Novas

Xornada 06/06/2021

This image for Image Layouts addon

A nosa base pensando xa nas fases finais

Unha nova xornada con resultados moi positivos para a nosa base, na que a maioría dos equipos xa está a pensar na fase final. Destacamos ó Cadete C que se proclamou campeón invicto, con pleno de victorias, no seu grupo.

Atlético Fátima 4 - Futsal Biberóns 0
Partido moi disputado polos nosos campeóns que foron quen de plantexar guerra a un equipo moi superior que ademáis era de segundo ano. Non gañaron ningunha parte pero non recibiron unha goleada como na primeira volta co que notouselles unha gran progresión.

Cadete C 4 - SC Praíña 0
Partido moi cómodo para os nosos rapaces que sentenciaron na primeira metada con catro goles. Salientar o gran traballo defensivo do equipo que conseguiu que non lle fixeran ningunha ocasión de gol. Con esta victoria conseguiron o pleno na primeira fase, e agora a pensar na fase de ascenso.

PB A 15 - Oroso B 0
Bo traballo dos pequenos que non dan opcions e esperan con moitas gañas a fase final.

Alevín D 2 - SD Cacheiras 0
Partido serio dos nosos rapaces que logran distanciarse dos últimos postos. Ordeados atrás e aproveitando as ocasions, leváronse o partido. O rival tentouno en dous tiros dende tres cuartos que solventou sen problemas Marco Gómez.

Infantil C 7 - Orosos C 0
O Infantil C saiu moi metido no nencontro e tratou de impoñe-lo seu ritmo e estilo de xogo. Os primeiros minutos foron de dominio claro por parte dos rapaces de Bertamiráns, pero a pesar de tal feito,
non se dispuxo de excesivas ocasións.
Posteriormente ,e a pesar de perder certa claridade no xogo, fomos quen de atopar certos espazos na defensa rival que nos permitiron ir disfrutando de boas ocasións. O acerto de cara ao gol foi, sen dúbida, determinante para poder xogar con certa comodidade e acada-lo resultado final.

Benxamín A 3 - Cidade de Ribeira 1
O Cidade de Ribeira é un dos equipos máis fortes do noso grupo, co cal, contábamos pasar moitos momentos de apuro ao longo do encontro.
O certo é que os nosos rapaces non mostraron o xogo máis vistoso e alegre posible, pero, sen dúbida, competiron coma verdadeiros campións.
Os nosos mantiveron un nivel de concentración e unha intensidade poucas veces mostrada ata o momento e que foron básicos para acada-lo resultado final.
Sexa como fose, o máis importante é seguir mantendo a ilusión e o esforzo no nivel máis alto posible;
seguramente estas sexan premisas necesarias para seguir aprendendo e mellorando.

PB B 5 - SR Calo 1
Moi bo partido de todo o equipo no que estivemos moi concentradoe e coas ideas moi claras, o que nos levou á victoria final.

Victoria CF 4  - Futsal PB B 0
Moi bo partido de todo o equipo no que estivemos moi concentradoe e coas ideas moi claras, o que nos levou á victoria final.

Infantil A 1 - Narón 1
Primeiro partido do infantil A na fase polo título. A primeira parte do partido non tivo dono, pero o rival logrou o 0-1 nunha falta lanzada con moita calidade. Na segunda metade, os nosos dominaron os primeiros 20 minutos, logrando o empate e lanzando un balón ao poste que puido supoñer o 2-1. Os derradeiros 20 minutos o rival fixose ca iniciativa pero non logrou muda-lo resultado final de 1-1.

Alevín B 12 - ADN 2
Moitos goles nun partido cómodo para os nosos, que dende o primeiro minuto arrebataronlle ao rival a posibilidade de entrar no partido. Na próxima xornada visitamos a domicilio aos segundos clasificados coa intención de facernos coa primeira praza.

Xuvenil A 5 - SR Calo 1
Partido intrascendente para os nosos, que viñan de acada-la primeira praza a pasada xornada. Moi pouco ritmo o visto no municipal de Bertamiráns, no que o noso xuvenil acadou o pleno de victorias no seu grupo.

Rois 3 - Benxamín D 0
Non puido chega-la primeira victoria para os nosos nun partido moi disputado no que se notaron as baixas e a mala sorte en xogadas illadas, aínda que os que xogaron deron todo o que tiñan, e só queda aplaudi-lo esforzo.

Boiro B 1 - Benxamín C 7
Partido dos nosos rapaces moi completo, salvo algúns problemas na saída de balón, sobre todo na primeira metade, que foron axustadas pra segunda metade. Na segunda fomos donos do partido como reflicte o marcador. Gran traballo, agora a pensar no próximo partido no que puntuando proclamámonos campeóns de grupo.

Rois 0 - Xuvenil B 0
Partido importante o xogado polo noso xuvenil B, para certifica-lo pase a fase de ascenso ante un Rois que precisaba a victoria. O partido empezou con claras ocasions de gol para os nosos que foron desvaratadas polo porteiro rival. O Rois cortaba o xogo dos nosos en ocasions con entradas a destempo que o árbitro non soubo parar, con so tres tarxetas en todo o partido para o equipo rival (unha delas por protestar).
A segunda parte seguiu nos cauces da primeira pero o Rois adianta liñas o que xenera espacios na defensa rival, que non soubemos aproveitar, tendo un par delas diante do porteiro.
Noraboa ao nosos polo paso dado e non entrar no xogo que plantexou o rival.

Alevín A 4 - Boiro 2
Os nosos rapaces saíron moi enchufados no partido o que implicou que se puxeran dous cero arriba con goles de Manu e Pablo. Despois relaxáronse un pouco que sumado á intensidade do Boiro fixo que temésemos polo resultado.
Completaron os goles Álex e Pérez.

Cadete B 10 - EF Silleda 0
Partido moi cómodo para o noso cadete que foi moi superior durante os oitenta minutos. Agora a pensar na fase de ascenso.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal