Novas

Xornada 08/01/2023

This image for Image Layouts addon

O Sénior acada o liderado co novo ano.

Co novo ano 2023 o noso equipo Sénior acadou o ansiado liderado do seu grupo na categoría, esperamos que xa non o solte de aquí a final de tempada e poidamos celebra-lo ansiado ascenso.
Este primeiro fin de semana de ano voltou a competición ó fútbol 11 nas categorías infantil, cadete, xuvenil e sénior. Pero únicamente nas categorías Liga Galega e Primeira Galicia.
Por outra banda en fútbol 8, algúns equipos participaron no torneo Patada Solidaria de Moaña, concretamente os Pb´s, benxamíns e alevíns. Na categoría Benxamín o Bertamiráns proclamouse campéon.

Infantil A 4 - Racing Club Vilalbés 0
Victoria do primeiro equipo infantil, que xunto co empate do Victoria serve para aumenta-la distanza co segundo posto. Empezou o partido cun despiste serio, que puido troca-lo sino do encontro. Pase en longo do equipo rival, onde o dianteiro recolle o envío e prántase só diante do noso meta (Marco), pero remata por fóra da portería. A partir disto o equipo local faise co encontro, apreta e chega a meta rival. Así no minuto 12, Álex recolle un envío no tercio do campo, vaise cara a meta polo lado esquerdo, prántase diante do meta e cruza o balón a cepa do poste esquerdo e fai gol. Pouco despois, no minuto 15, o Berta nunha recuperación de balón en medio campo, Pérez da un pase perfecto entre liñas ás costas dos defensas e Lucas aproveita para recollelo ir cara a meta contraria e bati-lo gardamallas. A continuación o Villalbés faría un disparo de longa distanza que saíu por riba do longueiro. Pasa o tempo, e no minuto 30, unha falta en medio campo, Diego colga o balón a área, a defensa non acerta a despexar e cae nos pes de David, que remata forte có pe dereito, pega no longueiro e entra. Có 3-0 vanse os equipos os vestiarios. A segunda metade sería igual, O Berta dominando e o Vilalbés xogo directo, buscando rápido os puntas para buscar un para un ou as costas dos defensas. Pero os nosos controlan ben o encontro e así, no minuto 75, Manu que acababa de entrar ao terreo de xogo, recibe un pase polo medio en profundidade e ás costas dos centrais, prántase diante do meta contrario e bateo por baixo. Sería o 4-0 definitivo. Bo partido e tres puntos importantes para afronta-la vindeira semana un encontro importante na Coruña, contra o terceiro clasificado.

CF Cire Melide 1 - Infantil B 1
Mañán fría, con choiva e abundante vento en Melide o que provocaba que non se puidese desplega-lo xogo dos nosos infantís. Aínda así o equipo competiu e dominou en todo momento. O 0.-1 chegou tras unha xogada de todo o equipo, onde nun centro medido de Noya foi rematado por Darío cun testarazo perfecto. Con este gol de vantaxe fómonos os vestiarios. Na segunda metade o equipo encaixa o empate cedo despois dun saque precipitado que resulta nun agasallo para o rival que non perdoa e consigue o empate. Despois deste erro, o equipo muda o sistema pasando a empregar unha defensa de 3 e segue a domina-lo partido con ocasións claras que non fomos quen de materializar, ás veces por erros de puntería dos nosos rapaces e outras por acerto da defensa e o porteiro rivais. Bo traballo de todo o equipo pero cun sabor amargo por non poder acada-los tres puntos.

Cadete A 2 - CF Dumbría 1
Mal partido do primeiro equipo da categoria, pero un gol nos derradeiros compases do encontro deron outros tres puntos importantes para estar en disposición de seguir loitando polos postos privelixiados. Empezou mal o noso equipo, ritmo lento, imprecisión nos pases, falta de intensidade e pouca profundidade. Todo esto sumado ás malas vixiancias dos nosos defensas, levaba ao contrario a ter varios mans a mans contra o noso meta. Unha delas clarísima que sae lambendo o longueiro. Cabe destacar dúas xogadas do noso equipo, unha un tiro fóra da área que rexeita o porteiro e Mateo envía o balón cá testa o fondo da rede. Gol que foi anulado por fóra de xogo. A outra xogada foi no minuto trinta, que supuxo o 1-0, tiro dende a frontal da área de Pablo, que peta no poste esquerdo e acaba entrando na meta contraria. A segunda parte foi prácticamente un calco da primeira, o Berta quería ir arriba, e o Dumbria en balóns en longo creaba ocasións, gañáballe as costas aos defensas. Así no minuto 3 da reanudación, un envio en longo, recolleo un dos seus dianteiros, prántase diante de Pablo e por arriba bateo. Antes de face-lo segundo gol o noso equipo, o Dumbria tivo varias ocasións iguais para face-lo segundo, salientar unha onde o balón saiu lambendo o poste dereito de Pablo. O noso gol faríao Mati no minuto 79, quen acababa de entrar ao campo. Esto sería nun centro lateral pola banda dereita, onde se anticipa a súa marca, este consegue rematar co interior do pé dereito e o defensa desvía o balón pero acaba entrando pegado a cepa do pau esquerdo. Nada máis que salientar neste encontro, tan só agardar unha melloría no xogo que nos permita seguir soñando ca pelexa polo ascenso.

Cadete B 3 - SD O Pino 2
Mañán no municipal na que o noso Cadete B saía moi enchufado, elaborando un bo fútbol e sendo protagonistas co balón. Sabiamos que as transicións do equipo rival poderían facer moito dano e non podíamos ter perdas de posesión de balón e si xurdía unha perda, apretar moito para evitar que puidesen saír á contra con facilidade. Iniciabamos o encontro gañando 2-0 pero 2 goles de saque dende o curruncho puña o empate no marcador. Nestas accións sufrimos moito ao longo do partido, xa que era o principal peligro do rival. Finalmente, no minuto 70 tras un pase entre liñas moi bo de Adrián Moreno, Rubén Rama poñía o 3-2 final no marcador, facendo así que queden os 3 puntos no municipal. A semana que vén finalizamo-la primeira volta fronte ao Aguiño a domicilio, esperamos trae-los 3 puntos para Bertamiráns.

CD Conxo Santiago B 2 - Xuvenil A 3
Primeiro encontro do novo ano, o cal nos tocaria remar a contracorrente, debido a un erro no cal o equipo local adiantaríase no marcador. Esto producese sendo os nosos mellores no terreo de xogo e creando mais perigro. Ao saír dos vestiarios, teríamos unha oportunidade moi clara, a cal non acabaría dentro, e a volta desa xogada convertiriase nunha falta para o 2-0, algo que nos deixaba contra as cordas. A saída de Álvaro, sería providencial xa que foi o revulsivo que o equipo precisaba, puxo todo da súa parte para inqueda-lo rival. Lograríamos recurtar distanzas por medio de Iván, nun bo golpeo dende a frontal da área, logo Adri nun saque dende o curruncho conseguiría iguala-lo marcador e por último, nunha boa xogada de Álvaro, chegaría Rodri para definir as mil maravillas e adiantarnos. Non se xogaría mais, pese os 7 minutos de desconto e así, os nosos trouxéronse o 3 puntos para a casa, algo xusto.

At. Fátima 2 - Xuvenil B 0
Encontro gris de todo o equipo. No que comezamos tendo un par de ocasións, pero pouco a pouco fomos diluíndonos e superados en intensidade por un equipo rival máis adaptado ao terreo de xogo. Na segunda metade voltamos a saír un pouco máis intensos. Pero entre as condicións climatolóxicas e que unha vez máis non conseguimos ser máis intensos ca o noso contrincante non puidemos sumar. Toca aprender e seguir pelexando.

Lesende CF 1 - Sénior 4
Comezamo-lo ano diante dun rival moi forte. Púxonos as cousas complicadas ao longo do partido pero ao final foron caendo os goles e conseguimo-la victoria. Os 20 primeiros minutos houbo un ritmo altísimo e ao longo dese tempo dispuxemos de moitas ocasións que non fomos quen de materializar. Pouco despois anotamo-lo primeiro gol nunha moi boa xogada colectiva anque a nosa vantaxe durou poucos minutos.
Fomos ao descanso empatados e quizais os 10 primeiros minutos da segunda parte foran os peores do partido. O ritmo de xogo baixou moito e os nosos rivais subiron o seu nivel. Despois de face-los trocos o equipo volveu a coller aire e dende aí ata o final voltamos á dinámica da primeira parte, moitas ocasións e moito ritmo. Para a semana máis

Gol de David na victoria do Infantil A.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal