Xornada 14/11/2021

This image for Image Layouts addon

Por fin comezaron tóda-las ligas para a nosa base

Esta fin de semana deron comezo as ligas que faltaban polo tanto toda a nosa base comezou a competir e a divertirse nos campos de fútbol. Únicamente o Biberón A, que descansaba por se-lo seu grupo impar, e o Alevín A en futsal non tiveron xornada de liga.

Biberón B 0 - At. Fátima 4
Inicio de liga para os máis pequenos do noso clube, os Biberons B. Partido dominado de principio a fin polo equipo visitante con innumerables ocasións. Os nosos pequenos só puideron xerar moi poucas polo noso lado. Resultado final 0-4.
Hai que resalta-la boa entrada no municipal de Bertamiráns, onde o público asistente desfrutou moito dos peques e da súa deportividade, xa que a parte de xogar ó fútbol, nalgún momento ambos equipos fixeron paréntese para outros xogos.

Pb A 5 - Victoria FC 2
Preciosa mañá de fútbol a que desfrutaron os nosos prebenxamíns.
Desfrutamos no campo e fóra del, traballamos para formar ós mais peques na mellor práctica deste deporte.

Pb B 1 - Milladoiro 7
Primeiro partido de liga en campo grande para os nosos pbs de primeiro ano, diante dun rival de segundo ano. Bo partido dos nosos nenos onde pouco puideron facer diante dun rival superior físicamente.

Cordeiro 1 - Pb C 7
Primeiro partido de liga para o prebenxamín C que conseguiu a victoria en cordeiro. Partido para que vaian aprendendo os nosos pequenos e se divirtan xogando.

X. Oroso 1 - Benxamín A 2
Victoria importantísima do benxamín A ante un rival moi forte que non lle perdeu a cara en ningún momento do partido. A pesar de gozar das mellores ocasións, un penalti a prol dos nosos daba a victoria pola mínima.

(FUTSAL) Benxamin 15 - San Francisco de Teo 0
Estreno en Liga cunha victoria contundente dos nosos.

ADN 2 - Benxamin B 3
Mal partido dos nosos, que tras alcanzar unha vantaxe de dous goles non foron capaces de mantela durante todo o encontro, pois o rival reduciría a vantaxe por dúas veces. Aínda así, acadamo-la primeira victoria na primera xornada. A seguir!

Escola Estrada C 4 - Benxamín C 2
Estrea con derrota para o noso benxamín C. Unha parte para cada equipo, na que os pequenos detalles foron decisivos. Os nosos erraron un penal antes do descanso, quen sabe quizáis de marcalo o encontro tería outro gañador.

Alevín A 4 - Escola Estrada 3
Partidazo o vivido este sábado entre dous bos equipos. Os nosos dominaron o encontro na primeira metade, chegando a conseguir o 1-0 moi cedo. A partir de ahí, o rival replegado buscando saír á contra, acada o empate. Na segunda metade, o equipo botaría o resto para acabar logrando a segunda victoria da tempada. Toca seguir traballando para que os puntos sigan chegando. Ánimo para os peques!!

Alevín B 3 - Tordoia 1
Partido serio anque impreciso do noso Alevín B.
Temos q ser máis agresivos de cara a portería rival, non hai outra. Temos que ser máis contundentes, máis seguros, máis conscientes do que se fai e do que se espera de cada cousa q facemos.
Sexa como sexa, é un pracer compartir con rapaces que se esforzan día a día da maneira na que o fan.
Un séntese orgulloso.

(FUTSAL )Fátima B 0 - Alevín B 3
Como partido incial pensamos que non estivo mal.
Queda moitísimo traballo por diante, por parte do adestrador principalmente, (dise esto porque quen escribe pensa q o grupo ten gran capacidade para progresar) pero tamén por parte dos xogadores.
Este é un equipo comprometido e que se esforza; toca ser precisos e recoñecer que polo momento imos xustos. Queda un mundo por camiñar. Parabéns rapaces!!!

Conxo C 3 - Alevín C 2
Partido moi competido onde adiantáronse os nosos cunha boa xogada. A falta de rodaxe pasanos factura con tres despiste onde o Conxo non perdonou. Cara o final do partido reducimos distancia no marcador pero non fomos quen de acada-lo ansiado empate.

At. Fátima C 2 - Alevín D 8
Inicio da liga cunha victoria moi merecida, dende o inicio fomos superiores tendo o control do partido poñéndonos por diante dende os primeiros minutos e sufrindo moi poucas ocasións. Agora centrámonos no Victoria, quen será o noso próximo rival.

Escola Estrada C 2 - Alevín E 3
Partido dominado dende o inicio polo Alevín E, quen se atopou por debaixo no marcador durante case todo o partido con tan só dúas chegadas do equipo rival. Dous carambolescos e merecidos goles tardíos daban a primeira victoria ligueira aos nosos.

Xuv. Oroso 0 - Infantil A 4
Partido disputado en Sigüeiro no que os nosos rapaces fixeron un xogo moi práctico.
A primeira metade transcurriu dunahforma na que os nosos rapaces serían capaces de chegar preto da área rival, pero non serían quen de mante-la calma suficiente para ver e crea-lo espazo para poder culminar dunha forma plácida as xogadas. No descanso intentaríamos correxir distancias, e ahí foi cando nos toparíamos cos tan ansiados espacios e cos xogadores ben distribuídos. Temos que seguir nesta boa dinámica, sabendo que nos quedan moitos aspectos dos momentos de partido nos que traballar, e así poder fomenta-la súa formación.

Infantil B 5 - Unión Rianxo 0
Gran debut na liga. Partido controlado dende o pitido inicial, os nosos rapaces non pasaron moitos apuros en mante-la portería a cero e tiveron moitas ocasións para que o marcador fose máis abultado.

Infantil C 12 - Vista Alegre 1
Partido sen historia o desputado no municipal de Bertamiráns onde un rival que se presentou con dez xogadores non foi quen de presentar batalla. Os nosos rapaces aínda así non fixeron un gran partido xa que levaron un ritmo de xogo moi lento durante os noventa minutos, ademáis de permitir unha contra onde encaixaron o gol rival. A seguir traballando para mellora-la actitude.

S.D. Cacheiras B 9 - Infantil D 0
O Cacheiras foi un equipo moi superior durante todo o partido e en ningún momento deu opcións ós nosos rapaces para achegarse a súa portería. O noso equipo estivo moi perdido durante todo o encontro, non tivo reacción ningunha e co trascorrer dos minutos mostraba menos capacidade para achegarse á portería rival. Seguiremos a traballar para mudar esta dinámica.

Cadete A 0 - San Tirso 3
O partido puxosenos custa arriba cun gol moi cedo na nosa contra, a persares de tentalo non fomos quen de empata-lo partido.

Cadete B 1 - Noia 6
O equipo foi superado totalmente polo rival durante todo o partido. O Noia impuxo a súa clara superioridade física e a través de gaña-la maioría das disputas, balóns divididos e rexeites, por forza os goles foron caendo. Os rapaces dérono todo pero a diferencia física foi determinante. Xusta derrota.

Cadete C 9 - La Salle 0
Gran partido dos rapaces que sentenciaron na primeira parte con cinco goles. Xogaron moi intensos e non concederon ocasión algunha ó rival. Salienta-lo traballo dos nosos tres dianteiros xa que acadaron cada un deles un doblete.

SD O Pino 2 - Cadete D 2
O noso cadete D rasca un punto nun campo sempre complicado como é o da SD O Pino. Despois dunha moi mala primeira parte dos nosos con dous erros non forzados fomos ao descanso con dous goles por debaixo. Ao saír do entretempo o equipo mudou a súa actitude e dous goles de Christian Rojo puxeron o empate no marcador puidendo incluso consegui-la remontada con varias ocasións claras de gol.

Xuvenil A 2 - Bergantiños B 2
Partido marcado por unha segunda parte moi sería do equipo. Tras comezar perdendo 0-1, o equipo reaccionaria empatando o partido aos 3 minutos do segundo tempo. A partir de ahí, mostrariase con moitas ganas e chegaron as ocasions, podendo ponerse por diante en varias ocasions. Tras iso, o rival poriase por diante tras unha falta lateral. Puidose gañar, pero tamen perder. Toca seguir traballando para
que as victorias cheguen!

Oleiros 1 - Xuvenil B 2
Partido moi serio do xuvenil que comezaba a primeira parte atopando aos extremos e tendo varias ocasións de gol que coma sempre non era capaz de materializar, ata que mediada a primeira logra o seu obxetivo e adiántase no marcador. Minutos despois teria outra ocasión similar pero desta vez o balón sae lambendo o pau. Comenza a segunda parte e o Oleiros continuaba co seu plan de balóns directos sobre os dianterios esperando sobre todo un segundo balón para achegarse a nosa portería. Nunha destas un erro no balance defensivo caelle o balón diante do noso porteiro poñendo o empate no marcador.
Subimos liñas e sen pasar apuros atrás acadamos o ansiado gol que nos deu a segunda victoria.

Senior 2 - Urdilde 0
Parabéns ao senior polo bo traballo que levaron a cabo hoxe. Foi un pracer ver ao equipo repoñerse da última derrota, loitando todos cada balón en defensa e estivemos moi seguros co balón nos pés.
Ao igual que dixemos o último fin de semana, nin o outro día éramos tan malos nin este somos tan bos.

Destacámo-lo gol acadado por Lucas de falta co Infantil B.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Image