Novas

Xornada 06/03/2022

O Sénior non competirá polo ascenso nesta tempada.

Non puido ser, o noso equipo Sénior non ascenderá nesta tempada. O empate en Bastavales sumado a outros resultados dos rivais condenan ó noso equipo a loitar pola permanencia na seguinte fase.
Noutra orde de cousas destacamo-la victoria do noso Alevín no seu primeiro partido de fútbol 11 dentro da competición Luis Calvo.
Ademáis o noso Benxamín fixo un gran torneo en Silleda. Gran torneo dos nosos, que comezaron moi durmidos no primeiro partido pero que foron quen de darlle a volta a esa dinámica, gañando 3 partidos e poñendo en serios apuros aos dous grandes da nosa comunidade, que non foron quen de superarnos ata os minutos finais, onde o cansancio de todo o finde se foi notando nos nosos pequechos.

At. Fátima 1 - Biberón A 1
Partido disputado de poder a poder entre dous bos equipos nesta matinal de Domingo, onde os nosos tiveron moi mala sorte cara a porta nas moitas ocasións das que dispuxeron, o que lles privou de acadar unha victoria ben merecida. A seguir traballando e aprendendo nos adestramentos.

SR Calo 4 - Biberón B 0
Partido no que o equipo contrario amosou ser moi superior, dominaronnos clarísimamente e tiveron moitas máis ocasións ca nós. Pódese dicir tamén que o equipo dos nosos peques seguen a mellorare, xa que aínda que fomos inferiores, é verdade que nos achegamos varias veces á porta contraria e tendo algunhas ocasións claras para facer gol.

San Pedro 0 - PB A 15
Nova xornada para ve-la progresión dos rapaces. Neste encontro puidemos apreciar que se segue a mellorare ós poucos, algo fundamental nestas idades. Todos deben saber xogar en diferentes posicións e así comprobar o que sinte o compañeiro en cada momento.

SD Tordoia 6 - PB B 2
Partido marcado pola falla de compromiso das familias, xa que unha vez máis non dispuxemos de xogadores e houbo que botar mán dos biberóns Únicamente nos presentamos con sete xogadores, dos cales dous eran biberóns. Bo resultado dado o equipo que se puido presentar.

PB C 5 - CD Sar 2
Bo día para xogar ó futbol o que tiñamos na mañá do Sábado. Os nosos foron quen de gaña-lo partido e reflectires no seu xogo unha melloría. Ademáis notaselles que desfrutan coa práctica deportiva.

EFM Boiro 4 - Benxamín A 5
Tras unha brillante primeira parte, deixamos que nos remontasen con tres goles de diferenza, e no derradeiro minuto lograbamos a victoria nun partido no que a excesiva confianza fíxonos verlle as orellas ao lobo.

CD Sar 4 - Benxamín B 1
Un gram rival deixou sen opcións ós nosos cativos que non foron quen de atopa-la súa mellor version.

SD Cacheiras 2 - Benxamín C 7
Partido do noso Benxamín C diante dun frouxo Cacheiras que puxo pouca resistenza. Dende os primeiros minutos fomos moi superiores puidendo gañar cun resulto máis abultado, agora a traballar pensando no Dubra.

EF Lalín B 4 - Benxamín D 2
Gran partido disputado por parte do Benxamin D diante dun rival que polo que reflicte a clasificación era superior. Primeira parte igualada onde se adiantou o equipo local cun gol a balón parado, igualarian os nosos da mesma maneira, na derradeira xogada da primeira parte marcaría o 2-1 o equipo local. Na segunda comezaría con dous novos goles do equipo local que sentenciaban o encontro, pero o Bertamiráns non lle perdeu a faciana ó encontro e consegiu recorta-la diferenza para deixar o 4-2 final.

(FUTSAL) Alto do Vento FS 1 - Benxamín 6
Partido sólido dos nosos que non deu opcións ao rival.

(FUTSAL) Stellae FS 3 - Benxamín 4
Un serio Benxamín soupo aproveita-las baixas sensibles do conxunto local e os erros do porteiro rival para lograr unha victoria que deixa moi de cara a clasificación para a fase final.

Alevín A 3 - ED Xuv. Oroso 1
Partido moi disputado, no que na primeira parte houbo un bo intercambio de golpes. Ambos equipos desfrutamos de ocasións, chegando con empate a 1 ao descanso. Na segunda metade, os nosos foron quen de levarse o partido tras impoñerse ao rival en prácticamente os vintecinco minutos.

Alevín B 3 - SD Esclavitud 0
Nesta data tocábanos enfrontarnos ao pechacancelas da liga; por desgracia sabíamos da diferenza existente entre ambos conxuntos, por iso, decidimos tratar de muda-los roles de cada quen no campo de fútbol. Pensamos que sería un bo día para xogar en posicións diferentes ao que se acostuma. O obxetivo era ser quen de comprender un pouco mellor o noso deporte e as problemáticas concretas que existen en cada posición.

Alevín C 9 - SD Negreira 2
Bo partido que soupemos resolver sen apenas sufrimento a pesar das dúbidas dos primeiros minutos onde o rival foi quen de adiantarse no marcador. Queda moito traballo por diante.

Alevín D 1 - SD Amio B 0
Partido do noso Alevín diante dun bo Amio que nos creou moitos problemas tanto en ataque como en defensa o que se reflectiu no resultado. Partido no que un empate sería o mais xusto, agora a pensar no Vista Alegre.

Alevin E 4 - SR Calo 2
Gran partido dos nosos que manteñen a senda de catro victorias consecutivas.

(FUTSAL) At. Fátima 1 - Alevín B 4
Seguramente fose un dos nosos mellores partidos no que vai de liga. Xa levamos disputados varios encontros contra o mesmo equipo, e, según o noso pensamento, este foi no que máis seriedade mostramos. O Fátima comezou mellor o encontro ca nós pero pouco a pouco fomos impoñéndonos e conseguimos remata-lo partido con moi boas sensacións

(LUIS CALVO) Alevín 13 - CD Pontellas 0
Prácido inicio de liga para o alevín de fútbol 11.
A diferenza entre ambos conxuntos era demasiado grande e non se puido disfrutar dunha mañá entretida.
Parece, polo visto ao longo da xornada, que a capacidade de competir duns e outros equipos será moi dispar e invita a pensar q moitos dos partidos acabarán con demasiada distancia no marcador. Sexa como fose, partido moi cómodo no que se puido ver o traballo levado a cabo cada semana de adestramento.

Infantil A 6 - SD Villestro 0
Boa sensación a que nos deixaron os infantís neste encontro. Serían dominadores da posesión e por ende das ocasións, tardamos en adiantarnos no marcador, seguimos marrando ocasións moi claras froito da precipitación nos metros finais. Por outra banda, o Villestro tamén disporía de ocasións, algunha por falta de concentración e relaxación nosa e outra pola baixa contundencia nos duelos e balóns divididos.

Infantil B 12 - UD Bastavales 0
Partido dominado clarísimamente polo noso equipo. O Bastavales saiu a defenderse e aproveitar algunha contra. Ben posicionados foron aguantando o partido. Asi o di o resultado ó descanso 2-0. No inicio da segunda parte todo cambiou, as liñas do equipo visitante quedaban máis separadas defensivamente e as axudas xa non eran tan boas. En definitiva, a intensidade do equipo rival foi baixando e os goles do noso equipo foron chegando. Destaca-la volta ós terreos de xogo de Xurxo, que ademáis o fixo marcando dous goles.

Infantil C 5 - La Salle 1
Partido moi serio dos nosos rapaces que gañaron con claridade grazas á solvencia defensiva amosada, xa que apenas deixaron achegarse ó rival a nosa área. No debe queda a concentración xa que na única clara do rival conseguiu o empate momentáneo na saída dun córner. Ademáis o equipo deuse conta que non hai rival pequeno e que calquera equipo pode meternos en problemas. Na segunda parte o equipo sentenciou en dez minutos e despois aproveitouse para muda-los roles dalgúns xogadores.

EFM Boiro B 4 - Infantil D 0
Partido ben traballado en defensa a pesares do abultado do resultado cos catro goles encaixados na primeira metade. Na segunda o equipo plantouse mellor no campo e ademáis de evitar encaixar máis goles, xerou varias ocasións de perigo con achegadas á área rival. Marchamos con boas sensacións e unha notable mellora no xogo.

CD Lugo 1 - Cadete A 0
Partido moi disputado no que o máis xusto, posiblemente fose o empate. Tras unha primeira parte con dominio local, a segunda foi dos nosos, tendo boas ocasións para facer algún tanto. Mágoa, pero toca seguir!

Cadete B 5 - UD Bastavales 1
Partido disputado que se decidiu na segunda parte. O equipo dominou o xogo diante dun rival que cedeu a posesión e buscaba balóns longos. Aínda que tivemos moitas ocasións claras fomos con vantaxe pola mínima ao descanso; pero na segunda parte aumentamo-la renta de goles. Partido controlado de principio a fin que nos valeu para probar cousas e repartir minutos.

Cadete C 7 - SD Dubra 0
Partido controlado sen maior problema polo cadete C; foi quen de domina-lo balón e impor o seu xogo durante os oitenta minutos. No debe quizáis a falla de puntería xa que marrou moitísimas ocasións claras.

Victoria FC C 5 - Cadete D 0
Moi mal partido do noso cadete D que visitaba ao Victoria C, líder da categoría, recebimos unha abultada derrota. Perdendo 5-0. Toca seguir traballando.

CF Dumbría 3 - Xuvenil A 4
Partido tolo na primeira parte, na que se chegou con 3-3 ao descanso. O encontro viuse condicionado polo vento, pois grazas a el deronse dous goles un tanto "raros". No segundo acto, os nosos levaronse os 3 puntos tra-lo tanto de Rachi.

Xuño SD 0 - Xuvenil B 3
Xogaba o noso xuvenil nun campo compricado ao se-lo único campo da categoría no que se xoga en terra, pero adaptouse cedo e levou o peso do partido dende o minuto un. As ocasións íanse xerando pero a pelota non entraba. O bo era que o rival non se aproximaba a nosa portería. A media hora de xogo conseguíamos adiantarnos. Na segunda parte fomos aínda se cabe máis dominadores do partido metendo dous goles.

UD Bastavales 2 - Sénior 2
Non puido ser, o Bertamiráns saiu esperando no seu campo, e xogando moi vertical tras roubo, non acabou de saír ben, faltaba precisión nos ataques pero non se pasaban apuros atrás. A fortuna quixo que o Bastavales fora quen de adiantarse nun despexe que cae na área, o porteiro sae a despexar e falla no golpeo, quedándolle o balón a pracer o dianteiro que marca a porta valeira. O Bertamiráns reaccionou cedo e seguiu atacando vertical, e fai o empate rematando unha falta lateral no segundo pau. Domina o xogo, parece que está mais preto do gol pero volve a adiantarse o Bastavales presionando un pase atrás, o porteiro que non acerta a despexar e volve caerlle o balón ó dianteiro para definir a porta valeira. Ninguén baixa os brazos, o Berta apreta chega con máis claridade e antes do descanso pon o empate de córner e desfruta dunha oportunidade moi clara que non logra definir entre os tres paus. Na segunda metade o Bertamiráns segue levando o peso do partido e disfruta de varias ocasións claras para adiantarse pero a bola non quixo entrar. Os derradeiros dez minutos rómpese o partido e os dous equipos atacan a tumba aberta, chegan as primeiras oportunidades xeradas polo Bastastavales pero non logra rematar por dentro, o Sénior desfruta das últimas a balón parado, protestan un agarrón na área bastante claro pero o árbitro non o ve e o partido acaba en empate.
Unha vez acabada a xornada, os resultados dos rivais deixannos sen posibilidades de xogar polo ascenso pero agora hai que competir contra o Cacheiras para quedar o máis arriba posible, e seguir progresando como equipo, de cara a segunda parte da tempada.

Gran gol de Ricardo para o Infantil B.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal