Novas

Xornada 06/11/2022

This image for Image Layouts addon

O Municipal de Bertamiráns segue a ser un fortín para o Sénior.

O Sénior segue a contar por victorias os seus partidos xogados no Municipal de Bertamiráns, nesta xornada goleou ó SD Esclavitud.

Biberón A 0 - ED Xuv. Oroso 2
Partido onde os nosos, sendo superiores na maior parte do partido non foron quen de ganarlle ao Oroso, que tras un par de xogadas individuais conseguiron tres goles, que foron suficientes para levarse o partido. Nos vivimos todo o partido preto da portería rival pero custounos demasiado anotar, únicamente anotamos un gol.

Biberon B 0 - ADN 4
Neste caso os nosos non puideron facer nada, gañaron tóda-las partes dunha maneira moi doada xa que tiñan xogadores moito máis preparasdos ca os nosos. Resultado merecido para o ADN, agora toca seguir traballando.

SD Cacheiras 1 - PB A 2
Partido do noso Prebenxamin A diante dun rival que nos puxo as cousas moi complicadas dende o inicio ata o remate do partido como así o reflicte o resultado. Fomos mellores na primeira parte tendo varias ocasións moi claras acadando un so gol, a segunda metade foi moi igualada con ocasións en ambas porterias, pero o partido caeu do noso lado cun gran gol de Iago Arias; agora a pensar no vindeiro rival.

(FUTSAL) SD Dubra 1 - PB B 2
Primeira victoria a futsal do noso PB polo que se lle fixo xustiza ó grupo polo traballo ben feito ata agora. Non foi o partido mellor xogado polos nenos, aínda con ausencias, pero sí un bo e xusto resultado para coller folgos para seguir traballando coa mesma ilusión que ata agora. Parabéns ós peques e ánimo para os que faltaron esperando unha pronta recuperación.

SR Calo B 2- PB B 7
Partido onde o noso equipo presentouse con moitas baixas e que aínda así foi quen de levarse. Un partido controlado dende o principio e que gañou de maneira clara. Demostración de solidez e a esperar que os enfermos se recuperen o antes posible. A seguir disfrutando e traballando tanto nos partidos coma nos adestramentos.

Benxamín A 4 - SD Cacheiras 0
Partido serio e completo diante dun rival complicado que non tivo opción para gañar no municipal de Bertamiráns. Destacamo-la primeira parte dos nosos pequenos, que senon chega a ser polo seu porteiro a diferenza sería moito maior. A po-los seguintes 3 puntos!!!

Benxamín B 1 - EF Xuv. Oroso B 2
Partido moi igualado o disputado en Bertamiráns, onde se adiantou o equipo local e remontaron os visitantes pouco despois, os nosos puideron empatar ao final pero non puido ser, partido para seguir aprendendo.

Benxamín C 2 - ED O Dolmen Tordoia 2
Partido moi intenso e entretido entre dous equipos que o deron todo no campo e onde puido haber moitos máis goles. Os nosos nenos tiveron que traballar todo o partido para conseguir este empate xa que o rival andivo sempre por diante no marcador. Bo partido do equipo que consegue un punto que sabe a victoria.

SR Calo B 9 - Benxamín D 0
Partido onde nos encontramos a un rival superior e non fomos quen de contrarresta-lo bo xogo que despregaron. Na segunda parte melloramos un pouco pero nunca fomos quen de iguala-lo nivel do noso rival. Felicitar ao Calo e a seguir traballando para ir mellorando para atoparnos cómodos cando temo-lo balón.

Alevín A 3 - Atl. Fártima 1
Partido moi duro esta fin de semana, comezamos ben. Xerando perigo e do xeito que está previsto que suceda. Aos 10-15 minutos o partido comezou a poñerse moi feo, comezamos a xogar máis en campo propio, cometemos máis imprecisións e comezamos a ter máis dúbidas das que serían aceptables. Hai que recoñece-lo mérito de quen xoga contra os nosos, o seu esforzo e as súas gañas tamén fan que a nós non nos saian as cousas mellor. Ao final conseguimo-los tres puntos e outra experiencia máis vivida. Debemos seguir aprendendo e esforzándonos sen esquecernos de que estes dous aspectos van facer que poidamos desfrutar ao máximo do deporte.

ACD Esc. Dep. Arzúa 0 - Alevín B 4
Saímos bastante enchufados nos primeiros minutos onde chegamos a marca-lo primeiro gol. A partires de ahí, todo moi errático e lento. Ben é certo que non sufríamos porque o equipo rival non chegaba a porta pero, non éramos quen de xerar boas ocasións no derradeiro terzo do campo dado a que a nosa velocidade de balón non era o suficientemente boa. Pese a isto, a superioridade ante o rival fíxose notar nun par de boas accións individuais onde fomos quen de amplia-la vantaxe.

Alevin C 14 - ADN 1
Partido do noso Alevin C sen moita historia xa que fomos moi superiores dende o inicio do partido no que acadamos matemáticamente a clasificación pra segunda fase pra loitar polo título; agora toca prepara-lo vindeiro partido.

Alevín D 2 - SD A Baña 0
Enfrontabámonos a un rival bastante duro, con moitos nenos de segundo ano e que estaba empatado con nos a puntos no alto da táboa. Unha primeira parte moi igualada levabanos co 0-0 ao descanso, pero outra vez tra-lo descanso o equipo mostrou unha boa reacción. Unha gran acción de Yago ía conseguir o máis difícil, o 1-0. Un pouco máis relaxados xa, tras un bo saque dende o curruncho ía chegar o 2-0 final. Logramos con esta victoria deixar case lista a clasificación para a seguinte fase, o cal nin de lonxe era o obxectivo a principios de tempada. Gran traballo dos pequenos!

EF Xuv. Oroso C 10 - Alevín E 0
Esta xornada tocábanos enfrentarnos aos primeiros da liga. Tiñamos a idea clara de xogo e plantexamos o partido como tal. Comezamos moi despistados e frouxos en defensa e iso ía facer que foramos perdendo dende moi cedo. A segunda parte foi algo mellor e intentamos xogar algo máis pero non seríamos quen de facer ocasión claras de gol. Seguimos traballando e medrando para mellor, xa ca vista no seguinte partido.

SD Residencia 1 - Infantil A 2
O infantil A volta a senda da victoria tras dúas semanas con empates. Partido bastante igualado o disputado no campo da Cheda. O noso equipo comezou atacando a portería rival, e así no minuto 6 Lucas remata cruzado un centro lateral dende a dereita que acaba dentro das mallas. Logo no 13, Matteo marca o segundo de testa, anticipándose no segundo pau ao seu par e rematando de maneira impecable un saque dende o curruncho. A partires de ahí o noso rival empeza a dominarnos e achegarse con perigo a nosa meta, e no minuto 21 nun remate de testa de saque dende o curruncho fan o 1-2. Segueu dominando o resto da primeira parte o Residencia, aínda que preto do remate desta, o Berta, por parte de Diego erra unha ocasión moi clara, que puido dar moita tranquilidade os nosos, con todo a favor para marcar envía o balón por riba do longueiro. A segunda parte volve estar igualada. O Residencia ataca e crea ocasións e o Berta as contras ten algunha moi clara. Asi Lucas puido aumentar distanzas se o árbitro non interpretase como man un control co peito que logo rematou en gol. Preto do final o árbitro non considerou como penalti unha entrada de Santi o dianteiro do Residencia, que puido pitalo e ser ocasión clara para o 2-2. Despois disto o Berta sufriu pero deu aguantado o 1-2.

Infantil B 6 - Atl. Fátima 1
Mañan fría con 4° de temperatura no Municipal, rápidamente subiría a temperatura co bo xogo dos rapaces diante dun rival que non lle perdeu a faciana ao encontro. A primeira metade remataba cun 3-0 grazas aos goles de Rodri, Fabio e Marco de falta directa. A Segunda metade comenzaba cun Fátima que quería reduci-la vantaxe e gozou de dous ou tres claras ocasións que non foi quen de materializar, a partires de ahí o equipo voltou toma-lo mando do encontro e chegaba o 4-0 por parte de Brais cun gran disparo dende 25 metros que o porteiro rival non foi quen de atrapar. Posteriormente Darío poría o quinto e o sexto no marcador ó finalizar dúas boas xogadas do equipo que segue a liderar a clasificación con
autoridade.

Infantil C 2 - Carreira CF 1
Victoria importante que nos mantén nos postos de arriba pero que non veu acompañada dun bo xogo. Costounos atopa-lo ritmo de xogo diante dun equipo que esperaba atrás e tentaba saír con velocidade á contra. A pesares de que non foi o noso mellor partido levabamos en todo momento o peso do mesmo e o rival non xeraba perigo. Tras chegar con empate a cero no marcador comezamo-la segunda parte un pouco mellor entendendo onde estaban os espazos e empezando a xerar perigo e así chegaron os goles. O Carreira aproveitou unha falta para poñer o 2-1 definitivo.

Infantil D 1 - SD Compostela B 5
Partido duro diante dun bo rival que fixo imposible representa-las situacións traballadas e os nosos sentíronse incómodos durante todo o partido. Seguiremos co traballo nos adestramentos para mellorar o antes posible.

Cadete A 1 - SD Compostela 1
O cadete A fixo méritos para levarse os tres puntos, pero só logrou un empate. Saiu o noso equipo decidido a lograr os tres puntos, cun par de ocasións para facer gol, pero foi o Compos quen se adiantaría, cun bo disparo de fora da área que remataría no fondo da rede. A partir de ahí o Berta aínda se volca máis sobre a portería visitante, tendo dous mans a mans co porteiro pero non logra marcar. Así remata a primeira parte. A volta dos vestiarios o equipo local todavia logra acentuar máis o dominio, conseguindo ter varias ocasións claras por parte de Lemos, Mateo con sendos disparos e Suárez nun saque dende o curruncho. Pero nunha destas veces chega o 1-1 por parte de Diego. O Berta seguíu intentando facer algún gol máis, pero non o dou conseguido. Resultado final 1-1.

Cidade de Ribeira CF 2 - Cadete B 0
Partido no que os dous equipos saíamos con moitas gañas ao terreo de xogo. Quizáis as gañas de competir por parte dos nosos acabounos afectando, sabíamos que xogabamos contra un rival tremendamente perigoso nas accións a balón parado. Falouse no vestiario da importancia de non realizar faltas innecesarias en campo propio, algo que non fomos quen de facer. Tivemos moita sorte en chegar ao descanso 0-0, xa que o rival tivo moitas oportunidades para poñerse por diante no marcador na primeira metade, todas estas ocasións viñeron de accións a balón parado, a nivel xogo custaballes moito xerarnos perigo. Na segunda parte é certo que reducimos a realización de faltas innecesarias e ao final o primeiro gol foi un grave error noso, nun balón atrás e o noso porteiro e central que non se poñen de acordo permite que o dianteiro rival chegase regateando ao porteiro e marcase a portería vacía. O segundo gol ven dunha falta que a única persoa que ve falta nesa xogada é o arbitro, isto permitiu que o lanzador do Ribeira puidese fusilar a nosa portería poñendo o 2-0 no marcador. Resultado totalmente merecido e que fai que deamos uns pasiños atrás na clasificación pero pronto estaremos de volta nos postos altos da táboa, iso está máis que asegurado.

Cadete C 2 - EF Xuv. Oroso 2
A pesare de adiantarnos no marcador cun 2-0 non fomos quen de xestionar na primeira parte o resultado xa que o rival conseguiu empatar. Na segunda metade a pesares de controla-lo partido e de atosigar ó rival no seu campo non acadamos máis goles. Bo punto que sabe a pouco xa que fomos claramente mellores durante todo o partido. Seguimos traballando e avanzando na formación.

SD Residencia 2 - Xuvenil A 2
Xogamos o peor partido da tempada no que hai que dicir que tiñamos moitas baixas, e no que nos vimos obrigados a levar 3 cadetes que traballaron moi ben e non se notou que foran xogadores doutra categoría. Ademáis non fomos quen de adaptarnos ó campo da Cheda que ten unhas dimensións máis grandes do que normalmente nos atopamos na categoría, aínda así fomos quen de marchar a vestiarios cun 0-2 a favor con dous goles de Dopazo. Digamos que fomos mellores ca o rival nas áreas nesta primeira metade. Na segunda foi un desastre absoluto sobre todo os primeiros 15 minutos onde concedimos moitas ocasións e o rival acadou o empate. O equipo non soubo xogar cos ritmos do partido nin soube ler que podería controlar mellor ó rival facendo outro tipo de xogo. Aínda así puidemo gañalo partido no último minuto se Dopazo houbese estado atinado na área nunha contra que levou xunto con Miguel. Debemos de pornos as pilas nos vindeiros partidos e adestramentos se queremos estar no play-off.

Xuvenil B 0 - SD Cacheiras 3
Encontro no que unha vez máis encaixamos na primeira xogada do mesmo e onde o equipo estivo desactivado os primeiros 10 minutos o que custou recibir tres goles. A partires dese momento o choque igualouse debido a unha mellora pola nosa parte e a un pasiño atrás do rival que xa tiña o encontro moi de cara. O marcador non se modificaría en todo o resto do encontro. Sen actitude e concentración é imposible competir nesta categoría.

Sénior 4 - SD Esclavitud 0
Partido apañadiño do noso Sénior que foi quen de obter unha boa victoria diante dun bo rival. O encontro púxose de cara cun gol nada máis comeza-lo encontro, iso deunos certa tranquilidade para afronta-lo resto dos 90 minutos. O ritmo non foi moi alto, a circulación de balón e a precisión non foron as desexables pero as gañas dos nosos eran evidentes. Con todo, fomos xerando ocasións, unhas moi claras e outras non tanto, igualmente, a nivel ofensivo estivemos mellor ca o noso rival posto que o Escravitud non foi capaz de xerar perigo na nosa portería. Ao final fomos quen de acertar de cara a gol e colleitamos un resultado tranquilizador e esperanzador. Para a semana máis!!

Equipo Cadete C que esta xornada empatou na casa diante do EF Xuv. Oroso C.

Image

Gol de Iago Arias na victoria do PB A.

Gol de Diego na victoria do Alevín B.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal