Novas

Xornada 09/01/2022

This image for Image Layouts addon

A primeira xornada do ano traenos grandes resultados.

Primeira xornada do 2022 que case nos deixa un pleno de victorias, únicamente perderon os pequenos do PB B, pero non nos preocupamos porque están en fase formativa e aprenden moi rápido. Ademáis o Senior non pasou do empate no dificil campo de terra da Devesiña.

Pb A 5 - Cía de María 0
Formar e divertirse será o único obxetivo deste grupo. Propio desa diversión sería o acontecido no encontro. Seguimos a mellorar.

Pb B 1 - SD Villestro 2
Partido moi disputado por ambolos dous conxuntos, os nosos pequenos seguen a buscar a ansiada segunda victoria, que sen dúbida chegará xa que están a xogar moi ben ó fútbol.

Benxamín A 14 - Cordeiro 0
Partido cómodo dominado de principio a fin polos nosos pequenos.

Benxamín C 11 - UD Santa Marta 0
Victoria doada diante dun rival que non prestou oposición. Ó descanso xa tiñámo-la victoria no peto.

Conxo-Santiago C 2 - Infantil C 5
Partido moi disputado no campo da A Merced, onde os nosos rapaces foron quen de acadra unha importante victoria que nos permite seguir nos postos altos da clasificación. A primeira metade foi controlada polos nosos en todo momento pero unha vez máis na única achegada do rival recibimos o primeiro gol, aínda así os nosos xogadores seguiron sendo fieis a idea que levan traballando toda a tempada e foron capaces de darlle a volta ó marcador antes de marchar pos vestiarios. Á volta dos mesmos, voltamos a encaixar o segundo gol nun erro na saída de balón e o rival aproveitou eses momentos para apretar, o equipo soubo sufrir en defensa ata que Jorge transformou de maneira maxistral unha falta e puxo o 2-3 no marcador. A partires de ahí o equipo agrandouse ata conseguir o resultado final.

Infantil D 2 - SD Milladoiro B 0
Segunda victoria do Infantil D nesta tempada, a mesma fraguouse na primeira parte onde tivemo-las ocasións que o equipo aproveitou para consegui-los goles. O primeiro veu dun remate nun saque dende o curruncho e o segundo nunha xogada individual dun dos alevíns que nos axudou a completa-lo once inicial. Na segunda metade o rival tivo mellores oportunidades e os nosos contaxiáronse do xogo rival o que propiciou que sufriramos ata o final.

Cadete A 2 - Calasanz 1
Bo comezo dos nosos, que acadan os tres puntos na primeira xornada do 2022.
Tras un bo inicio de encontro, acadan o 1-0 a saída dun corner. Esa vantaxe perderíamola antes do descanso, remontando novamente ao saír dos vestiarios. Finalmente, sufriríamos para mante-lo marcador, dada a necesidade do rival de sumar.

Cordeiro 1 - Cadete B 3
Partido moi completo do equipo que afrontabamos con dúbidas despois dunha semana frouxa a nivel de adestramentos. A actitude e traballo do equipo foi enorme e foise ao descanso con victoria pola mínima e con multitude de ocasións erradas. Na segunda parte, marcamos moi pronto os dous goles restantes para rematar de amarra-lo partido e tan so se volveu mover nun balón que o noso porteiro sacou da liña e que o árbitro interpretou como gol. Boas sensacións no regreso a competición e seguimos na loita polo playoff.

Vista Alegre 1 - Cadete C 8
Gran victoria a acadada no municipal de Santa Isabel. Aínda que o equipo segue a saír o campo con pouca intensidade e concentración o que implica que sempre o rival se poña por diante con suma facilidade, nesta caso ós 10 minutos o equipo encaixa un gol a saída dun saque dende o curruncho. Tocou de novo remar en contra pero os rapaces puxeronse as pilas acadando unha goleada merecida.

Cadete D 3 - SR Calo 0
O noso Cadete D volve a senda da victoria tras un empate na anterior xornada. Esta xornada medíanse fronte ao Calo, partido moi serio dos nosos rapaces que finalizarían o encontro cun 3-0 a favor. A victoria puido ser moito mais abultada, pero un gran partido por parte do porteiro visitante impediuno. Seguimos unha semana máis no segundo posto da táboa.

Ciudad de Ribeira B 2 - Xuvenil B 5
Partido importante o que disputábamos en Ribeira contra un rival que comenzaba a xornada empatado a puntos con nos. Non empezábamos ben o partido pois aos dous minutos adiantábase o ribeira no marcador. Supémonos repoñer a ese gol pero non materializábamos as ocasións que tiñamos e tampouco eramos capaces de leva-lo peso do partido. No minuto 35 conseguíamos empatar con gol de Kike tras un saque dende o curruncho pero tralo saque de centro o Ribeira adiantábase de novo. Non foi ata a derradeira xogada da primeira parte cando Andrés conseguía empatar tras rematar un bo centro lateral de Jesús. No descanso fixemos unha corrección no sistema de xogo e fomos capaces de domina-lo xogo e as ocasións. Despois de varios intentos conseguimos adiantarnos no marcador con sendos goles de Bruno e Dylan. De ahí ata o final non pasamos apuros salvo cun penalti sinalado que ninguén veu pero que atrapou perfectamente Iván, que ademais íase converter no protagonista da derradeira xogada do partido cunha falta no borde da área que transforma no quinto e derradeiro gol do partido.

SDC Recesende 1 - Senior 1
Primeiro partido co novo sistema, comezamos algo enchufados e nos primeiros minutos xeramos un par de ocasións moi claras que non soupemos definir, a continuación deixamos de axustarnos ó plantexamento e o rival logra adiantarse no marcador a raíz dunha perda en campo propio, foi o único disparo que fixo en toda a primeira parte e entra de rebote, esta historia xa a vivimos demasiadas
veces e desta vez soupemos reaccionar e saimos a segunda parte a dar o 110% e face-lo adestrado durante a semana, marcamo-lo empate ós 10 minutos e seguimos apretando ata o final, xeramos suficientes ocasións para meter 2 ou 3 goles pero a falta de acerto de cara a gol fai que sepa a pouco o empate. O desempeño do equipo na segunda parte é o que debemos mostrar os 90 minutos. Sen escusas.

Destacámo-lo gol de Rubén co Benxamín A.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal