Xornada 08/05/2022

Remontada do Infantil B que consegue meterse na final de ascenso.

Remontada con goleada do noso Infantil B diante do Xallas FC, que lle permite meterse na gran final de ascenso a liga galega. Noraboa os rapaces e o corpo técnico por este éxito, agora toca face-la machada na final. Temén destaca-lo debut na fase de ascenso do Infantil C que goleou ó CD Sar Extramundi.
Pola contra sufrimos dúas dolorosas derrotas que foron: a do Infantil A que se complica o ascenso á Liga de Honra, e do Cadete A que ten moi complicada a permanencia na Liga de Honra.

Biberón F8 10 - UD Bastavales 2
Vitoria de moito mérito acadada polos Bibes; que tiveron moitas baixas, e a pesares da abafante calor, foron quen de xogar un moi bo partido tendo que estar sempre os oito de inicio. ¡Noraboa e grazas polo esforzo nenos!

EEF Boiro 1 - PB A 1
Primeiro encontro da segunda fase, viaxabamos á Estrada para enfrontarnos diante dun rival cuns números que asustaban. Comezaríamos 1-0 abaixo, algo que non era xusto, xa que os nosos rapaces estaban xogando moi ben. Seguiríamos tendo ocasións, pero a pelota non querería entrar, entraría dende os 11 metros. Parabéns os rapaces polo esforzo, xa que viñan do día anterior de disputare-lo o torneo de San Mamed, con moitas emocións, e o descanso sería mínimo.

Victoria FC 2 - Benxamín A 3
Partido espeso dos nosos nenos, onde se viron por debaixo no marcador ata en dúas ocasións. A victoria acadouse con oficio e os nosos finalizan a tempada na segunda posición a un punto do campión.

EF Dolmen de Tordoia 2 - Benxamín C 4
Derradeiro partido da tempada, onde os nosos completaron unha actuación brillante, todos contribuiron a que este final de tempada rematase da mellor maneira posible.

Alevín A 0 - Cidade de Ribeira 3
Esta fin de semana xogamos o derradeiro partido de liga. Foi un partido complexo dado que tivemos un montón de baixas e non puidemos estar como nos gustaría. Igualmente acadouse o título de liga e agora toca afronta-la fase final. Veremos o que acontece!!!

Praíña SC 5 - Alevín B 5
Partido compricado pola calor e polo tipo de terreo de xogo, xa que se xogou en herba natural.
Custoulle moito aos nosos adaptarse á superficie de xogo xa que a pelota non rodaba a mesma velocidade e non eran capaces de controla-los botes do balón. O partido estaba mais pensado para disfrutar pois o traballo xa estaba feito. Noraboa aos rapaces por esta segunda praza, pelexando o título ata o final.

(LUIS CALVO) RC Celta Vigo 10 - Alevín 4
Foi un bo partido a pesar do resultado. A primeira parte en particular competimos moi ben ata o minuto 25, despois foise acabando a enerxía e as cousas comezaron a ires peor. En termos xerais, a pesares de non facer un mal partido, temos que ser moito máis consistentes en defensa, non podemos encaixar tres goles en tres minutos consecutivos. Queda un só partido e trataremos de amosar unha boa imaxe do equipo.

CD Lugo 5 - Infantil A 1
Encontro con altos e baixos, ós 12 minutos encontrabamos cun resultado de 2-0, o que fixo modifica-lo noso posicionamento inicial. Tra-lo paso polos vestiarios, sairíamos pola remontada, encontraríamonos cuns bos 20 minutos onde lograríamos acortar distanzas, dispoñendo de boas ocasións para acada-lo empate pero faltaríanos máis tranquilidade nesos metros fináis. O Lugo non perdoa e subiría o terceiro tanto no marcador deixándonos ca mel nos beizos. Deste encontro pensamos que vamos aprender, nunha etapa fundamental para os rapaces. Nin antes éramos tan bos, nin agora somos tan malos.

Infantil B 5 - Xallas FC 0
O infantil logra unha clara victoria contra o Xallas, con este marcador logra remonta-la eliminatoria e meterse na final da fase de ascenso a Liga Galega. Xogaran contra o Estrada. Partido moi serio o feito polo noso equipo, onde competiu moi ben, aproveitando as ocasións e deixando a sua porteria a 0. Foi no minuto 23 cando Martin logra o primeiro gol, dando paso a un dominio claro no resto da primeira parte. Onde chegando o final Kappe marca o segundo, rematando moi cerca da liña de gol. Ó inicio da segunda volve igualarse un pouco o encontro, onde volve a haber maioritariamente xogo de medio campo, pero co avance dos minutos o Xallas, no intento de marcar gol, deixa espazos atrás onde serán aproveitados polos nosos para face-la goleada. No minuto 71 Martín logra batir de novo o gardamallas rival. Logo no 78 sería Matteo e pecharía a conta Alex no desconto.

Infantil C 5 - CD Sar Extramundi 2
Partido xogado baixo unha intensa calor no municipal de Bertamiráns. Os nosos comezaron moi ben o partido, levando a iniciativa no xogo e non concedendo ocasións ó rival, froito deste dominio o Infantil consegue un parcial de 3-0 nos primeiros trinta minutos. Pouco antes de colle-lo camiño dos vestiarios o Sar consegue o seu primeiro gol nun despite na marca. Na segunda parte baixou o ritmo do encontro debido á calor e o cansanzo de ambos conxuntos. Aínda así o Infantil C seguiu dominando o balón e dispuxo de mellores ocasións, froito desto acadou dous goles máis. Gran partido dos nosos que debutan nesta fase de ascenso cunha importante victoria.

UD Areosa 2 - Cadete A 0
Novo tropezo dos nosos, que ven como cada vez se complica máis a salvación. A pesares diso, as matemáticas seguen a darnos posibilidades, polo que seguiremos loitando ata o final!

E. Estrada FB 2 - Xuvenil A 0
Partido condicionado pola abafante calor e pola minguada convocatoria. O encontro foi igualado e posiblemente o empate fose o resultado máis xusto pero os trocos foron determinantes para que o rival tivera na segunda metada unha frescura física que os nosos non tiveron.

Racing San Lorenzo 0 - Xuvenil B 1
Comenzaba a fase de ascenso e tocaba visitar ao primeiro clasificado do seu grupo na liga regular polo que era un bo partido para valorar as posibilidades do equipo. O partido comenzaba con moitas precaucións polos dous equipos, con moito xogo no medio do campo e sen aproximacións ás porterías. A medida que ían pasando os minutos íamos impoñendo o noso xogo chegando un par de veces con perigo. A segunda parte seguía coa mesma tónica e cando todo parecía abocado a un empate sen goles, no desconto chegaba o gol que daba a victoria ao noso xuvenil.

Abanqueiro SD 3 - Sénior 3
Partido de moi baixa intensidade, baixísima, tanto o Abanqueiro coma nós estivemos moi relaxados.
Víronse erros moi graves por falta desa tensión competitiva que é necesaria para face-las cousas ben.
Tivemos a vitoria na nosa man todo o partido pero a expulsión dun dos nosos defensas complicou a posibilidade de saír de Boiro cos 3 puntos e, ao final, case no desconto, encaixamos o terceiro gol que supuxo o empate do partido.

O noso PB A Campeón do Torneo de San Mamed.

Sábado de varios partidos, onde pola mañá custaríanos máis pero á tarde estaríamos impecables.
Día de moitas emocións, bo fútbol e moito esforzo, así nos alzariamos ca copa de campións tras derrotar 2-0 a un bo Villestro na final.

Fase de grupos
SD Cruces 2-2 Bertamiráns FC
Silleda CF 1-4 Bertamiráns FC
Milladoiro SD  0-4 Bertamiráns FC

Cuartos de final
EF Lalin 0-6 Bertamiráns FC

Semifinal
SR Calo 0-2 Bertamiráns FC

Final
SD Villestro 0-2 Bertamiráns FC

Gol de Martín para a remontada do Infantil B.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image