estivo por debaixo da sua capacidade en todo momento. Un mal día que contamos non se repita. Toca traballar.

Senior 4- Bastavales UD 1
Non comezamos de todo mal o partido, pero, pouco a pouco fomos apagándonos ata encaixa-lo gol visitante. Quizáis foi iso o que nos fixo espertar de novo, e pouco a pouco foron voltando a chega-las ocasións ata acabar empatando o partido antes do descanso. A segunda parte foi diferente, mostramos moita máis concentración e moita máis constancia e grazas a iso, conseguimos varias ocasións que supuxeron varios goles.

 

Gol de Meixi de Penalty na victoria do equipo Sénior.

Golazo de Antón na victoria do Infantil D.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal