Novas

Xornada 05/06/2022

Dúas dolorosísimas derrotas.

Esta xornada foi moi dura coa nosa base. Dúas dolorosas derrotas que impiden cumplir obxetivos. Por unha banda o Infantil A non foi quen de sacara nada positivo no campo do Ural e dí adeus ó ascenso á nova Liga de Honra. Ademáis o Xuvenil B sufriu unha derrota na casa diante da SD Cacheiras que lle impide acada-lo ansiado ascenso a primeira.
Pero por outra banda o noso Cadete B segue na loita na Copa do Sar despois de eliminar ó Lalín.

Ural CF 4 - Infantil A 1
Fin a unha tempada, que non pasará a historia pero que si lembraremos tódolos partícipes. Sobrepoñerse a todo e a todos parece que foi a tónica, non ía ser menos neste derradeiro partido, onde os nosos rapaces daríano todo no campo, pese a iso, non conseguiron rascar punto algún.

EF Lalín 1 - Cadete B 2
Voltamos a Lalín despois de ser eliminados con claridade na fase de ascenso pero con enerxías renovadas e con confianza despois de eliminar a un dos favoritos, o Noia. O equipo saeu xuntiño e intentando sorprender á contra mentres o rival tiña o balón e tentaba conectar en longo cos seus dianteiros. Nunha das contras marcamos o 0-1 nunha gran xogada individual pero ao pouco empatabannos ao manexar mal unha contra rival. Tralo descanso o partido non mudou, e nunha das moitas ocasións que tivemos marcamo-lo 1-2. O Lalín apretou ata o final pero a nosa defensa mantívose firme e aguantámo-lo resultado. Agora a esperar rival nas semis.

Milladoiro SD B 2 - Cadete B 5
Encontro de copa fronte a un rival xa coñecido polo enfrontamento na liga. O inicio do mesmo caracterizouse pola falta de ocasións e a lentitude e imprecisións no xogo, que ós poucos foi mellorando pero non sendo quen de finaliza-las ocasións xeradas. Pola contra o rival si resolveu con acerto a única que tivo. Á volta de vestiarios o equipo tivo que sobrepoñerse a xogar en inferioridade, o cal serviu de acicate e fixo que todos deran un paso adiante para logra-la victoria. Especial mención a Hugo Castro por atreverse a por as luvas e defende-la portería.

Xuvenil B 0 - SD Cacheiras 2
Os dous equipos tentaban impoñe-lo seu xogo. O noso xuvenil cun xogo máis combinativo e o noso rival cun xogo máis directo. O partido discurría con poucas ocasiáns claras cando nunha transición rápida do Cacheiras atopa as costas do noso lateral adiantándose no marcador. O Cacheiras víase reforzado polo seu xogo e continuaba lanzando balóns rápidos tras recuperación. Cando a primeira parte estaba chegando ao seu remate un erro nun despexe da lugar o segundo gol do Cacheiras. Na segunda parte comenzaba con varias ocasións moi claras para reducir diferencias pero non lograron ver portería. O Cacheiras seguía defendendo forte e achicando todo-los balóns. Intentámolo ata o final pero non puido ser.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal