Novas

Xornada 09/10/2022

This image for Image Layouts addon

Xornada en homenaxe a Brasi.

Xornada marcada pola dor infrinxida pola perda esta semana de Brasi, xogador do noso equipo de veteranos e ex-xogador das nosas categorías inferiores. Un fatídico accidente laboral no Porriño levou a unha gran persoa antes de tempo. DEP Brasi.
Agradecer á Real Federación Galega de Fútbol que se gardase un minuto de silencio en tódo-los partidos desta xornada coma homenaxe.

PB A 3 CD Sar Extramundi A 2
Primeiro partido do noso Prebenxamín A na liga, foi un encontro moi disputado dende o inicio con dous equipos volcados en acada-la victoria que caeu do noso lado por pequenos detalles. Aínda así queda moito por mellorar no noso PB A, por exemplo o posicionamento no campo. Agora traballar a reo en cada adestramento.

PB B 13- CD Sar Extramundi B 0
Primeiro partido da tempada saldado con victoria e resultado moi abultado que demostra a diferenza entre os dous equipos onde os nos peques tentaron ir facendo o traballado durante a semana. Agora a seguires traballando e desfrutando.

Victoria FC A 5 - Benxamín A 6
Partido trabado que non somos quen de dominar, adiantámonos no marcador pero cedo vímonos superados polo rival, que amosou máis gañas e máis interese en querer facer algo no partido. Valeunos para sacar tres puntos nun partido sufrido. Mal xogo e mala actitude. Semana de traballo para muda-la actitude.

Bastavales UD 0 - Benxamin B 8
Comezaba a liga, faríamolo a domicilio, o encontro comezou cos nosos rapaces moi enchufados, tentando combinar entre eles e facer gol a través do pase, tras adiantarnos, o xogo melloraría, sendo xa bo pasaría a ser mellor, onde apenas producíronse perdas e cada acción de ataque era perigo, con esto foron chegando os goles, na que sería sen dúbida, unha moi boa toma de contácto. Noraboa a tódo-los nenos, polo fútbol despregado.

SD Negreria 0 - Benxamín C 8
Bo comezo de liga para un equipo que se atopa en proceso de formación e aprendizaxe. Temos moito que mellorar a pesares do resultado...

Victoria FC A 3 - Alevín A 1
Anque non é nada habitual, neste partido estivemos moi desacertados, non fomos quen de xera-lo xogo que adoitamos practicar. Foinos imposible facer controis de calidade, facer pases precisos... e aínda por riba na nosa presión tampouco estivemos ben. Chegamos sempre tarde a apretar e permitimos demasiado ao rival, ao final encaixamos dous goles de falta directa que nos rebentan o partido.

Xuv. Oroso B 0 - Alevin B 4
Partido moi igualado co que pensamos será un rival directo polos postos altos. A primeira metade remataba cun 0-0 e ocasións para ambos conxuntos, pero unha gran segunda parte dos nosos rematou co equipo local que pouco puido facer ante o gran xogo e intensidade marcada polos nosos pequenos. Gran estrea ligueira.

SD Cacheiras 2 - Alevín C 8
Primeiro partido da liga do noso Alevin C diante do Cacheiras. Partido sen moito que comentar xa que fomos moi superiores dende o pitido inicial, salvo dous despistes que supuxeron os dous goles encaixados. Agora adestrar para o vindeiro partido.

Alevin E 0 - Alevin D 6
Primeiro derbi da tempada no que se enfrontaban os nosos alevíns. Partido marcado polas imperfeccións de ambos equipos debido aos nervos e a choiva que facía que o campo estivera rápido. O alevín D, un grupo consolidado, e o alevín E un grupo novo onde moitos rapaces empezaron a xogar este ano; de ahí o resultado do partido. Pouco a pouco e con traballo estes dous grupos irán medrando para mellor.

SD O Val 0 - Infantil A 7
Partido no que os nosos demostraron todo o seu potencial e bo facer. Xa antes dos goles Álex dispuxo de dúas claras ocasións antes de que él mesmo abrise o marcador. Despois seguirían catro goles máis antes do descanso. Na segunda nada máis comezar marcaríase o sexto e dende ahí o partido foi plácido para nós ata logra-lo séptimo que nos permite contar por victorias os nosos encontros e colocarnos na primeira posición neste arranque de campeonato.

Infantil B 6 - Porto do Son CF 0
Partido cómodo con dominio absoluto do xogo por parte dos nosos rapaces.

Crocha Balompé CF 4 - Infantil C 0
Demasiado castigo para o infantil C o infrinxido na visita ao Crocha onde os erros castigaron a un equipo que levou o peso do partido e as ocasións dende o pitido inicial. Empezaba moi ben o noso infantil atopando ocos as costas dos laterais con centros continuos que non eramos capaces de rematar. Sen balón íamos ben á presión obrigando ao noso rival ao xogo directo, onde a nosa defensa estaba atenta para cortar eses envíos. Pero á media hora do partido nun erro na marcaxe a un golpeo directo provoca o primeiro disparo a porta do noso rival que acaba en gol. Este gol fainos moito dano e so tres minutos despois unha xogada similar acaba nun claro penalti. Fómonos ao descanso cun 2-0 que non facía xustiza ao visto no campo e as ocasións de cada un dos equipos. Saómos na segunda parte con moita intensidade tentando recortar distanzas o antes posible onde temos catro ocasións moi claras que non somos capaces de materializar. A partires de ahí volven outros cinco minutos onde sendos fallos nos condenan e o noso rival non perdoa. De ahí ata o final seguímolo tentando pero quedou claro que non era o noso día. A seguir traballando para ir medrando como persoas e deportistas.

SD Amio B 0 - Infantil D 8
Destaca-lo resultado nun partido con pouco ritmo. O rival non opuxo resistencia e chegounos a lei de mínimo esforzo. Na segunda parte o equipo foi un pouco máis preciso e acabaron chegando os goles. Temos que seguir esforzándonos ó máximo se queremos quedar o máis arriba posible.

Cadete A 2 - Ural-Español CF B 1
Partido igualado e con distintos tramos do partido para cada conxunto. Empezou ben o equipo local, dominando o partido, xerando ocasións e non dando opcións ao rival, así no minuto 12, o Berta consegue adiantarse no marcador por medio de Suárez. A partires de ahí, pouco a pouco o Ural foi facéndose co encontro, logrando así xerar algunha ocasión pero sen lograr materializar nengunha na primeira parte. O comezo da segunda segue igual como rematou a anterior, co dominio do equipo visitante e merodeando a portería local. Logrando facer gol no minuto 53. Despois disto, e ante a necesidade de facer gol, o Berta vai polo partido, volta a presionar arriba, xerar ocasións e maniatar ao equipo rival. Conseguindo face-lo gol da victoria Rodri no minuto 71. A partires de ahí o Berta volta dar un paso atrás e sofre ata o final do partido, pero consegue os tres puntos.

Cadete B 5 - Victoria CF 2
A primeira hora deste Domingo o noso cadete B recibía ao Victoria. Chegaba ao municipal o equipo visitante cun punto diante dos nosos rapaces. Partido que o noso equipo sabía da importancia de obte-los tres puntos para enlazarse cos equipos de arriba. Aínda así, empezou máis enchufado o equipo visitante ca o noso, poñéndose por diante no primeiro minuto de partido. O equipo supose repoñer e logrou ao pouco darlle a volta ao marcador. Uns minutos mais tarde o Victoria logra empatar de novo o partido nun fallo defensivo dos nosos. A partires de ahi o equipo seguiu facendo o seu fútbol e mellorou considerablemente a nivel defensivo co paso dos minutos. Deste xeito logramos finaliza-lo encontro cun contundente 5-2 no marcador. A vindeira semana visitaremos ao líder, O Estrada, sairemos ao campo coa mellor actitude para voltar a consegui-los tres puntos e ir achegándonos aos postos altos da táboa.

ADM Peleteiro 2 - Cadete C 1
Partido desastroso. Moito que mellorar nun equipo que non soubo desplega-lo seu xogo nun campo pequeno como era o do rival. Formación, traballo e esforzo, non queda outra.

Xuvenil A 6 - SD O Val 1
Recibíamos na casa ao colista, un equipo con datos que axudaban ó optimismo, asi tamén faría que a concentración de cara ao partido fora boa, para evitar sustos, pero máis aló, o partido decídese nunha primeira metade onde conseguiríamos tres goles a balón parado, e nunha segunda, onde ca entrada de Álvaro, que aportou máis de profundidade e algunha transición ben levada. De todos modos, este sería un encontro aburrido, onde o rival se quedaría con 10 na primeira metade. Toca tourmalet, xa que nos esperan dous encontros en apenas catro días, veremos do que somos capaces.

Xuvenil B 0 - EFM Boiro 8
Partido para esquecer o desta matinal de Domingo no municipal de Bertamiráns. Un equipo sen fútbol e o máis importante sen alma, entendendo como alma gañas de xogar, intensidade e compañerismo; propiciou que o rival fixera sangue e levase os tres puntos. Toca mudar de actitude porque este equipo ten moito máis do que amosou esta fin de semana.

SD Milladoiro 1 - Sénior 1
Boa primeira parte do equipo. A nivel defensivo cometéronse poucos erros, quizáis un par deles que por pouco non acaban converténdose en goles en contra. A nivel ofensivo fomos quen de xerar moitísimas ocasións, moitísimas, aínda así fomos 0-0 ao descanso. A segunda parte é distinta, o Milladoiro sae enchufado e na primeira xogada da segunda parte teñen ocasión para facer gol. Igualmente, nós seguimos ao noso e seguimos tendo ocasións, quizáis non tantas coma na primeira parte e seguramente os nosos veciños teñen máis das que tiveran na primeira parte. Ao final un empate, 1-1, unha mágoa, o equipo fixo méritos para gaña-lo partido pero outra vez máis non acertamos de cara a gol.

Equipo PB B que goleou ó seu rival nesta xornada.

Image

Golazo de falta de Nico na victoria do Xuvenil A.

Gol de Iago Arias na victoria do PB A.

Gol de Aarón na victoria do Alevín B.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

Director Deportivo
676014018

F11 Coordinador
653345278

F8 Coordinador
634148585

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal