Novas

Xornada 10/10/2021

This image for Image Layouts addon

Chegou a nosa primeira victoria da tempada

Na segunda xornada da División de Honra Cadete chegou a nosa primeira victoria da nosa base nesta tempada, foi a domicilio fronte o CD Calasanz.
Ademási cosechamos dous empates na Liga Galega Infantil e na Liga Galega Xuvenil.

CD Calasanz 0 - Cadete A 2
Encontro dominado dende o minuto un, onde os nosos desplegaron un gran xogo. Deixaron encarrilado o encontro na primeira media hora grazas ós tantos de Roi Ferreiro e Pablo Míguez.

Xuvenil A 0 - Montañeros 0
Segunda xornada da nova categoría. O equipo saiu con moitas gañas ao encontro, tra-la derrota da xornada pasada, para tratar de mostrar outra cara distinta a do comezo de tempada.
Atopáronse a un gran rival, que dominou a posesión durante todo o encontro, pero sin precisión nos derradeiros metros. Os nosos, aproveitando todas as saídas a contra, lembrando o xogo da tempada pasada.
Tras unha primeira parte con poucas ocasións, a segunda tivoas nas dúas áreas. Primeiro para os visitantes en varios centros laterais, e ao final cun remate de Muñiz ao poste.
Esperemos poder troca-la dinámica e conseguir unha victoria na vindeira fin de semana.

Infantil A 2 - Victoria FC 2
Boa mañá de fútbol, donde os nosos se adiantarían moi cedo e disporían de claras ocasións para aumenta-la vantaxe. A expulsión dun dos nosos xogadores mudaría o estilo e forma do noso xogo, cun equipo máis xunto e preparado para contragolpear. Sen máis, a primeira metade remataría con ese resultado e cun rival que só incomodaría a balón parado.
Na segunda metade, o Victoria avisaria e acto seguido sube o empate nunha xogada calcada a anterior.
Logo dese gol o Bertamiráns mudaría de sistema e reconduciría o xogo ao seu terreo, con varias ocasións e aumentando a vantaxe nun saque de falta. O partido non se pecharía con este gol, xa que piques de remata-lo partido os visitantes subirían o empate ó marcador.
Gran esforzo dos nosos xogando todo o segundo tempo e parte do primeiro con 10 xogadores.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal