Novas

Xornada 15/01/2023

Sorte dispar para os nosos equipos esta xornada.

Malos resultados para Cadete A, Infantil A e Xuvenil B, que se complican as cousas na clasificaión para poder acada-los obxetivos marcados a principio de tempada. Destaca sobre todas a derrota do Xuvenil B na casa fronte un rival directo que viña de perder os últimos tres encontros por goleada.
Pola contra o equipo Sénior e mai-lo Xuvenil A sacaron adiante os seus partidos na casa, e o primeiro segue líder da competición e o segundo segue coas aspiracións intactas de meterse na fase de ascenso.

SD Compostela B 4 - Biberón B 0
Partido onde fomos superados polo noso rival, que contaba con xogadores de moita calidade que marcaron a diferenza no partido. Aínda así tamén se viu unha melloría dos nosos no xogo que practicaron.

PB A 3 - Crocha Balompé CF 0
Partido do noso Prebenxamín diante dun equipo moi ben traballado, custounos moito facerlle ocasións coma defenfe-los seus ataques. Partido moi igualado que se decantou do noso lado grazas a tres contragolpes moi ben executados; agora a pensar no vindeiro partido.

PB B 4 - CD Sar Extramundi 9
Resultado enganoso o acadado polos nosos nenos, no mellor partido xogado polo grupo ata o de agora e que chegou a estar igualado ata os derradeiros minutos, onde se perdeu un pouco o físico provocado polo esforzo e as baixas. Moi orgullosos dos nenos polo gran traballo e esforzo realizado.

(FUTSAL) At. Fátima 0 - PB B 4
Partido sen moita historia do noso PB no que quedou demostrada a grande diferenza entre os dous equipos. O mellor de todo e que acadaron te-lo gusto do gol tódolos xogadores de campo, polo que ledicia para todos. A seguir traballando.

E. Estrada FB 1 - Benxamín A 3
Sufrimos bastante máis do que parece polo resultado. Comezamo-lo partido dominando e froito do alto nivel amosado adiantámonos 0-1 despois de que Brais aproveitase un rexeite dun balón morto na frontal. Chegamos con vantaxe ó descanso. Na segunda parte o rival dominou e o noso porteiro, Lucas, sacou varias ocasión claras. Faltando dez minutos empátannos, tivemos sorte e na seguinte xogada poñémonos 1-2 cunha boa xogada de todo o equipo que materializa Breixo. Xa o final acadamos o 1-3 obra de Martín Silva. Temos que seguir aproveitando as boas sensacións e seguir medrando coma equipo, traballaremos duro!

SD Milladoiro B 0 - Benxamín B 8
Encontro en Domingo, no cal xogabamos de visitantes. Primeira parte igualada, onde o xogo estaría do noso lado pero non chegarían os goles. A segunda metade sería máis igualada en canto a xogo, pero en canto a goles seríamos máis eficaces. Bo partido dos nosos.

CD Rois 3 - Benxamín C 3
Partido de moita intensidas a amosada por ambo-los dous conxuntos. Ó chega-lo camiño dos vestiarios marchamos cun 0-1 a favor dos nosos. Na segunda metade sempre fomos por diante no marcador, pero faltando poucos minutos encaixamo-lo empate definitivo. Bo traballo do equipo e moi boas sensacións xa que se nota que o equipo vai progresando na súa formación.

Alevín B 3 - ED Xuv. Oroso B 4
Primeira derrota da tempada nun encontro que puido caer para calquera lado. Gran traballo dos nosos que non tivo a recompensa que agardabamos. Toca mellorar e seguir traballando durante os adestramentos.

Alevín C 4 - Carreira CF 2
Partido do noso Alevin C, un dos peores no que vai de ano con multitude de erros tanto en defensa coma en ataque; imprecisos nos pases, controles e golpeos. O mellor foi o resultado; espero sirva para darse conta de que non se gaña con saltar ao campo. Agora a pensar no vindeiro rival.

Alevín D 5 - Puebla CF B 2
Bo partido dos nosos que conseguen a primeira victoria da segunda fase.

SD Dubra B 1 - Alevín E 0
Esta xornada tocábanos desprazarnos ao Val do Dubra, un encontro no que comezabamos bastante serios e con ocasións de gol. O gol deles veu dun erro noso de non estar atentos ao rechace dunha falta e iso faría que foramos perdendo ao descanso. A Segunda parte ía ser mellor en canto a xogo noso e ocasións xeradas pero o balón non acabaría de entrar, unha mágoa xa que o xusto sería un empate e os nenos estiveron peleóns e cunha actitude positiva. Agora a seguir traballando para mellorar e ir medrando todos pouco a pouco.

CD Calasanz 3 - Infantil A 3
Sete minutos nefastos dos nos, tira pola borda o traballo de todo o partido e a perda de dous puntos importantes para mante-la distanza co segundo clasificado. Empezou o partido moi equilibrado, intenso, que levaba a perdas constantes do balón no medio campo. O 0-1 chegaría cedo, nun disparo dende a frontal da área grande por parte de Manu, pega nun defensa e desvía a traxectoria do esférico que remata entrando na meta contraria.Pouco despois o Calasanz daría a resposta, nun tiro raso dende o borde da área grande, que vai a cepa do pau dereito da meta de Antía, o cal é moi ben repelido por ela. No minuto 26 Álex adéntrase na área rival dende a banda esquerda cara o medio. Éste é derrubado pola defensa contrario e o colexiado pita pena máxima, a cal é lanzada por él mesmo no minuto 27 e fai o 0-2, có cal vaise ao descanso. A segunda parte o Berta sae moi ben, controlando o partido e achegándose á meta rival, así no minuto 51, Diego fai unha conducción dende a banda dereita cara dentro, métese na área e dispara coa esquerda raso e pegado o pau esquerdo do meta local, o cal non pode evita-lo terceiro. Pouco despois disto o Calasanz á desesperada muda o sistema e vaise ó ataque, os nosos baixan a concentración e teñen varios erros graves en defensa. Así no minuto 66 nun pase dende o medio campo en profundidade, recolleo un dos dianteiros rivais e pola zona central do campo prántase diante de Antía e batea por raso. O Berta ponse nervoso, errático e así no minuto 69, nun mal despexe da defensa o dorsal 8, e mellor xogador rival, quédase co esférico, vaise cara a meta e bate novamente a Antía. Os nosos non espertan, así pouco despois, nun saque dende o curruncho o balón acaba caendo no borde da área grande, tiro dun contrario e pega na man dun defensa visitante e o colexiado pita pena máxima. Así no
minuto 73 lanza o penalti o dorsal número 2 (álex), o cal acadaría para o 3-3 definitivo. Despois disto os dous equipos rondarían as metas rivais, pero ningún dos dous tería unha ocasión clara para facer un gol.

Infantil B 3 - CD Unión 0
Os rapaces sairon moi mentalizados e apretaron dende o pitido inicial, e tardou pouco o equipo en marca-lo primeiro por medio de Eli no minuto oito de encontro. A partires de ahí encadeamos varias xogadas con boas chegadas á portería e no minuto 27 de novo Eli poñía o 2-0 para chegar ao descanso. Na segunda metade seguiu a mesma tónica da primeira e Simón poñía o 3-0 definitivo no minuto 53, a partires de ahí o xogo voltou un pouco duro por parte do rival con entradas a destempo que o colexiado cortou de raíz sacando 3 amarelas en 5 minutos ao rival. Bo partido dos nosos a espera de recibi-lo Conxo para disputa-lo liderado do grupo.

CD Sar Estramundi 2 - Infantil C 1
Partido moi disputado entre os dous primeiros clasificados que non defraudaron. O partido comezou cun forte ritmo do noso rival pero sen ocasións de gol. A medida que ían pasando os minutos o partido foise igualando pero as ocasións so chegaban a balón parado. Ao saque dun córner o Sar puido adiantarse ao rematar de testa ao longueiro. Estivemos frouxos nesa faceta a nivel defensivo pero a nivel ofensivo tamén eramos quen de xerar perigo a balón parado. Ao fío do descanso chegou a mellor ocasión nosa onde por dúas ocasións non fomos quen de empurrar unha pelota que estaba en liña de gol. A segunda parte empezou como rematou a primeira cando tras un erro nunha saída de balón dende atrás provocou que o Sar se adiantara no marcador. Fomos quen de empatar moi cedo tras un saque dende o curruncho. A partires de ahí fomo mellores que o noso rival xerando perigo por ambas bandas. Unha transición rápida onde participan os dous extremos puido poñernos por diante no marcador pero incomprensiblemente a pelota non entrou. Cando xa estaba a piques de remata-lo partido e tras dous fallos consecutivos un bo golpeo dende a frontal adiantaba de novo ao Sar no marcador. A pesares de que so quedaba o desconto aínda tivemos tempo de poder empatar cunha xogada similar ao primeiro gol pero o remate dende dentro da área pequena saiu lambendo o longueiro. Bo partido dos infantís que rematan a primeira volta compartindo o liderato co Sar Extramundi.

AD Burgo das Nacións 5 - Infantil D 4
Partido que comeza con varios erros de precipitación na saída de balón que nos fai ir a remolque o resto do encontro con númerosos fallos de precisión. A pesares da dificultade que puxo o rival para dominar, fomos quen de responder e igualarlle os golpes. Resultado de 2-2 ao descanso. No tempo de lecer o equipo axusta un par de comportamentos e prepara a segunda metade con positivismo. O equipo rival adiantaríase de novo nun erro grave, pero non nos afecta e fomos quen de facer 2 goles rápido e poñernos 1 arriba, o colexiado comete un grave erro expulsando a 2 xogadores, 1 de cada equipo, xusto cando o partido estaba sendo dominado e estaba máis preto o 3-5 que o 4-4. Lamentablemente ante un rival con máis forza física vémonos gravemente perxudicados ao ser un 9 vs 9 eles atopan moitos máis espazos e fannos moitísimo perigo. Nos derradeiros 10 minutos froito do cansanzo acumulado recibimos 2 goles que nos fan perder 3 puntos que merecimos. Seguiremos traballando duro para superar a mala racha que levabamos de resultados negativos.

SCD Milagrosa 1 - Cadete A 1
O primeiro equipo da categoría deixa dous puntos importantes para seguir na loita polo ascenso directo. Ao final quixo ir polo partido pero non logrou a remontada. Empezou o partido moi igualado, sen opcións claras de gol para ningún dos dous equipos. Os nosos so creaban situacións de perigo a balón parado, facendo remates de testa en saques dende o curruncho, nunha ocasión Samu, noutra Berdu. Pero sería o equipo local quen se adiantaría no marcador, no minuto 38, David nun mal despexe, que cae na frontal da área, nos pés dun xogador rival que da pase a dentro desta, o recolle o dorsal 70, tira a meta, pega en Samu e acaba chegando o fondo da rede. Co resultado de 1-0 ímonos aos vestiarios. A segunda parte preséntase movidita, e así nos primeiros minutos o Milagrosa puido sentenciar, nun pase en profundidade, que recolle o dianteiro rival, prántase diante de Pablo e tira raso, pero o noso porteiro intercepta o disparo nunha boa acción. A partires de ahí o Berta espabila, troca o ritmo do encontro, realiza trocos de xogadores e de sistema. Así Rodri no minuto 56, que acababa de entrar ao terreo de xogo, recolle un balón enviado por Mateo dende a banda dereita, e dende dentro da área saca un zurdazo cruzado que entra a media altura polo poste esquerdo da meta rival. Despois disto o Berta cre na remontada, sube o ritmo e chega a área rival, creando accións de perigo pero ningunha acabaría en gol, quixo e intentouno pero non conseguiría a victoria. Pena de non ter esta actitude todo o partido.

SD Xuv. Aguiño 0 - Cadete B 4
Partido na Tasca na que a primeira metade estaba chea de imprecisións por parte dos nosos e moi poucas oportunidades de gol creadas. Sen lograr lanzar unha soa vez a portería. No descanso a mensaxe é clara, debemos finalizar xogadas. O equipo saíu con gran intensidade e cunha idea moi clara, finaliza-las xogadas. Con isto nada máis comeza-lo segundo tempo logramo-lo primeiro gol no marcador. Finalizamo-lo partido con 0-4, a seguir equipo!!!

ED Vedra 1 - Cadete C 4
Bo traballo do grupo. Posicionamento, intensidade e colaboración. Imos no camiño correcto, seguimos traballando na formación.

Xuvenil A 3 - Cidade de Ribeira 1
Partido controlado totalmente polos nosos, que apenas concederon ocasións de gol ó rival e onde se estivesen algo máis atinados cara a porte houbesen anotado máis goles, temén engadir que o colexiado unha vez máis veu sen as gafas e polo tanto non sinalou dúas claras penas máximas na área do rival. O equipo adiantouse na primeira metade cun gol de Dopazo no minuto dez de encontro. Despois o Ribeira conseguiu o empate nunha falta mal defendida pola defensa, xa que un centro lateral envenenouse e entra directo na portería. Pero Quique no cuarenta fai xustiza e consegue o 2-1 nunha boa xogada colectiva. Na segunda metade, nada máis saír de vestiarios Rodri pon o 3-1 definitivo. Seguimos na pelexa polo ascenso.

Xuvenil B 1 - AD Burgo das Nacións 3
Encontro igualado na primeira metade onde dispuxemos dalgunha ocasión a pesares de non facer ben as cousas. A volta de vestiarios unha cadea de erros fai que se adiante o rival; e o pouco quedamos con 10 por unha falta, e nesa falta fan o 0-2. A partires dese intre cun xogo directo e a pesares da inferioridade numérica, dispoñemos das mellores ocasións e conseguimos recurtar diferenzas... pero outra perda imnecesaria fai que o marcador reflicta o 1-3 final que nos deixa sen opcións de conseguir puntuar.

Sénior 4 - SD Carcacía 1
Partido decente, aínda que por momentos non estivemos todo o metidos no partido que deberíamos, que se acabou solucionando nos derradeiros intres. O partido púxose cómodo nos primeiros minutos e todo parecía indicar que sería unha tarde tranquila. O problema foi o primeiro minuto da segunda parte, momento no que cometemos un erro grave e o pagamos cun gol en contra. Despois diso, o equipo non estivo tan ben como debería... máis tendo en conta que voltamos fallar unha pena máxima e iso xera incertidume. O bo é que, polo menos, cara o final puidemos acertar de cara a portería rival e sentenciar así o encontro.

Golazo de Leo na victoria do PB A.

Gol de Diego no empate do Infantil A.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal