Novas

Xornada 15/05/2022

Dúas alegrías e unha grande tristura.

Esta xornada deixounos unha tristura enorme, o descenso do noso Cadete A a liga Galega. Non toca outra que pensares na tempada que ven para face.las cousas mellor e tratar de recupera-lo posto que merece o clube canto antes.
Pero tamén tivemos alegrías, estas viñeron de parte do Alevín de fútbol 11 que acadou a clasificación para a fase final da Luis Calvo o vindeiro verán en Carballo. Ademáis o Infantil B trouxo unha victoria no partido de ida da final de ascenso.

Biberón F8 - Torneo Indoor AF7
Os nosos nenos disfrutaron dunha inesquecible mañá xogando e divertíndose a futsal indoor, unha disciplina moi dinámica na que non pararon de correr e xogar co balón. Gañáronlle ó Arousa 8-4 e perderon diante da UD Santa Mariña por 8-7, quedando eliminados das finais por goalaverage. Seguen aprendendo e mellorando.

PB A 5 - SD Exclavitud 0
Segundo encontro desta segunda fase, onde confirmamos que foi o mellor xogo despregado polos nenos ata o de agora.

(LUIS CALVO) Alevín 3 - UD Santa Mariña 0
Partido complexo para nós, comezamos cometendo varios erros o que supuxo certos nervos e inquedanzas. Pouco a pouco fomos mellorando e gañando en confianza. Sen dúbida faltounos profundidade e ambición por finaliza-las xogadas pero a pesar dos erros, que son inevitables, non foi un mal partido.

Infantil A 1 - San Tirso SD 4
Hai un dito neste deporte: se perde, máis do que se gaña, algo que lle está a pasar a este grupo. Veríamos unha primeira parte igualada, con ocasións para ambos conxuntos pero sería o San Tirso quen se adiantaría no marcador. Na segunda metade, estaría mellor o San Tirso, as forzas comenzabanse a esgotar, aínda así, recibimos o segundo tras un erro arbitral, algo que pode suceder, xa que todos nos trabucamos. Logo dese gol, acurtaríamos distanzas e incluso teríamos unha boa ocasión para empatar, a pelota non quixo entrar e o San Tirso sentenciaría o encontro. Noraboa polo esforzo ós nosos rapaces, que deron todo o que tiñan para acada-la victoria.

E. Estrada F.B. 0 - Infantil B 1
O noso infantil B puido traer un resultado moito máis favorable para o partido de volta.
Empezou o encontro igualado, onde ningún dos equipos lograba enlazar varios pases. Pouco a pouco o noso equipo foi empezando a crear ocasións. Así Álex antes de face-lo gol que nos deu a victoria, mediada a primeira parte, tivo dúas ocasións moi claras, onde manda un balón o poste e outro o longueiro. A segunda parte inicia igual ca primeira, xogo no medio campo, con moitos erros nos pases. Tivo Álex un man a man nunha contra, onde non puido bati-lo meta rival. Pasan os minutos sen ocasións de gol, ata que preto do final o dianteiro rival ten un man a man co noso porteiro, onde aguanta moi ben e logra dete-lo disparo. Salienta-la seriedade da nosa defensa.

Infantil C 0 - ACD ED Arzúa 4
Os nosos rapaces xogaron o peor partido da tempada no peor momento da mesma. O equipo non foi quen de saíres en curto e empeñouse en xogar en longo toda a primeira metade, estes balóns acababan sempre en disputas gañadas pola defensa do rival que era físicamente superior. E unha vez máis na primeira parte concedimos unha ocasión que desbarata inicialmente Jean Pierre cun paradón pero que en ata en dúas ocasións máis non somos quen de despexar fóra da área e o rival non perdoa para adiantarse no marcador. Na segunda metadae máis do mesmo, seguimos coas concesións atrás e caen tres goles máis; unha vez que xa o partido estaba perdido o equipo comezou a xogar como sabe e apareceron as ocasións pero xa sen tempo para acadar algo positivo. Toca seguir traballando e mellorar no aspecto físico porque nesta fase os rivais apretan moito.

Cadete A 3 - Pontevedra CF 0
Consúmase o descenso de categoría para os nosos cadetes, que a pesares de gañar, non lles chegou para acada-la permanencia. Toca aprender dos nosos erros e comezar a preparar a vindeira tempada para tratar de recuperar esta bonita e competitiva categoría.

Xuvenil A 3 - SD Residencia 5
Partidos con pouca motivación os que lle quedan ao xuvenil. Nesta ocasión, comenzaríamos cunha gran primeira parte, na que iríamos gañando 2-0, pero que se viu empañada por unha mala segunda metade, na que encaixamos 4 goles a balón parado.

SD Cacheiras 2 - Xuvenil B 2
Xogabamos esta xornada contra o líder despois dunha gran victoria na primeira xornada. Baixo unha calor abafante comenzaba o partido cun bo ritmo dos nosos que levaron o peso do partido pero sen grandes ocasións. Na primeira clara que tivemos a pelota foi para adentro. Seguíamos igual cando nun roubo e saída rápida chegaba o segundo con que rematou a primeira parte. A segunda parte a superioridade foi aínda maior con múltiples ocasións moi claras pero non fomos quen de materializalas e quen perdoa acabao pagando. Nun centro lateral o dianteiro rival nun despiste defensivo gaña as costas aos centrais e remata a pracer ao fondo da portería. A pesar diso o partido parecía controlado e cando o tempo xa estaba cumprido, nun saque dende o curruncho para o rival a xogada acaba en penalti e expulsión. Ao final un empate a douses onde o visto no campo non queda refrexado no marcador. Seguimos con moi boas sensacións e dependendo de nos mesmos para o ascenso.

SD Xuv. Aguiño 5 - Sénior 3
Partido absolutamente intrascendente no cal non nos xogabamos ren.
Tratamos de que nos servira para coller certa confianza á hora de levar a cabo mecanismos complexos que tiñamos mirado con anterioridade. A realidade é que cometemos erros graves na saída de balón, estes supuxeron 1 gol en contra e dúbidas. Nada novo se o que se pretende é ser protagonista e dominador do xogo.

Gran papel do Benxamín A no Torneo de San Mamed.

A mala fortuna fixo que volvésemos a irnos noutro torneo a penaltis. Unha mágoa despois do gran xogo desplegado durante todo o día.

Benxamín A 5-1 UD Santa Marta
Benxamín A 8-0 Bandeira FC
Benxamín A 9-0 Victoria FC
Benxamín A 5-2 SD Villestro

Cuartos
Benxamín A 8-0 SD Cruces

Semis
Benxamín A 0-0 ComposTec

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal