Novas

Xornada 13/02/2022

Gran victoria do noso Infantil C na Estrada

Nesta xornada destacámo-las victorias a domicilio do Infantil A e máis do Infantil C, nas que amosaron que poden acadar unha praza nos vindeiros playoff de ascenso. Pola contra o Cadete A deixou pasar unha grandísima oportunidade na súa visita ó San Tirso xa que perdeu nos derradeiros intres do encontro.
Por outra banda o fútbol non foi xusto co noso Sénior que mereceu máis ca un punto no seu partido fronte ó ADN.

Praiña SC 0- Biberón A 4
Partido claramente dominado polos nosos pequenos xogadores onde demostraron as melloras dos derradeiros partidos xunto cunha grande efetividade cara a porta, ademáis conseguiron neutralizar as xogadas do rival.

Biberon B 0 - SR Calo 4
Partido dominado polo contrario, pero onde pouco a pouco imos vendo a melloría dos nosos. Neste encontro xa tivemos máis ocasións e foi máis disputado, incluso marcamo-lo ansiado gol que tanto se nos resisteu. A seguir disfrutando e mellorando nos adestramentos.

PB A 4 - At. Fátima 0
Bonita mañá de fútbol base no municipal, con partidos de F8 a todas horas.
Os nosos nenos puxeron todo o seu esforzo no campo e demostraron esas gañas que teñen por este deporte. Noraboa pola actitude e esforzo.

PB C 7 - Cordeiro CF B 0
Partido disputado con moita auga no municipal de Bertamiráns que non impideu que os nosos pequenos disfrutaran co balón. Continuamos aprendendo paseniño e disfrutando cos mais pequenos deste espectacular deporte.

Cidade de Ribeira 3 - Benxamín A 1
Un fortísimo Ribeira que impuxo un ritmo moi alto que os nosos pequenos non foron quen de igualar, sufrimos a primeira derrota da tempada. Non queda outra que traballar máis forte para repornos desta anomalía.

Benxamín B 4 - ADN 1
Partido sufrido onde o rival consegue pornos contra as cordas, xa que chegamos ó descanso co resultado de 0-1. A segunda parte so tivo unha cor, xa que o dominio por parte dos nosos foi absoluto, ademáis o rival non foi quen de xerar ocasións. Destaca-lo traballo de Lucas na primeira metade que foi quen de facer varias paradas chave que non permitiron ó rival distanciarse no marcador.

Benxamín D 3- A.D Manuel Peleteiro B 3
Partido moi disputado entre dous equipos da mesma zona da clasificación. Adiantaríase no marcador o equipo visitante cun gol en propia meta, empataríamos de seguido e na última xogada da primeira parte voltaría marca-lo equipo vistante de novo dun saque a balón parado- A segunda parte comezaría con dous goles do Bertamiráns para darlle a volta ó marcador e nos minutos finales marcaría o Peleteiro o 3-3 definitivo, resultado xusto nun gran partido de ambolos dous conxuntos.

Alevín A 15 - Victoria FC 1
Partido plácido para os nosos alevíns, que acadaron unha amplia vantaxe sobre o rival dende os primeiros minutos. Comeza a segunda volta, onde esperemos acadar resultados semellantes aos que conseguimos na primeira.

Alevín B 7 - CD Rois 0
Mal partido do noso Alevín B. O equipo gañou e iso, habitualmente, acostuma a facer que non miremos máis alá do resultado. Os nosos rapaces, no seu conxunto, teñen un nivel maior aos compañeiros de Rois e por iso acadaron os tres puntos. Así mesmo, se realmente queremos progresar debemos ser moitísimo máis precisos, decidir rápido e executar á mesma velocidade. Obviamente aínda estamos pouco máis que no comezo da nosa formación e queda moito por diante pero debemos ser máis valentes e non ter medo a cometer erros. Os erros son intrínsecos a calquera persoa, adestrador, xogador, xogadora... e son tamén grandes amigos se realmente queremos progresar, deles podemos aprender moito. Lembrar, por último, que só podemos aprender dos nosos feitos cando realmente prestamos atención ao qué facemos. Queda pois, manter unha actitude positiva e continuar traballando e tratando de disfrutar do proceso.

Alevín C 6 - At. Fátima C 1
Partido dos nosos Alevins moi serio, dende o inicio do partido cunha gran intensidade dos nenos tanto en defensa, concedendo moi poucas ocasións de gol, e moi acertados cara a porta. En resumo, un moi bo partido en tódo-los sentidos. Agora a seguir traballando para tratar de gaña-lo próximo partido.

Alevín D 0 - Conxo Santiago 0
Diante do mellor rival da liga atopamos o noso mellor xogo. Dominamos na primeira metade sen concederlle ningunha ocasion ó Conxo, a presión executada non permitiu saír ó rival do seu campo. A segunda metedade foi máis parella con ocasións para ambolos dous onde comezou a asoma-lo cansanzo e polo tanto as imprecisións. Unha mágoa non conseguir perfora-la rede, un resultado excaso para as ocasións das que dispuxemos. So queda seguir aprendendo e mellorando. Noraboa os nenos polo traballo amosado no encontro.

Alevín E 2 - E. Estrada FB C 0
Partido moi serio dos nosos pequenos que lle pasaron por riba a un equipo que non amosou oposición algunha. Os paos e a mala fortuna evitaron unha goleada local.

(FUTSAL) SD Villestro 5 - Alevin A 6
Gran partido o disputado por ambolos dous conxuntos, con alternancias no marcador ata que os nosos conseguiron un 3-6, pero o rival reaccionou nos minutos finais do partido e apretou ata acada-lo definitivo 5-6.

(FUTSAL) SD Villestro 4 - Alevín B 4
Partido igualado, onde os alevíns de primeiro ano xogaron un gran partido diante dun rival moi duro. O partido puido caer de calquera lado pero o final o empate foi xusto para os méritos amosados por uns e outros.

CD Calasanz 1 - Infantil A 5
Primeira saída A Coruña da tempada, o encontro decidiríase na segunda metade, onde o saír do descanso, o Calasanz tería unha ocasión inmellorable para empatar, pero o balón non acabaría na nosa rede. Despois dese susto, os nosos rapaces amosarianse máis serios e incrementarían o ritmo durante 10 minutos para sentenciar e pecha-lo encontro. Destaca-lo tempo, xa que os fortes chubascos e o vento, que se presentarían por ocasións, dificultarían a práctica deportiva.

E. Estrada FB C 1 - Infantil C 4
Gran partido o disputado polos nosos xogadores na Estrada diante dun rival directo para as nosas aspiracións clasificatorias. Os rapaces disputaron un gran encontro, onde ademáis de xogo, amosaron unha gran intensidade nas disputas, cualidade que se lles demandaba durante toda a tempada. Ademáis non concederon agasallos na súa área como viña sendo habitual, o cal demostra que avanzamos na concentración. No que respecta ó partido, o Bertamiráns xogou unha primeira parte fantástica e froito do control de xogo amosado, foise os vestiarios cun parcial de 0-2 a favor. Na segunda metade o rival apretou nos primeiros intres, e o equipo sufreu pero soubo repoñerse para voltar a impoñerse futbolísticamente e acadar unha gran victoria por 1-4. Debemos de parabenizar ós rapaces polo gran encontro que fixeron. Toca seguir traballando e non abandonar esta liña amosada na Estrada.

SD Tordoia 3 - Infantil D 0
Mal partido o xogado polos nosos no campo do Tordoia. Dende o primeiro minuto fomos sempre inferiores tanto en xogo como en ocasións. Non fomos quen de amosa-lo bo fútbol desplegado nos anteriores partidos. Non xeramos ocasións para poder nin sequera achegarnos no marcador.

San Tirso 4 - Cadete A 3
Unha mágoa o vivido onte na Coruña, onde os nosos chegaron a poñerse 0-3 e acariciar 3 puntos de ouro. Tra-lo 1-3 antes do descanso, o equipo sería quen de mante-la vantaxe ata os últimos 10 minutos, onde viron como o rival remontaba o partido. Toca seguir e non desanimarse.

Cadete B 2 - EFM Boiro B 4
Moitas baixas e moitas lagoas tamén no partido desta fin de semana. Despois das boas sensacións da pasada semana, levamos unha cura de humildade. As circunstancias levaron a facer bastantes trocos no once inicial pero non podemos poñer nada como excusa. Non estivemos ao noso nivel en ningún momento e ten que servir como toque de atención para non despistarnos máis e asegura-la segunda posición.

SD Cruces 3 - Cadete D 0
Moi mal partido do noso cadete D, tanto en actitude como en xogo. Atrevémonos a dicir que foi o peor partido da tempada con diferenza. Atopámonos contra un SD Cruces con moitas gañas de competir e de gaña-lo partido. Isto xuntándose coas poucas gañas amosadas polos nosos no terreo de xogo fixo que perdéramo-lo encontro por 3-0. Esperemos non volver a repetir un partido coma este no que queda de tempada.

CF Noia B 1 - Xuvenil B 2
Partido moi serio o que dispotou o noso Xuvenil en Noia. Nunha primeira parte onde non houbo moitas ocasións fomos quen de adiantarnos cun gol de penalti. A segunda parte cambia a tónica do partido xa que eles arriscaron máis e aparecían os espazos e as ocasións para o noso Xuvenil, pero non eramos quen de marca-lo gol da tranquilidade. Este chegou nos minutos finais, aínda que no desconto despois dun erro nun saque dende o currunch o Noia acorta distanzas, pero non houbo tempo para máis.

ADN 1 - Sénior 1
Partido onde o Bertamiráns domina a posesión, co rival pechado en campo propio tratando de saír á contra. No primeiro tempo, o Bertamiráns crea numerosas ocasións e o suficientemente claras para adiantarse pero o porteiro do ADN fai un bo traballo para mante-la portería a 0. Antes do descanso chega a primeira oportunidade para o ADN á contra, desbaratada polo noso porteiro. O partido vaise empatado ós vestiarios. Na segunda metade o ADN sae máis pechado se cabe, e o Bertamiráns continúa o asedio, coma na primeira metade, o porteiro do ADN acerta a desviar cada tiro que vai entre os tres paus. Unha vez máis, no fútbol, quen perdoa paga e no 84 ó contragolpe o ADN consegue sacar un córner e converteo en gol. 1-0 Quedaba pouco e o rival xa non podía pecharse máis atrás, Bertamiráns sigueuno intentando e chegou o gol támen de saque dende o curruncho no desconto. Un Punto que non serve para achegarse ó obxectivo. Xa non dependemos de nós pero seguiremos pelexando. Quedan 3 xornadas e pode pasar de todo en cada unha, non podemos baixa-los brazos agora todo o contrario hai que apretar máis ca nunca.

Gran gol de Efren para o noso Biberón A.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal