Novas

Xornada 12/02/2023

Victoria do Sénior no derbi diante da UD Bastavales

Victoria moi sufrida do Sénior diante dun dos seus máis acérrimos rivais a UD Bastavales no campo de Brión. Ademáis salientamos a victoria do Biberón A diante do Villestro B, os nosos xogadores máis noveis comezan a camiñar pola senda do triunfo.

Biberón A 2 - SD Villestro B 1
Partido moi bo dos nosos, onde foron quen de levarse o partido despois de ter que poñerse por diante no marcador dúas veces.

SR Calo 4 - Biberón B 0
Partido moi difícil para os nosos xogadores xa que o seu rival tiña xogadores de segundo ano, os nosos non puideron facer nada xa que prácticamente non tiraron a portería, eles chegaban moi rápido a nosa portería xa que tiñan tres xogadores que destacaban por riba de todos sendo físicamente superiores.

PB A 2 - EFM Concello de Boiro 2
Partido do noso Prebenxamín A diante do Boiro, no que a primeira parte estivemos moi mal sobre todo en defensa con perdas de marca en moitos intres o que implicou que concedaremos varias ocasións, en ataque estivemos moi acertados na presión tras perda de balón. Na segunda metade axustamos moito mellor en defensa as marcas o que se traduciu en conseguir unha vantaxe de 2 a 1, ademáis o árbitro anulounos un gol por fóra de xogo que significaba unha vantaxe de dous goles a falta de moi pouco para remata-lo encontro. Nos intres finais unha perda de balón supuxo o gol do empate do riva. Temos que seguir neste camiño.

PB B 2 - Cidade de Ribeira CF 15
Partido adiantado ao mércores o xogado polo noso equipo na que quedou clara a diferenza entre o nivel físico de ambo-los dous conxuntos no marcador. Aínda así, ata o descanso o partido tivo momentos de moita igualdade, ocasións polas dúas partes e ata tivemos 2 tiros ós paos para ter ben apretado o resulatado parcial do primeiro tempo. Na continuación xa foi outra historia e os de Ribeira, con algún xogador de moi bo nivel, amosaron a súa superioridade non quedando outra cousa que felicitalos pola victoria e seguir traballando para mellorar.

(FUTSAL) La Salle 0 - PB B 3
Partido cómodo o xogado polo noso equipo na matinal deste Domingo que rematou cun resultado claro debido ó bo xogo despregado ó longo de todo o tempo; e onde se puido disfrutar de moi boas xogadas combinativas dos nosos xogadores. Agora todos a descansar e disfrutar do Entroido.

ED Xuventú Oroso 5 - Benxamín A 1
Resultado abultado o visto na mañá de Domingo no Lino Balado. Os nosos saíron concentrados e apenas lle concederon ocasións ao líder. Mediada a primeira parte temos unha ocasión clara e poucos minutos despois outra. O fútbol é caprichoso, e por non mete-las nosas, na derradeira xogada da primeira parte recibimos o 1-0, nun saque dende o curruncho que metemos en propia porta. Así é este deporte, tentamos muda-lo plantexamento e non fomos quen de axustar ben as distanzas e o Oroso si foi quen de chegar con máis claridade. A pesares da derrota o traballo foi bo. Boas sensación para continuar e tratar de remata-lo máis alto posible na clasificación.

CF Noia B 0 - Benxamín B 11
Encontro nunha calorosa tarde na Vila de Noia. Saímos enchufados, e axiña se viron as gañas por xogar dos rapaces, os cales iríanse rotando todos de posición, para o seu futuro aprendizaxe.

Puebla FC 3 - Benxamín C 2
Partido moi intenso onde os xogadores déronno todo pero topáronse cun xogador rival que ten unha calidade maxistral para executa-las faltas, o que se traducir en dous goles, ademáis sacou un saque dende o curruncho excelente para que un compañeiro conseguise o terceiro gol. O equipo competiu pero ante esta circunstancia non conseguiu nada positivo. Seguimos a formar.

UD Bastavales 5 - Benxamín D 0
Visitabamos o sábado aos nosos veciños de Bastavales que se levaron a victoria de maneira xusta. Non fomos quen en ningun intre de entrar no partido, nin a nivel ofensivo nin defensivo. Temos que seguir traballando para ir evolucionando e entendelo que pretendemos facer tanto con balón coma sen el.

ED Xuventú Oroso 2 - Alevín A 1
Bo partido do noso equipo diante do líder da categoría. Fixemos un esforzo mental e físico enorme. Cometimos moi poucos erros e fomos quen de conceder moi poucas ocasións de gol. A nivel defensivo estivemos moi serios, non especialmente rápidos á hora de tomar de decisións pero interpretamos moi ben as situacións a resolver. A nivel ofensivo quizáis algo imprecisos, preo conseguimos dispoñer de bastantes situacións de gol anque algunha ocasión menos de gol das que nos gustaría.

Alevín B 7 - ACD ED Arzúa 2
Estes días tan soleados de inverno traen consigo unhas boas xeadas nocturnas, o que ía facer que atopásemos o Municipal cuberto cun manto branco coma se houbese nevado ata ben entrada a segunda metade. Adiantámonos no marcador no minuto 1 e a partires de ahí comezamos a crer que teríamos un partido sinxelo pero que se foi complicando co paso dos minutos. O campo non axudaba a que as nosas entregas e controles foran as mellores, e ata que o sol non quitou esa capiña de xeada as imprecisións ocorrían por ambos lados. Antonio e Aaron foron os donos do partido na segunda parte, e polas súas botas pasou todo o xogo ofensivo do equipo que tras unha boa segunda metade, acadaría o resultado final de 7-2.

Alevín C 7 - Carreira CF B 1
Partido do noso Alevín C diante do pecha cancelas, no que saímos moi metidos no partido conquerindo ventaxa moi cedo no marcador, así non dando ningún tipo de posibilidades ao contrario; o resto do partido foi claramente dominado polos nosos rapaces. Agora a seguir nesta liña de traballo.

Alevín D 1 - EFM Concello de Boiro C 6
A pesares do resultado, os nosos nenos fixeron un dos mellores partidos no que vai de tempada. Íamos gañando ao descanso, pero o ritmo de partido que impuxo o rival, ademáis de seren superiores a nós físicamente, fixo que a 15' do final, lle desen a volta ao marcador. Xa un pouco desconectados do partido e buscando empatar, ían chegar os goles do rival nas contras. O equipo compite máis ordenado e serio cada fin de semana e iso é co que nos temos que quedar.

UD Bastavales 2 - Alevín E 2
Comezabamos o partido serios e con bo detalles en ataque pero algo frouxos na liña defensiva e iso faría que o partida estivera sempre moi tenso. A pesares diso seríamos quen de ter máis ocasións e irnos ao descanso cun 0-1 a favor. Pero na segunda metade aínda que marcamos cedo o segundo gol, volveríamos a cometer os mesmos erros do último partido, baixaríamos moito a intensidade e ademáis regalaríamoslles dous goles. Temos que seguir traballando para non cometer ese tipo de erros e para seguir nunha evolución ascendente.

Imperator OAR 0 - Infantil A 5
Mal partido do noso primeiro equipo da categoría, pero a notoria diferencia entre ambo-los dous equipos foi suficiente para levar tres puntos importantes para seguir mandando na táboa clasificatoria. Comezou a primeira parte con constantes erros por ambo-los dous equipos, e moitas das ocasións sería máis ben por erros defensivos que por acertos ofensivos. Así no minuto 4 chegaría a primeira ocasión do encontro, erro de Carlos que propicia a cabalgada pola parte dereita do extremo desa zona, que acaba disparando e Marco bloca co peito o esférico. A partires de ahí as ocasións claras serían por parte do noso equipo, a primeira sería de Santi, nun remate coa testa, nun centro a balón parado dende a esquerda, que vaise por riba do longueiro. A seguinte teríamola no minuto 10, nunha cabalgada con moitísima potencia por parte de David, que preto da liña de fondo, saca un bo centro e Lucas remata ca testa por riba da meta contraria. Seguía o Berta creando ocasións, a base de centros a área, e no minuto 23 noutro deles, Pérez remata e envía o balón o fondo das redes, pero anulase o gol por estar éste en fóra de xogo. A seguinte ocasión, e última a mencionar na primeira metade, sería para o Imperator, nun balón en longo, no que volta a fallar a nosa defensa, éste recolleo novamente o extremo dereito, vaise cara a portería, e finaliza cruzando en exceso o esférico. A primeira parte finaliza co mesmo resultado que comezou 0-0. A segunda parte comeza igual, moi cedo teria o Berta a primeira ocasión, no minuto 41, Álex pon un centro dende a esquerda que Diego remata preto do poste dereito da meta local. Tiña que chega-lo gol, e coma non, nun balón aéreo, a balón parado, a defensa non acerta a despexar e Pérez na area pequena remata sinxelo ao fondo das mallas. Seguiríao tentanto o Berta e así no minuto 60, Álex é derrubado na área, penalti que el mesmo transforma un minuto despois. A partires destes intres o Berta faríase co encontro, os trocos aportarian aire fresco, así Manu no minuto 73, o pouco de entrares no campo, nun saque dende o curruncho executado en curto, saca un disparo preciso ao pau lonxano, e logra un gol de fermosa factura. Un minuto despois, Fabio, que tamén saltou ao terreo de xogo uns intres antes, fixo o cuarto, cun disparo dende a frontal da área. O quinto e definitivo faríao Xurxo, que tamén entrou ao campo no segundo parcial do encontro, nun pase en profundidade que recolle preto da meta rival, avanza con él e dentro da área finaliza enviando o balón ao fondo da rede. Desexamos sorte e melloría para os nosos para a próxima semán, xa que enfrontaranse na casa ao segundo clasificado, un equipo cun moi bo trato de balón.

AD Manuel Peleteiro 1 - Infantil B 4
Partido duro por parte do rival que acabou con dous expulsados e varios cartóns amarelos debido a unha sobrexcitación que ninguén entedeu salvo eles. O equipo dominaba o xogo nun campo cunhas dimensións ridículas que só beneficiaba ao rival, que se adicaba a destrui-lo xogo a base de patadas. Sen pasar perigo un balón longo que propiciou unha falta de entendemento entre o noso central e o porteiro pon o 1-0 no marcador, o equipo reacciona de seguido e por medio de Eli empata no minuto seguinte para finaliza-la primeira parte con empate no marcador. A segunda metade transcorreu do mesmo xeito, nos levando o peso do xogo e creando ocasions, e o rival cortando todo intento de xogar a base de xogo duro, aínda asi Eli de novo cunha gran finalizació npon o 1-2 no taboleiro. Neste intre é cando o colexiado comeza a tomar decisións e expulsa o primeiro xogador, saca cartóns para curta-la dureza e malos modos do Peleteiro. Outra falta na frontal da área propicia o 1-3 de falta directa por parte de Noya a partires dese intre o rival desquíciase chegando a segunda expulsión e xa preto do final Darío finaliza outra gran xogada colocando o definitivo 1-4. O equipo recupera o liderado da competición e segue con paso firme na loita polo ascenso.

Infantil C 2 - Crocha Balompé CF 2
Partido moi intenso e emocionante o disputado contra un rival directo polos postos punteiros da táboa clasificatoria. Intuíamos como ía a se-lo partido e non defraudou. Comenzabamos ben cun par de ocasións por banda dereita que non acabaron en gol por falta de fortuna, pero sería o Crocha quen se adiantaría no marcador tras un erro en saída de balón. Empataríamos cedo e pouco despois teríamos outra ocasión clara nun disparo que despois de tocalo o porteiro vai a cepa do pau. Acababa a primeira parte con boas sensacións a pesares de que o partido estaba aberto. A segunda parte seguía igual que a primeira onde dispoñemos dunha ocasión clarísima para adiantarnos no marcador pero de maneira incomprensible non entra entre os tres paus. Nese intre viase máis preto o noso gol que o do rival pero un golpeo lonxano acaba en gol. Fómonos arriba a polo empate e tras múltiples ocasións logramo-lo premio menor do empate no tempo de desconto. Moi bo partido o disputado por ambo-los dous equipos que foron a por todo e deron espectáculo e deixáronno todo no campo ata o pitido final.

Infantil D 8 - SD Amio B 0
Partido sen moita historia, onde propuxemos a nosa idea dende principio a fin. Non sufrimos ningunha ocasión por parte do rival e fomos quen de representar moitas veces certas estructuras traballadas. Estamos no camiño correcto, hai que seguir!

Cadete A 4 - Imperator OAR 1
O noso primeiro equipo da categoría recupera a senda da victoria para seguir na loita polo ascenso. Parecia comezar ben o encontro para os nosos, así no primeiro minuto, unha incursión pola banda dereita e centro que remata cá esquerda Pablote as mans do meta visitante. Pero foi un espellismo, porque non sería ata o minuto 20 cando Rodri recolle un balón na parte dereita do ataque, fai un sombreiro ao defensa, vaise cara a porta e golpea raso cá esquerda, batendo por baixo o pau curto do meta contrario. O partido segue trabado, moito fútbol no medio campo pero poucas ocasións, ata que no minuto 33, o extremo dereito visitante, Mamadou, recolle un balón botando co noso equipo aberto, golpea forte dende uns 30 metros, sobrepasa por arriba a Pablo e golazo. Fómonos ao descanso co 1-1. O inicio da segunda parte sería igual ca anterior, cunha incursión por banda esquerda, centro ao segundo pau e Suárez con todo a favor, bota o balón fóra. Pouco a pouco o Berta foise facendo co encontro e as ocasións ían chegando. Así no minuto 60 Rodri volta a recoller un balón na área e bate ca perna dereita ao meta visitante na media saída. Pouco despois no minuto 68, chegaría o 3-1 nunha contra rápida pola banda dereita que leva a cabo Mateo, o cal finaliza e o porteiro repele o disparo, pero cae no segundo pau nos pés de Diego que marca a pracer. O Berta vaise facendo dono do partido, e así no minuto 73, chegaría o gol da tranquilidade, nunha boa xogada pola banda dereita, tocando o balón dentro e a fóra constantemente e o final un pase que recolle Lio dentro da área, remata co interior da perna dereita e manda o balón ao fondo da rede. Tres puntos importantes para levanta-la moral do equipo.

Cadete B 1 - CD Conxo Santiago C 0
Partido moi cedo o xogado polo noso cadete este Domingo fronte ao Conxo Santiago, equipo trampa que aínda que iba abaixo sabíamos que nos poderían poñer en apretos en calquera momento. Saímos ao campo con moi pouco ritmo sobretodo na faceta ofensiva, polo que nos custaba moito sorprender ao rival para crear claras ocasións de gol. A mellor noticia da mañá foi a victoria e outro partido máis coa portería a 0. Partido bastante malo o xogado polo noso cadete B. Seguimos coa racha de victorias e agora chegamos á parte máis importante da tempada, onde xa nos enfrontaremos cos equipos de arriba e buscaremos continuar coa racha para meternos nos postos de playoff. A semana que ven visitaremos ao Victoria, equipo que vai detrás nosa a 4 puntos. A continuar traballando e mellorando rapaces!!!!

Cadete C 2 - AD Manuel Peleteiro 2
Partido moi disputado ondo non fomos quen de mellora-lo resultado a pesares dos tres paus que tivemos e de varias ocasións claras de gol. Empate que sabe a pouco e con este mal sabor de boca de recibi-lo gol do empate nos intres finais do encontro mediante unha falta. Seguimos traballando e formando.

Xuvenil A 1 - E. Estrada FB 0
Partido moi intenso e trepidante o disputado na tarde do Sábado no Municipal de Bertamiráns. Comezou moi ben o noso Xuevnil A, xa que nos primeiros minutos gozaba de oasións claras para marcar; así no minuto 3 Málvarez facía o 1-0 despois de rematar na área pequena un saque dende o curruncho botado por Rodri. O rival amosou unha intensidade moito máis agresiva da que presentou no partido de ida e iso provocaba que os nosos non foran quen de remata-las xogadas dunha maneira sinxela. No minuto 15 despois de unha boa xogada colectiva na que o equipo conseguiu move-lo balón en amplitude e profundidade, Rodri remata só dentro da área pero envía o balón por riba do longueiro. O equipo estivo ben en defensa e soubo aborta-las chegadas do equipo rival que non foi quen de ter ocasións claras. Co 1-0 marchamos camiño dos vestiarios. Na segunda metada o partido seguiu coa mesma tónica pero agora as achegas dos locais non eran tan claras, ademáis o dianteiro Málvarez resíntese dunhas molestias previas e foi substituido por Ferreiro no minuto 62. No minuto 75 o partido complícase despois dunha xusta expulsión por cartón vermello directo a Dopazo despois de unha patada por detrás a un rival; o equipo aquí tivo que reorganizarse pero soubo contragolpear e ter as ocasións máis claras da segunda metade, primeiro cun disparo de Ferreiro que marcha lambendo o poste esquerdo do porteiro, despois de pelexar e conseguir unha boa xogada individual por velocidade e forza, e despois outra nas botas de Mauro na que o seu remate marchase fóra por moi pouco despois de rematar dentro da área no segund pau. O equipo soubo sufrir e sacar estes importantes tres puntos para seguir na pelexa por entrar no playoff de ascenso.

Cordeiro CF 4 - Xuvenil B 2
Partido disputado onde se impuxo o mellor físico dos locais; na primeira metade os nosos rapaces disfrutaron das mellores ocasións de gol, pero quen marcou o 1-0 foron os locais no minuto 24; despois de un erro de concentración á hora de defender un saque de banda, que provoca un tiro lonxano que Ángel non consegue blocar. Na segunda metade o equipo entrou coa intención de reverte-la situación pero unha vez máis un erro de concentración defensivo onde non despexamos en longo e metemos un balón ó medio que recolle o rival para xogar sinxelo cara ó borde da área e fusilar ó noso gardamallas. Minuto 48 de partido e 2-0; o equipo inda así non lle perdeu a faciana ao encontro e seguiu tentando ata que no minuto 80 Dylan de tiro lonxano acada o 2-1. A partires de aquí minutos tolos onde o Bertamiráns volcouse a polo encontro e Mateo tivo o empate nunha gran xogada individual onde remata forte o pau longo e o balón vaise fóra por centímetros. Despois co equipo volcado os locais fan o 3-1 no minuto 88 e de seguido nada máis sacar de centro Dylan manda un balón longo que Guille recepciona e consegue o 3-2. O cuarto gol caeu no desconto co equipo volcado en ataque xa buscando balóns longos á área. Unha mágoa pero debemos de seguir nesta liña.

UD Bastavales 0 - Sénior 1
Presupoñíamos que ía ser un partido moi duro e así foi. Dende o principio puidemos ver un Bastavales cunha presión ben traballada, moi alta e ben definida, con direccións moi marcadas por quen iniciaba a acción defensiva; boas distanzas entre os participantes e axustes moi ben definidos na liña de medios e defensores. Ás veces por falta de seguridade ou non querer asumir situacións de estrés, outras por falta de precisión na acción técnica e outras por desaxustes na execución dos mecanismos previstos non fomos quen de domina-lo partido por medio do balón. Fomos capaces de saír da presión algunha que outra vez e de combinar algunha máis grazas a algún segundo balón gañado, iso fixo que dispuxéramos dalgunha ocasión de gol; menos das que nos gustaría. Do mesmo xeito ca nós, os nosos veciños tampouco dispuxeron de moitas ocasións de gol, un par de remates de testa en accións a balón parado e outros dous tiros dende fóra da área. Ao final o encontro foi como acostuman a se-los derbis, moita loita e moito esforzo pero xogo o xustiño. 0-1 con gol a balón parado e 3 puntiños. Para a semana máis!

Gol de David coa testa na victoria do Sénior no derbi.

Gol de Leo Vázquez na victoria do Biberón A.

Gol de Manu de gran tiro lonxano para o Infantil A.

Gol de Aarón despois dunha gran combinación con Antonio na victoria do Alevín B.

Gol de John E para o PB A.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal