Xornada 11/09/2022

This image for Image Layouts addon

Comezou unha nova tempada en fútbol 11

Comezou unha nova tempada de fútbol 11 para os nosos equipos que se atopan en Liga Galega e en Primeira Autonómica. Ademáis o resto de equipos da nosa base xa levan adestrando dende finais do mes de Agosto e esta fin de semana xogaron numerosos amigabeis. O final desta nota podemos ver unhas cantas fotos dos equipos que xogaron esta fin de semana.

CD Conxo Santiago 3 - Infantil B 9
Primeiro partido de liga diante dun rival que deberá pelexar por estares no alto da táboa clasificatoria. Nos primeiros minutos o equipos saiu algo durmido froito desta apatía encaixamos o 0-1 no minuto 16. Este gol fai reaccionar ao equipo que consegue o empate antes da media hora de xogo grazas a Elihan, quen xa marrara unha ocasión clara poucos minutos antes. A partires de aquí o equipo faise dominador do encontro e xusto antes do descanso Carlos consegue o 1-2. A segunda parte comeza co dominio do partido pola nosa parte e Álex consegue o 1-3. Cando parecía que chegaría o cuarto gol, unha xogada mal defendida pola nosa parte propicia o 2-3, pero o equipo non baixou o pé do acelerador e non voltou a dar opción ó rival a quen goleou con facilidade.
Bo partido en liñas xerais do equipo.

Cadete A 2 - San Tirso SD B 0
Partido no que os nosos dispuxeron de moitas ocasións para acadar unha diferenza maior no marcador. Primeira parte moi igualada na que as ocasións máis claras foron nosas, con varios máns a máns diante do porteiro rival. Adiantámonos no marcador grazas a Suárez que tras recibir un balón na área consegue xirarse e rematar a portería. Na segunda metade por momentos o partido rompeuse xa que o rival adiantou liñas, pero as ocasións máis clara seguiron a ser nosas. O segundo gol tardou en chegar xa que non foi ata dous minutos antes do final do partido cando Rodri cun gran golpeo dende fóra da área lograba o segundo gol.

Cadete B 6 - AD Nicrariense 0
Inicio da tempada para o noso cadete B, que recibían na matinal do Domingo ao AD Nicrariense. Partido no que os nosos rapaces foron durante todo o partido protagonistas co balón. O primeiro gol do partido fíxose esperar no municipal, grazas a varios paradóns do porteiro rival. Polo que non sería ata o minuto 27, no que Rubén fixo o primeiro gol no marcador. A primeira metade finalizámola cun 3-0 a favor, e a segunda máis do mesmo, sendo o resultado final un 6-0. Gran inicio de liga dos rapaces, non só polos 6 goles marcados senón tamén por deixa-la portería a 0. Agora toca seguir remando nos próximos partidos para irse consolidando nos postos altos da táboa.

Xuvenil A 0 - CD Boiro 1
Partido moi competido no Municipal de Bertamiráns onde se deron cita moitos afeccionados. O partido o puido gañar calquera, pero ó final o equipo visitante levouse a victoria cun gol acadado nos primeiros compases da segunda parte nun erro da zaga local. Na primeira parte comezou mellor o CD Boiro, xa que tivo o control do balón nos primeiros 15 minutos e trataba de facer dano con balóns longos as costas dos nosos centrais. Pero o equipo mellorou e na primeira metada tivo as mellores ocasións con dous remates os postes, o primeiro obra de Malvárez e o segundo de Dopazo, tamén Rodri puido inaugura-lo marcador cun tiro cruzado dentro da área que marchou fóra por moi pouco.
Na segunda metade adiantouse o CD Boiro, como comentabamos antes, nada máis comenzar. Despois do gol o CD Boiro mudou de sistema, metendo defensa de 5, e tratou de busca-las contras; esto non lle saíu nada mal xa que tivo 3 moi perigosas, unha acabou en penalty que marraron, outra sacouna Manu cunha parada espectacular en liña de gol e a outra botarona fóra sen porteiro, xa que Manu subira rematar unha falta. Pero o Xuvenil tivo tamén as súas para acada-lo empate, xa que Malvarez cunha volea espectacular topou de novo o poste da portería. Ademáis o equipo tivo algúns remates dentro da área que pasaron arrentes dos paos da portería.
Non queda outra que seguir traballando.

Xuvenil B 4 - CD Rois 1
Partido máis complicado do que reflicte o marcador final. Os visitantes fixeron unha gran primeira parte e plantexaron un partido moi físico onde conseguiron anular ós nosos na finalización das xogadas xa que non fomos quen de rematar con claridade as nosas xogadas de ataque. No minuto 16 adiantouse o Rois cun penalty en contra ben pitado. Despois produciuse unha xogada parecida na que Pablo cae dentro da área pero o árbitro non entendeu que fóra acción punible. Xusto antes do final Mateo remata un córner no segundo poste que pon o empate no marcador. Na segunda metade o Rois non foi quen de aguantalo ritmo e intensidade iniciais o que facilitou que o Xuvenil sentenciase o partido antes do minuto 70 Primeiro cun gol en propia porta do central rival que tratando de despexar un centro lateral introduce o balón na súa propia portería, despois cun penalty claro a favor que Antelo converte no 3-1 e finalmente nunha xogada na que Pabo pelexa un balón cos zagueiros rivais consegue plantarse diante do porteio ó que regatea e converte o 4-1 definitivo.
Gran partido dos nosos rapaces.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image