Novas

Xornada 07/11/2021

This image for Image Layouts addon

Os máis cativos tamén comezan a competir

Esta fin de semana comezaron algunhas competición de fútbol 8 co que os nosos cativos comenzaron a competir no que máis lles gusta... xogando ó balón.
Destacamos a goleada do Alevín A e as victorias dos nosos Xuvenís nesta xornada. Pola contra o equipo Senior ten moito traballo por diante despois do descalabro sufrido en Calo.

Atl. Fátima 0 - Pb A 5
Formar e divertirse será o único obxetivo deste grupo. Propio desa diversión sería o acontecido no encontro. Seguimos mellorando.

Cadete D 3 - SD Cruces 0
Partido no que o noso cadete D xogaba contra o SD Cruces. Os nosos xogadores sairon moi enchufados dende o inicio do partido co obxectivo de que quedasen os 3 puntos na casa e finaliza-lo encontro coa portería a 0. Ao descanso fomos cun 1-0 a favor, gol obra de Cristian Rojo tras unha moi boa xogada combinativa finalizandoa cun disparo dende fóra da área. A mensaxe no descanso foi moi claro, portería a 0 e ires a polo segundo gol para evitar sustos na segunda metade. O equipo saiu dos vestiarios como comezou o partido, coas ideas moi claras a nivel defensivo. No minuto 70 de partido o corpo técnico dalle entrada a Egit por Cristian Rojo, a entrada de este xogador daralle ao pouco de entrar ao campo o segundo gol dando un final de partido máis tranquilizador ao equipo. O terceiro gol sería obra de Queiruga. A mala nova foi a lesión do noso dianteiro Darío Baraja, o cal tivo unha forte contusión no tobillo, e desexámoslle unha pronta recuperación.

Infantil C 1 - Estrada 1
Partido moi competido o desputado no municipal de Bertamiráns, os dous equipos propuxeron un fútbol moi físico no que se impuxeron as defensas e houbo moi poucas ocasións de gol. Adiantáronse os nosos rapaces cun gol de testa de Jorge na primeira parte, nunha xogada moi ben trenzada polos nosos pola banda dereita. Na segunda, o equipo dispuxo de 2 boas ocasións para acada-la victoria pero non as materializou e o rival acadou o empate cun gol olímpico na saía dun saque dende o curruncho.
Toca seguir traballando para conseguir a primeira victoria da tempada.

Infantil A 5 - CD Calasanz 3
Nova xornada de liga, na que esta vez xogamos na nosa casa. O partido foi moi competido grazas a un equipo visitante, moi aguerrido e con unha presión asfixiante. Os nosos, farian unha primeira metade onde o fútbol non sería brillante, pero mateliarizaron as ocasións das que dispuxeron cunha alta eficacia.
Tras saír medio durmidos do tempo de lecer, os visitantes acortarían distancias, tras erros dos nosos rapaces. Boa reacción do equipo, que cun pouco de fortuna e, tras unha acción a balón parado, mudaron a faciana que estabana a mostrar.

Victoria CF 0 - Xuvenil A 1
Partido serio dos nosos, que visitaron aos primeiros clasificados nun campo compricado. Tras un primeiro tramo do partido no que non houbo ocasións por ningunha parte, un erro na saída de balón do rival supuxo o 0-1 definitivo a favor do noso xuvenil. No tramo final do partido, ambos equipos disporían de ocasións para amplia-la vantaxe ou empata-lo partido.

Victoria FC 0 - Alevín A 11
Debut dos nosos alevíns na competición ligueira cunha cómoda victoria a domicilio dos santiagueses. Os nosos cativos poríanse por diante moi cedo, non dando opcións ao rival durante todo o encontro.

Rois 0 - Alevín B 4
Bo partido dos nosos rapaces; foron quen de impoñer un nivel de esixencia moi alto e o rival non foi capaz de adaptarse. O Berta dominou o encontro dende o principio e tivo incluso ocasións para aumenta-la vantaxe no marcador.

Racing Ferrol 2 - Cadete A 0
O partido púxose moi custa arriba cun gol de falta en contra, e a pesar de xerar 3 ocasións moi claras na primeira parte non fomos capaces de empata-lo encontro. Nos primeiros minutos da segunda parte fomos moi superioes apretando o rival pero non conseguimos facer dano en parte debido as baixas coas que conta o equipo.

Xuvenil B 1 - Noia B 0
Segundo partido para o Xuvenil, que viña dunha dolorosa derrota na primeira xornada, polo que dende o minuto 1 foi a pola victoria, pero a pesar das muútiples ocasións o gol non daba chegado, ata que cando a primeira parte achegabase ao seu fin, acadamos o ansiado gol. A segunda parte ía polo mesmo camiño pero o marcador seguía sendo moi curto. A pesar dun par de sustos por parte do Noia o partido chegou ao seu fin, conseguindo asi a primeira victoria da tempada.

Infantil D 2 - E.D. Tordoia 5
Os primeiros 20 minutos da primeira parte o Bertamiráns non foi quen de esforzarse o suficiente provocando numerosos erros que puxeron moi custa arriba o partido cun resultado abultado de 0-4. Na segunda metade o equipo mudou a súa actitude e iso veuse reflexado no campo, o equipo acadou un parcial de 2-1 a favor, pero xa era tarde para acada-la remontada.

Benxamín A 4 - Cidade de Ribeira 2
Primeira victoria do campeonato ligueiro a prol do noso Benxamín A, que aos 20 segundos de partido xa dispuña de vantaxe no marcador. Outro gol de Diego serviu para poñer o 2-0 no marcador xusto antes do descanso, pero dous despistes dos nosos antes facían que o Ribeira puidese empata-la contenda.
Os nosos souperon seguir impoñendo un alto ritmo de partido e 2 goles máis de Diego, que ía marcar 4 no día de hoxe supuxeron o 4-2 final.

Calo 6 - Senior 1
O partido só serve para darnos conta de onde estamos... que é moi lonxe de onde queremos estar.
O equipo, dende o primeiro ata o último dos seus membros, non estivo á altura do momento.
Só queda traballar arreo, moito máis do feito ata este momento. Toca esforzarse máis ca nunca para poder ver que podemos ser máis do que fomos hoxe.
"Nin onte éramos tan bos nin hoxe somos tan malos", é o mesmo de sempre pero é certo.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal