Novas

Xornada 06/02/2022

Grandes resultados nesta xornada para os equipos da nosa base

Nesta xornada destacámo-la primeira victoria do noso PB B, que xa lle tocaba polo bo traballo amosado nos anteriores encontros. Ademáis o noso Cadete A goleou ó Racing de Ferrol no municipal de Bertamiráns. Pola contra o Sénior sufriu a segunda derrota na casa.

Biberón A 4 - SD Cacheiras B 0
Partido moi ben xogado polos nosos biberóns no que demostraron os avances na maneira de xogar, esto trouxo consigo unha victoria clara que lles serve para continuar co seu proceso de aprendizaxe e a ilusión por xogar a este deporte.

Biberon B 0 - SD Villestro 4
Partido dominado de cabo a rabo polo noso rival, o cal foi moi superior, poucas ocasións as que tivemos e non fomos quen de aproveitar algunha. Toca seguir traballando para mellorar no noso xogo.

PB A 3 - SD Villestro 2
Bonita tarde de fútbol base, onde veríamos o mellor partido da tempada. Pese o frío, os nosos nenos daríanno todo no campo e demostrarían esas gañas que teñen xogar a este deporte. Noraboa pola actitude e o esforzo amosados.

SD Villestro 2 - PB B 5
Bo partido dos nosos pequenos que conseguiron por fin esa ansiada victoria que tanto se lles resistía. O partido tivo moitas ocasións para os nosos, que puideron acadar máis goles. Merecida victoria que pon de manifesto o gran traballo que fan durante a semana.

Benxamín A 5 - Victoria FC 3
Resultado moi xusto para o esforzo que fixeron os nosos nenos, onde foron claramente superiores ao rival, que lles complicou o partido en tres contragolpes ben executados. Pechámo-la primeira volta invictos e no alto da táboa clasificatoria.

Benxamín B 6 - Ullapontecesures 1
Partido cómodo a pesares das seis baixas onde destacamo-lo bo traballo defensivo de Brais, Dani e Fabián e a gran pegada do prebenxamín Enzo.

Benxamín C 3 - SD Tordoia 3
O rival practicou un xogo moi defensivo e foi quen de conseguir un empate no municipal de Bertamiráns. Os erros defensivos penalizáronnos o que implicou que so acadasemos un punto.

Benxamín D 0 - Praíña SC 7
Primeira parte bastante competida diante dun rival superior, que sería eficaz e poñeríase 0-2. A segunda parte comezaría con dous novos goles do equipo visitante e a partires de ahi xa non houbo que facerlle. Notouse a diferenza dun equipo que está a pelexar na zona noble da tráboa e outro que loita por non ser pechacancelas.

Alevín B 10 - Praíña SC 2
Partido moi moi serio do noso Alevín B. Os rapaces saíron moi concentrados e motivados; ao pouco tempo foron quen de poñe-lo primeiro gol no marcador e, polo tanto, reflecti-la superioridade mostrada no terreo de xogo ata o momento. Na seguinte xogada encaixamo-lo primeiro gol pero iso non foi impedimento de ningún tipo para seguir absolutamente enchufados e metidos no partido. O partido ao descanso xa estaba sentenciado e, incluso a partires dese intre, non deixamos de ser e estar intensos.

Alevín C 12 - AD Nicrariense 1
Victoria traballada sen dar opcións a un débil rival que non foi quen de mostrar oposición.

Alevín D 5 - SD Compostela B 3
Partido moi disputado cunha primeira parte na que fomos quen de saíres cunha vantaxe de 3-0. Na segunda parte saímos un pouco relaxados co cal, o rival foi quen de acortar distanzas con dous goles, pero soupemos repoñernos e o final facernos cunha victoria. Agora a pensar no seguinte rival.

Alevin E 13 - EFB Lalin C 0
Victoria cómoda dos nosos alevíns, que pechan a primeira volta no quinto posto.

(FUTSAL) SD Villestro 5 - Alevin A 6
Partido moi entretido o disputado por ambos equipos, con alternancias no marcador ata que os nosos acadaron unha vantaxe de 3-6, pero o rival reaccionou nos derradeiros minutos e conseguiu apreta-lo marcador ata un definitivo 5-6.

(FUTSAL) Stellae FS B 4 - Alevín B 3
Mal partido, nesta ocasión do noso equipo. Os rapaces intentárono, de feito, chegamos a ir 0-2 no marcador, pero non era o noso día. Os nosos colegas do Stellae estiveron moito máis intensos e serios todo o partido, como consecuencia disto, a derrota. Destacar e felicitar, de xeito particular, a Mateo RG, o capitán do equipo rival e membro do noso Alevín b de fútbol 8; fixo un excelente partido.

Infantil A 3 - Dumbría CF 1
Nova xornada onde nos visitaba un equipo que desplega un moi bo xogo. Dúas partes diferenciadas onde o Dumbría foi mellor na primeira e os nosos na segunda. Novamente vamos xustos de efectivos, sumadas as lesións aparecen os casos COVID, pero os nosos rapaces saben sobrepoñerse a todo.

Infantil B 2 - Milladoiro SD 2
Partido igualado e bastante tenso, onde os nosos estiveron un pouco espesos. Durante a primeira parte ambos equipos tiveron oportunidades para marcar, pero quen as aproveitou foi o Bertamiráns, no minuto 23 Lucas e no 40 Álex. A segunda parte estivo bastante controlada polos nosos, ata que no tramo final o equipo do Milladoiro aproveitou duas das ocasións que tivo e conseguiu un merecido empate.

Infantil C 0 - At. Fátima 3
Gran partido o desputado por ambo-los dous conxuntos no municipal de Bertamiráns. O Infantil C soubo plantarlle a faciana diante dun líder que se pasea pola liga metendo goleadas espectaculares ós seus rivais pero que neste caso non foi quen de acadala grazas o gran traballo defensivo dos nosos. Ó final dous erros na nosa área marcaron o partido e facilitáronlle as cousas ó rival. O equipo se quere meterse na seguinte fase debe de amosar esta intensidade en tódo-los partidos que quedan da liga.

Infantil D 2 - Xallas FC B 3
Desaproveitamo-la primeira parte por falta de intensidade, o rival estivo mellor prantado no campo e grazas a isto acadou vantaxe no marcador. Na metade do segundo tempo o Bertamiráns recurtou distanzas co primeiro gol e subindo o ritmo de xogo pero xa foi tarde para acada-la remontada.

Cadete A 6 - Racing de Ferrol 0
Bo partido dos nosos, que impuxeron un ritmo alto ao partido, facendo que os rivais non estivesen cómodos en ningún intre do partido. Na primeira parte, aproveitamos dous roubos en campo rival para face-lo 1-0 e o 2-0. Na segunda parte dispuxemos de moitas ocasións, ata acada-lo 6-0 final.

CF Noia 2 - Cadete B 1
Afrontabamos con moitas gañas este partido contra o líder da categoría contra o que caéramos na primeira volta de maneira estrepitosa. Comezamos moi valentes tendo varias ocasións pero foi o rival quen aproveitou un erro na marca para adiantarse e chegar con victoria pola mínima ao descanso. Tra-lo descanso o Noia volveu marcar nunha contra cando mais ocasións estabamos a ter, pero o equipo non baixou os brazos en ningún intre e seguiu robando moi arriba e creando moitas mais ocasións ca o conxunto local. Despois de reduci-las distanzas, intentamos empata-lo partido por tódo-los medios pero non o conseguimos. Partido no que non levamos puntos pero gañamos moita confianza para afrontar un hipotético playoff de ascenso.

Cadete C 2 - Peleteiro 1
Partido moi serio do noso Cadete C onde acadou unha importante victoria a pesares das baixas. A victoria coceuse nunha gran primeira metade onde o equipo estivo moi serio e non deixou que o rival se achegase a súa portería, ademáis marchou ós vestiarios cun 2-0 a favor. Na segunda metade o equipo caeu no xogo directo do rival e non foi quen de levar perigo á portería contraria, tamén tivo un baixón físico importante onde os trocos non estiveron á altura das circunstancias, ó final no derradeiro minuto de encontro, o rival acadou o seu gol.

Cadete D 3 - CSD Arzúa 0
A tarde do venres visitaba ao noso Cadete D, o Arzúa, equipo que levou en todo momento a posesión do balón buscando facer dano ao noso equipo, pero grazas a unha boa colocación defensiva dos nosos rapaces e un gran esforzo físico en intensidade chegaron moi pouco a nosa portería. Na primeira metade un disparo lonxano que o noso porteiro, Mario, salvou puido der o primeiro gol da tarde. Co balón nos pés non podemos dici-lo mesmo, xa que se precipitaban constantemente e buscaban continuamente sacalo de diante con golpeos en longo. Finalmente, finalizamos o encontro con outra victoria e conseguimos manternos no terceiro posto da táboa empatados a puntos co segundo clasificado. Seguimos traballando!!!

Xuvenil A 1 - Victoria CF 4
Mal comezo de partido, no que o Victoria se adianta nas primeiras xogadas. Os nosos tiveron varios achegamentos á área, pero non foron quen de concretar nada, mentres que o rival si o fixo e acadou maior vantaxe. Toca seguir adestrando e mellora-la imaxe das últimas xornadas.

Xuvenil B 3 - UD Bastavales B 2
Empezaba a segunda volta de liga e tocaba volver a enfrentarse aos nosos veciños de Bastavales. Arrancabamos ben o partido aínda que as ocasións non chegaban pero tampouco pasabamos apuros. Ibamos mellorando co paso dos minutos e agora si que chegabamos a portería rival e nunha desas adiantabámonos no marcador. Poucos minutos despois volvíamos marcar, poñendo o 2-0 no marcador. A segunda parte comenzabamos medio despistados froito disto o rival sen tirar á porteria recortaba distanzas. Demos de novo un paso adiante e voltamos a marcar outro gol aínda que puideron ser varios. A pesares das múltiples ocasións, o rival volve a marcar poñendo o 3-2 final. Bo partido dos nosos para afianzarse nos postos altos da táboa.

Sénior 1 - SD Luaña 2
O Bertamiráns comeza o partido enchufado, fai gol no primeiro ataque, pintaba ben a cousa, pero o Luaña non se amedrentou e colga á área cada saque de banda en campo rival, sacando en longo, consegue achegarse cun centro a área onde fai o empate con bastante fortuna ós vinte minutos. A partires de ahí, o Bertamiráns xoga máis cómodo e desfruta de ocasións para adiantarse, pero non o logra, o partido vaise empatado ó túnel de vestiarios. No segundo tempo ambos equipos tratan de impoñerse con xogo directo, o Luaña no minuto 60, de saque de banda colgado á área, a defensa do Bertamiráns non acerta no despexe, e consegue o 1-2. Dos últimos 30 minutos xogaronse moi poucos pois a Luaña paraba con faltas cada ataque do Bertamiráns que desfrutou das últimas oportunidades pero a bola non entrou. Segunda derrota na casa, máis dolorosa que a primeira pois esta vez temos a impresión de que perdimos nós, non nos gañaron, a parte boa e que seguemos na pelexa, e a verdade é que temos que ser máis contundentes nas áreas se pretendemos competir por quedar entre os catro primeiros.

Ocasión clara de Fabri que puido supoñe-lo empate do Sénior.

Gol de Álex para o Infantil B.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal