Xornada 12/12/2021

This image for Image Layouts addon

Gran xornada para a nosa base onde acadamos 19 victorias.

Xornada propicia para a nosa base onde acadamos 19 victorias, un empate e tan só 3 derrotas, sendo unha delas na complicada visita a cidade deportiva de Abegondo por parte do Cadete A.

SD Villestro B 0 - Biberón A 1
Partido moi disputado esta mañán polo noso Biberón A que acadou unha victoria pola mínima e amosou parte dos conceptos aprendidos nestes primeiros meses de fútbol.

SR Calo 4 - Biberón B 0
Partido dominado de principio a fin polo noso rival, onde a superioridade física quedou de manifesto durante todo o partido, con numerosas ocasións do contrario e moi poucas nosas.

Pb A 4 - SD Compostela 2
Preciosa mañá de fútbol a que disfrutaron os nosos prebenxamíns. Disfrutamos no campo e fora del, seguimos formando ós máis peques polo bo camiño.

EDS Santa Marta 4 - Pb B 4
Partido moi entretido o vivido en Belvís, con alternancias continuas entre os dous equipos que pelexaron ata o final pola victoria aínda que o empate fixo xusticia. A seguir medrando.

Benxamín A 14 - SD Xuv. Aguiño 0
Tres puntos máis para seguir líderes. Partido controlado polos nosos rapaces dende o principio.

Cidade de Ribeira 2 - Benxamín B 9
Moi superiores individualmente ó rival, xa que no minuto cinco o equipo gañaba 0-4. O resto do partido non tivo historia, a relaxación fixo q encaixáramos dous goles na segunda parte.

Benxamín C 4 - Victoria C 3
Gran victoria do equipo diante dun tival que ía por riba na clasificación. Gran primeira metade onde os nosos acadaron unha vantaxe de 4-1. Na segunda parte o equipo relaxouse demasiado e estivo a piques de perde-los tres puntos nos derradeiros minutos.

EDS Santa Marta B 0 - Benxamin D 4
Primeira victoria dos nosos nenos en liga, no campo de Santa Isabel, partido que se puxo de cara no minuto un adiantámonos no marcador e marchamos ao descanso cun 0-3 a favor. Na segunda parte viría o cuarto gol.

(FUTSAL) Benxamín 4 - Stellae FS 3
Partido moi disputado onde os nosos impuxéronse gracias a unha gran defensa e a que souberon gañar os duelos individuais contra o rival. Moi bo traballo ante un equipo moi exixente. Gran victoria dos nosos nenos.

SD Milladoiro 1 - Alevín A 6
Partido cómodo para os nosos que dominaron o partido desde o primeiro minuto, xerando moitas ocasións ata acada-lo resultado final.

Dubra 1 - Alevín B 8
Nesta ocasión o Alevín B saiu moi concentrado e mostrou a súa teórica superioridade. Aos poucos minutos do comezo do partido chegaron as primeiras ocasións e, con elas, os primeiros goles. Grazas a este fulgurante arranque, ao descanso o equipo xa gañaba con comodidade.

Alevin C 7 - Peleteiro 2
Partido duro e complicado, pero o rival veuse abaixo físicamente e conseguimos xerar numerosas ocasións para acada-los tres puntos.

Alevin E 1 - Vedra 4
A pesar de gozar das mellores ocasións na primeira metade, tres despistes pasáronlle factura aos nosos. Bo partido de ambos conxuntos onde o resultado non reflexa de todo o acontecido no verde.

(FUTSAL) Alevin A 8 - Club San Francisco de Teo 0
Partido onde os nosos foron moi superiores ó rival dende o pitido inicial.

(FUTSAL)Alevín B 6 - Estrada F.S. 0
O alevín b impúxose ao Estrada F.S. Foi un partido falto de dinamismo por parte dos dous equipos. Así mesmo, a intensidade tampouco foi a desexada. O encontro non tardou en decidirse; os locais mostraron a súa superioridade ante un rival que lle puxo intención pero que non foi quen de competir de ti a ti contra os nosos.

Infantil A 2 - Atl. Cor. Montañeros CF 1
Derradeira xornada da primeira volta. Encontro disputado polos dous conxuntos, os cales intentarían xogar o maior tempo posible en campo contrario e onde os nosos non terían a fortuna de materializar algunha das claras ocasións das que dispuxeron. O rival intentaba dominar pero sen perigo, gracias ó despliegue físico que fixeron os nosos xogadores. A valoración do partido é moi favorable, onde por primeira vez na tempada os nosos rapaces foron quen de demostra-lo equipo que son, animándose, apoiándose e chegando ás axudas.

Rois 0- Infantil B 12
Superioridade moi clara por parte do noso equipo, onde pronto abrimo-lo marcador, as ocasións foron constantes e ningunha pola parte contraria. Puido ser máis ampla a vantaxe.

Victoria C 0 - Indantil C 4
Partido moi traballado por parte dos nosos rapaces que sentenciaron na primeira metade cun parcial de 0-3. Na segunda metade o equipo non soubo materializa-las numerosas ocasións das que dispuxo. Temos que seguir mellorando en ritmo de xogo e na finalización das xogadas.

Infantil D 3 - At. Fátima 2
Primeira victoria dos nosos en liga diante dun rival que lle puxo as cousas moi difíciles. Ó final os nosos rapaces traballaron moi ben durante todo o encontro con gran intensidade e sacrificio o que propiciou que conseguiran esta ansiada victoria. Toca seguir traballando para que poidan chegar moitas máis.

RC Deportivo 5 - Cadete A 0
Visita sempre compricada a Abegondo. Os nosos comenzaron cun gol en contra no primeiro minuto tra-la escorregada dun dos nosos xogadores, non acostumados á superficie de herba natural. A partir de ahí, teríamos media hora boa na que logramos ter dúas ocasións de gol. No remate da última, na contra, o rival acada o 2-0. A partires de ahí, o rival fixose co partido e non fomos quen de paralos. Aínda así, bo traballo dos nosos, que siguen mellorando.

Bastavales UD 2 - Cadete B 5
Mal inicio de partido, non somos quen de mudar esta dinámica inicial. Fixemos unha primeira parte horrible, sen intensidade nin acerto e fómonos ao descanso perdendo 2-0. Despois de aclarar as ideas e muda-lo plantexamento, saímos moito máis intensos e comezamos a xerar ocasións máis claras. Conseguemos marcar cinco goles e darlle a volta ao marcador aínda marrando dous penaltis. O equipo consegueu os tres puntos pero non marchou contento, xa que tiramos unha parte enteira, toca traballar para pecha-los partidos e non sufrir tanto.

SD Milladoiro 1 - Cadete C 10
Partido que quedou sentenciado na primeira metade cun parcial de 0-8. Na segunda metade o equipo seguiu dominando pero dunha maneira máis relaxada o que propiciou o tanto do rival. Temos que mellora-la concentración para non caer na desidia que outro día pode darnos un susto máis grande.

Cadete D 2 - EF Lalín B 1
Esta mañá o noso cadete D medíase fronte ao Lalin B no municipal de Bertamiráns. Despois de poñerse por diante na primeira metade o Lalín B empataría o encontro cun gol totalmente desafortunado, en propia meta dun dos nosos tratando de realizar un despexe. Despois de saír dos vestiarios no descanso e reforzar uns conceptos o equipo saíu máis enchufado pero a pelota non quería entrar na portería rival. Non sería ata o tempo engadido cando unha falta lateral, lanzada polo noso capitán Queiruga, que entraría dentro da porteria tras un intento de despexe do equipo rival. Merecida victoria dos nosos.

Xuvenil A 2 - Orillamar 1
Tres puntos chave para os nosos que buscan colarse en postos de playoff. O partido comezaría ben para os nosos que se porían por diante cun 2-0 e xerando varias ocasións máis. Nos últimos minutos, encaixaríamos o 2-1 final e tocounos sufrir ata o pitido final.

Senior 5 - Bastavales UD 1
O Bertamiráns síntese moi ben xogando na casa diante da súa afección e volveuno demostrar, tres puntos moi importantes que serven para separarse dos que veñen por baixo e seguir máis preto dos postos altos da clasificación, o senior estivo ben plantado en defensa e moi acertado de cara a gol, de ahí o resultado final.

Golazo combinativo do Alevín C, participan Martina, Antón e Unai.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Image