Novas

Xornada 13/03/2022

O Infantil B saleu campeón de liga

Parabenizamos ó noso Infantil B que se proclamou campéon do seu grupo esta fin de semana, agora toca traballar para consegui-lo ascenso a liga galega no playoff.
Destacamos tamén a victoria do Xuvenil A e o empate sacado polo Cadete A na Coruña.

Biberón A 1 - SD Cacheiras 2
Partido moi disputado polos dous equipos que están na cima do grupo e que se resolveu a favor visitante, unha vez que as forzas afloxaron e apareceron os erros causados polo gran esforzo feito polos nosos. Unha mágoa non contar con tódolos efectivos neste importante partido. A seguir aprendendo e traballando.

Biberón B 0 - SD Villestro 4
Encontro dominado clarisimamente polo noso contrario, onde se veu que teñen moita máis velocidade, maior dominio de balón e moita mellor colocación no campo. Era visto que con todas estas cualidades non tiveran problema algún para levarse a victoria en tódo-las partes do encontro. Temos que seguir mellorando paseniñamente.

SD Compostela 1 - PB A 5
Nova victoria do noso equipo, onde os nenos continúan coa súa progresión! Partido dominado de principio a fin polos nosos que se adaptaron mellor as diminutas dimensións do campo e foron máis efectivos que os locais.

PB B 4 - EDS Santa Marta 1
Mañán fría e con choiva na que os nosos nenos desfrutaron do fútbol. Partido moi completo dos nosos onde comezamos a ver a súa progresión xa que foron quen de por en práctica conceptos novos que mecanizaron nos adestramentos. Toca seguir traballando para mellorar.

Benxamín A 18 - SD Villestro 0
A pesar da tal superioridad ante o rival, o xogo dos nosos foi dos máis precisos da tempada polo que acadaron unha victoria moi contundente ante un dos pechacancelas da Liga.

Benxamín B 10 - Cidade de Ribeira 0
Gran partido onde deixamos de lado as dúbidas amosadas nas derradeiras semanas. Non debemos de baixa-la garda e seguir neste camiño.

Benxamín C 3 - SD Dubra 4
Partido moi competido diante do líder da categoría. O equipo non obtivo a recompensa que merecía polos méritos que fixo durante o partido, sobre todo na segunda metade onde foi claramente moi superior.

Benxamín D 1 - EDS Santa Marta B 3
Partido igualado entre dous equipos da parte baixa da clasificación, que se decantou para o equipo visitante! Primeira parte co resultado 0-0 onde dominou o equipo contrário, e na segunda parte chegarían os goles, no que o encontro se decidiu por pequenas individualidades

(FUTSAL) Noia FS 1 - Benxamín A 9
Partido horrible dos nosos pequenos que non foron quen de dar máis de dous pases seguidos, pero que a superioridad ante o rival era tal que chegoulles para golear. O resultado non reflicte o visto no encontro.

EF Lalín 0 - Alevín A 3
Partido moi traballado diante dun rival que esperou atrás buscando así os contragolpes. O equipo foi quen se ser paciente para atopa-las ocasións e finalizar con acerto dende fóra da área.

SR Calo 5 - Alevín B 5
Partido durísmo o desta fin de semana. Os nosos esforzáronse moito e como consecuencia acadaron un bo empate. Non puidemos xogar como nos gustaría posto que facía moito frío e tamén chovía moitísimo, tanto é así que algún dos rapaces non foi quen nin de poder xogar.

Peleteiro B 4 - Alevín C 6
Partido cómodo na primeira metade onde fomos capaces de acadadar un parcial de 0-5 ó descanso cun gran traballo. Complicámonos a vida tras baixa-la intensidade e cometendo varias faltas que o rival converteu en gol. Toca aproveita-la marxe e seguir traballando para aumenta-las distanzas cos rivais.

ED Vedra 2 - Alevin E 6
Segue a racha de victorias dos nosos pequenos. Malia verse 2-0 abaixo, vinte minutos moi bos dos nosos fixeron mella no equipo rival, o cal goleara na ida. Os nosos demostran a súa gran progresión como grupo.

(FUTSAL) Stellae FS B 1 - Alevín A 7
Partido moi cómodo no que os rapaces impuxeron a súa pegada, puideron acadar un marcador máis amplo.

(FUTSAL) Alevín B 11 - Estrada 1
Bo partido da nosa equipa no futsal, comezamos enchufados e pouco a pouco fomos acadando ocasións e goles. O noso rival foi pouquiño a pouco apagándose e perdendo a esperanza de poder acadar un resultado positivo.

(LUIS CALVO) Cidade de Ribeira 2 - Alevín 4
Arranque favorable para os nosos, que se adiantaban por 0-2 na primeira parte. Pero á volta de vestiarios o rival foi quen de remontar e poñernos contra as cordas durante moitos minutos. A partir de ahí, nos intres finais, lograríamos os dous goles para pecha-lo encontro.

Bergantiños CF 2 - Infantil A 0
Visitábamos Carballo para xogar contra un rival que nos deixara boas sensacións.
Veríamos un primeiro tempo igualado, onde o Bergantiños levaría o peso do partido a base de posesión, con boas circulacións, nembargantes, os dous disporiamos de ocasións que non subirían ó marcador. Axustaríamos na segunda metade, e sairíamos mellor, pola contra, cando mellor estabamos atopámonos co mazazo do primeiro gol en contra, e sen tempo para reaccionar, encaixamo-lo segundo. Parabeniza-lo Bergantiños pola súa clasificación e polo fútbol despregado. Como nota negativa, mandar moito ánimo ao noso xogador Rubén Rama, sufreu unha lesión a cal o manterá afastado dos terreos de xogo, por un tempo. Ánimo Rubén!

AD Nicrariense 0 - Infantil B 2
Os primeiros compases do partido foi moi igualado, con moi poucas ocasións para os dous equipos, onde era dificil atopar ocos debido principalmente as dimensións do terreo de xogo. Rematamos a primeira parte co resultado inicial. Pero no inicio da segunda parte o noso equipo saíu con máis intensidade, con máis velocidade de balón, o que levou a facernos claramente co encontro. Os goles foron de Viqueira e Cape. Sinalar que este equipo definitivamente xa é primeiro do seu grupo e clasificado para fase de ascenso á liga galega.

SD Villestro B 2 - Infantil C 1
Partido moi igualado e con poucas ocasións. Ambos conxuntos non foron quen de impo-lo seu xogo o que derivou en moitas imprecisións, sobre todo no medio campo. Antes do descanso adiantouse o equipo local nun gol tra-lo saque dunha falta mal defendida polos nosos. Á volta de vestiarios o Bertamiráns entrou mellor no encontro e acadou o empate ós poucos minutos da reanudación. Ó final unha falta inxusta no último minuto deulle a victoria ó equipo local.

Infantil D 1 - CD Sar  Extramundi 6
O equipo tivo un bo comezo de partido cunha primeira hora de xogo moi boa. Un gran traballo defensivo en grupo e un bo posicionamento dos xogadores no campo evitou que o equipo rival se achegase a nosa portería durante o primeiros trinta minutos. Unha vez acometimo-los trocos o equipo desaxustouse, perdeu intensidade e descolocouse, o que implicou que fosen caíndo os goles. Resumindo gran comezo de partido pero acabamos sufrindo por culpa dos nosos propios erros.

Ural CF  2 - Cadete A 2
Gran resultado o acadado polos nosos, que tras ir perdendo 2-0 a falta de dez minutos, foron quen de remontar. No minuto 71, Iván logra un gran roubo na frontal rival para acortar distanzas e, na derradeira xogada do partido, nunha falta lanzada dende medio campo, con 10 xogadores en área rival acadamo-lo empate. O equipo tirou de épica para salvar un punto trascendental para a recta final da primeira fase. Grandes!

SD Milladoiro 1 - Cadete B 3
Chegamos ao derbi de Ames coa necesidade de gañar para recupera-la distanza de tres puntos con respecto ao Ribeira. Foi un partido moi disputado no que o rival presionaba moi forte a arreóns grazas a fallos nosos. Nós mediante xogo directo conseguimos facer dano pola banda dereita e ir con vantaxe pola mínima 1-2 ao descanso. Na segunda parte conseguimos outro tanto para xogar máis tranquilos pero non fomos quen de desplegar un xogo atractivo como sabemos. Fomos prácticos e soupemos aproveita-las nosas ocasións nun partido gris onde houbo que bregar, disputar e pelexar.

San Pedro 1 - Cadete C 3
Partido condicionado pola climatoxía pola cal o equipo nunca estivo cómodo. A pesares diso a primeira parte foi de clara cor visitante onde dispuxemos de varias ocasións, aproveitando un par delas para irmónos 0-2 ó descanso. Á volta de vestiarios o encontro igualouse máis polo nosa relaxación que pola actitude do rival, a cal se veu reforzada co 1-2 logrado co lanzamento dunha falta lonxana (coa axuda do vento). Neste punto o equipo volveu a activarse logrando o 1-3 defenitivo e fallando varias ocasións incluido un penal.

Cadete D 1 - Praíña SC 0
No mediodia deste Domingo visitaba o municipal de Bertamiráns o Praíña. Partido trascendental para o noso cadete D para manterse nos postos altos da clasificación, xa que iniciabamo-lo encontro con tres puntos por diante do Praíña. Tras unha primeira parte na que chegamos a finalizar con claridade dúas ocasións chegamos ao descanso con empate a 0, as oportunidades máis claras foron por parte do equipo visitante. Na segunda parte tras reforzar uns conceptos no descanso si que foi nosa, as oportunidades máis claras tivémolas nós, metendo un gol. Un erro defensivo nos derradeiros cinco minutos provocou un penalti en contra o cal errou o equipo visitante. Finalizando o encontro por 1-0 a favor do noso cadete D. A seguir traballando!!!

Xuvenil A 2 - Conxo Santiago B 0
Bo partido o desta mañá, na que os rivais foron os que tiveron as primeiras ocasións do partido. Co paso dos minutos, os nosos asentáronse no campo e o partido igualouse. Tra-lo 0-0 ao descanso, serían os nosos os que lograronn os goles por medio de Iker, tras unha contra, e Gara, tras unha falta directa.

Xuvenil B 3 - AD Nicrariense 0
Xogaba o noso xuvenil contra o lider para seguir coa boa racha de resultados e xogo nesta segunda volta onde todos os seus partidos acabaron con victoria dos nosos. Empezabamos moi serios contendo o xogo do noso rival e tentando leva-la iniciativa co balón atacando as zonas ás costas dos carrileiros facendo moito dano e conseguindo adiantarnos no marcador. O Nicrariense seguìa ca mesma idea de xogo pero cunha moi boa defensa pola nosa parte non se achegaban con perigo. Pola contra cada chegada nosa era unha ocasión de gol e así conseguimos poñe-lo segundo e o terceiro no marcador para ir así ao descanso. A segunda parte simplemente era para xogar tranquilos e mante-la diferenza no marcador. A pesares das distintas ocasións de gol debido aos espacios xerados por mor da suba de liñas do noso rival o marcador non se moveu na segunda parte. Chega agora unha xornada de descanso coa sensación do traballo
ben feito

Sénior 2 - SD Cacheiras 1
O Bertamirans domina o xogo e adiántase na primeira oportunidade de gol, ós poucos minutos consegue amplia-la vantaxe e pon o 2-0 no marcador antes do descanso. Na segunda metade o Cacheiras leva o peso do partido, apreta e fai o 2-1 preto do final pero o Berta non baixa os brazos e desfruta das derradeiras oportunidades. Remata o partido 2-1 e o Berta certifica a así a quinta praza.

Gol de Antonio para o Benxamín A de bonita xogada individual.

Gol de Mateo de falta para o Alevín E.

Gol de Gara de falta para o Xuvenil A.

Gol de Brais á saída dun córner para o Benxamín C.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal