Novas

Xornada 05/12/2021

This image for Image Layouts addon

Poucos pero importantes partidos para a nosa base nesta xornada.

Xornada na que a maioría da nosa base non competiu e aproveitaron esta ponte para desfrutar doutras actividades. Aínda así houbo competición nalgunhas ligas onde destacamo-las victorias do nosos Infantil A e mais a do Cadete A, que parece que por fin se recupera de cara a segunda metade da tempada.
Ademáis o Alevín A desfrutou dun amigable diante dun rival de entidade onde deu a cara.

(FUTSAL) At. Fátima 0 - Benxamín A 5
Partido dominado polos nosos benxamíns a través do xogo combinativo, a pesar de que nos custou acada-lo primeiro gol. Destaca-la actuación do porteiro do Fátima, que evitou unha goleada maior.

Infantil A 4 - Bergantiños CF 3
Undécima xornada do campeonato, na que nos visitou o equipo de Carballo. A primeira metade sería un querer e non poder dos nosos, con innumerables ocasións e con bo xogo, onde só faltou o acerto nos metros finais. A segunda metade equilibraríase un chisco, pero os nosos seguirían empurrando, froito dese empurre as ocasións materializaronse en gol, neste intre quizais non soupemos pecha-lo encontro, o que propiciou que o Bergan con dous envíos directos a área nos penalizase, pero as veces e so as veces o fútbol é xusto, e atoparíamos cun chisco de fortuna para levarnos o encontro. Destaca-lo esforzo de todo-los xogadores.

Cadete A 2 - Ural 0
Bo partido do equipo que comeza a sair da zona baixa da táboa. Chegounos os dous goles realizados nos primeros vintecinco minutos para conserva-la vantaxe ata o pitido final. Toca seguir mellorando. Ainda non se conseguiu nada!

Cadete B 2 - Porto do Son 1
Comezaba mal o partido cun autogol dos nosos tras un despiste defensivo nunha contra. Tocaba remar contracorrente como parece ser costume. Con dúas grandes accións de estratexia démoslle a volta ao partido e tras un penalti errado chegaríamos ao descanso coa vantaxe mínima. Despois do descanso o partido parteuse e o rival buscaba o empate con accións illadas de xogo directo e a balón parado. O equipo estivo serio defendendose e consiguiu que o marcador non se movese.

Conxo B 0 - Xuvenil A 1
Partido sen demasiado ritmo no que os nosos impuxéronse tra-lo tanto de Rachi na primeira metade, onde os nosos tiveron vinte minutos moi bos. Na segunda, limitámonos a defende-la vantaxe que tiñamos. Tres puntos importantes que veñen para Bertamiráns.

Rois 2 - Senior 2
Mala primeira parte onde voltamos mostrar un ritmo de xogo demasiado baixo, dominamo-la posesión pero o rival aprobeita dous erros na saída de balón para poñerse 2-0 ó descanso. Na segunda mudamo-la faciana e competimos de verdade, tuvmos oportunidades para remontar pero non fomos quen de conseguilo, ó final salvamos un punto que sabe a pouco.

(AMIGABLE) Alevín A 3 - RC Deportivo A Coruña B 4
Primeira toma de contacto dos cativos na modalidade de fútbol 7. Xogáronse catro tempos de quince minutos, nos que fomos por diante nos tres primeiros. No derradeiro, o rival sería quen de remontar e levarse o partido nos últimos compases do mesmo.

Futsal de salón o que practican os nosos Benxamíns.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

611615209

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal