Xornada 12/06/2022

O Cadete B clasifica para a final da Copa do SAR.

O Cadete B clasificouse para a final da Copa do Sar despois de golear en semifinais ó Silleda CF. Por outra banda remataron as fases de ascenso para o Infantil C e o Xuvenil B sen éxito despois dunha gran tempada de ambolos dous conxuntos.

ACD EF Arzúa 3 - Infantil C 2
Gran partido o disputado polo noso infantil, que de non ser pola actuación do árbitro houbese acadado un resultado moi positivo. O equipo presentouse con numerosas baixas e tivo que tirar de alevíns, que fixeron un gran partido. Na primeira metade o equipo controlou o xogo en todo momento e apenas sufriu achegas do rival, froito deste abrumador dominio o equipo marchou os vestiarios cunha vantaxe dun gol no marcador. Na reanudación un erro moi grave do colexiado supuxo o empate do rival, neste intre surxiron os nervos e o equipo comezou a sufrir imprecisións e concesións en defensa que nos levaron a encaixar 3 goles. Aínda así o equipo reaccionou e reduciu distanzas e volveu a recupera-lo control do partido, conseguindo mete-lo rival na súa propia área pero non conseguimos materializar ningunha das ocasións das que desfrutamos.

Infantil C 0 - Cidade de Ribeira B 0
Partido moi disputado no que o equipo competiu diante do mellor equipo da fase de ascenso. Foi un partido con poucas ocasións onde os nosos rapaces defenderon moi ben pero no que non puideron facer moito dano arriba debido a diferenza de corpo e idade dos nosos alevíns coa súa defensa. Destaca-la actuación dos nosos porteiros, Javie e Jean Pierre, que desbarataron algún man a man complicado que puido supoñe-la nosa derrota.  Remata así unha gran tempada na que nos faltou competir mellor na fase de ascenso pero tamén hai que dicir que sufrimos moitas lesións. Parabenizar a Mario, Amanda, Hugo Santamarina, Hugo Castro, Carlos Daniel, Jorge, Canay, Bonome, Yago, Diana, Martín, Javi e Jean Pierre pola gran tempada que fixeron e polo seu esforzo e compromiso.

Cadete B 4 - Silleda CF 1
Partido competido que comezou con dúbidas por parte do noso equipo que resultaron cun gol en contra despois dun centro lateral. A partir de ahí o equipo recompúxose e empatou cedo e comezou a defender mellor e ataca-los desaxustes do rival. Ao descanso o equipo gañaba por 3-1 con dous goles de Suárez e un de Pablo. Na segunda o guión non mudou e os intentos do Silleda foron neutralizados pola nosa defensa. Unai fixo o derradeiro 4-1 nunha contra e co rival volcado.

Compañía de María 0 - Xuvenil B 2
Bo partido o disputado hoxe polo noso xuvenil B diante do Compañía de María nas Cancelas. Dende o minuto un, tomou en todo momento a iniciativa no xogo consiguindo un dominio total en moitas fases do partido. Certo é que, apesares de non xogarnos nada o partido foi moi intenso e disputado. Quédome con este último encontro da fase de ascenso dun traballo moi serio do equipo e co obxetivo de remata-la tempada cunha victoria e a esperanza de que podamos o ano que ven volver a pelexar e conseguir sí ou sí ese ascenso tan desexado.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image