
Xornada marcada polas xiadas matinais.
Chegou o inverno, e con él, o frío. Un frío intenso que se traduce en campos xiados onde esta fin de semana os nosos rapaces voltaron a colleitar grandes resultados. Salienta-lo esforzo do Prebenxamín B que xogou o seu partido nun campo completamente xiado como podemos ver na foto deste artigo. De todo-los xeitos a xiada non foi quen de amilanar ós nosos nenos que o pasaron en grande xogando ó deporte rei.
Destacar tamén o derbi xogado no pavillón entre os dous alevíns na liga de futsal.
Racing San Lorenzo 0 - Pb A 5
Tarde fría onde a práctica deportiva veulles ben ós nosos nenos. Neste partido veríamos varios resbalóns propiciados polo xeo que comezaba a aparecer no rectángulo de xogo. Polo momento, o mellor partido do que vai de tempada, esperamos que os nosos pequenos sigan a mellorar.
Pb B 2 - SD Villestro B 4
Mañán de moito frío no municipal de Bertamiráns na que os nosos pequenos, co campo xiado, fixeron un moi bo partido. Resultado duro para os méritos dos nosos, non queda outra que seguir traballando. Destacamo-la actuación dos tres biberóns que completaron a convocatoria.
SD Villestro D 1-7 Pb C
Partido xogado en Belvís, onde os nosos sacaron adiante o partido dende moi cedo tentando aplica-lo aprendido e traballado durante a semana.
Lalín 2 - Benxamín A 10
Partido cedo pola mañá o sábado, no que os cativos, a base dun gran ritmo de xogo, superaron o frío e a un rival que só puxo oposición nun tramo curto de partido.
Benxamín B 10 - UD Bastavales 0
Partido sen historia onde fomos capaces de saca-los tres puntos baixo unha espesa xiada no campo de Brión.
X. Oroso C 1 - Benxamín C 1
Empate con sabor a derrota en Sigüeiro. Partido moi completo do equipo, onde as ocasións marradas custannos moi caro.
At. Fatima B 3 - Benxamin D 0
Partido a priori igualado, no primeiro tempo as ocasións máis claras foron a prol do Bertamiráns, pero sería o equipo local quen se adiantaría nos minutos finais. Na segunda parte o partido dominouno de principio a fin o equipo local, acadaría dous goles máis.
UD Bastavales 1 - Alevin B 5
Partido sacado adiante polo noso alevín cun bo resultado diante dun equipo que o intentou cunha presión alta pero que non puido facer nada ante a superioridade dos nosos. Aínda que a nivel de xogo non foi o mellor dos nosos partidos, hai que ter en conta tamén ao rival e o alto nivel mostrado polos dous porteiros rivais. A seguir así.
Alevín C 5 - ED Santa Marta 3
Mal comezo dos nosos que encaixaron un gol de saque directo de centro. Comezaron descentrados, pero despois foron quen de controla-lo partido e remontar ata un 4-1 parcial. A excesiva relaxación fai que o rival volva anotar de saque directoe tras unha falta rápida xusto antes do final. Hai que traballar máis para non encaixar tantos goles.
Alevín D 13 - San Pedro 0
Partido do noso Alevín frente un rival que fixo pouca resistencia de ahí o resultado tan abultado. Partido sen moita historia, agora a pensar no vindeiro partido que seguro será unha historia moi diferente.
Alevin E 3 - Bandeira FC 4
O mellor partido da tempada dos nosos cativos. Mereceron a victoria pero a mala fortuna negoulla. A seguir traballando.
(FUTSAL) Alevin A 2 - Bertamiráns B 0
Partido disputado e entretido por parte dos dous equipos do clube. No que o equipo A impuxose grazas a súa pegada ante un equipo B que fixo un gran traballo durante todo o encontro. Destaca-lo gran traballo na portería do equipo B de Mateo e por parte do equipo A a calidade de Fabio.
(FUTSAL) Bertamiráns A 2 - Alevín B 0
Partido intenso e interesante. O Alevín A foi, como era de esperar, mellor. Nós non fomos quen de xerar moitas ocasións aínda que puidemos competi-lo partido dende unha defensa organizada e tratando de saír rápido despois de roubar.
Victoria FC 1 - Infantil A 4
Primeiro partido de liga para o noso infantil neste 2022. Mermados polas baixas dispuxemos algo totalmente distinto ó que viñamos facendo, onde os rapaces interpretaronno á perfección. Foi un encontro de ida e volta, sen demasiada pausa, onde saímos beneficiados grazas ó acerto de cara á portería contraria. Destaca-la participación no once de dous nenos de primeiro ano, e a actuación doutro que entrou para dar refresco, os cales fixeron que o DNI non se notara no campo.
Infantil B 4 - AD Nicrariense 0
Partido que comeza moi ben grazas a un gol dos nosos no primeiro minuto de xogo. Aínda así estiveron imprecisos neses primeiros compases de partido aínda que lograron outro gol máis. Na segunda parte o ritmo de xogo baixou e tivemos menos ocasións de gol. Aínda así acadamos ourtos dous goles. Seguimos no alto da táboa clasificatoria e pa semana rendemos visita ó Noia, segundo clasificado. Destacar que Manu conseguiu un poker de goles neste partido.
Infantil C 8 - SD Amio B 3
Entramos moi enchufados no partido, xa que abrímo-lo marcador ós dous minutos de xogo nunha gran xogada combinativa. Pero segundo transcorrían os minutos o equipo perdeu a concentración e sufreu máis do esperado ante un rival inferior. O electrónico ó descanso reflexaba un 4-2 a favor dos locais que regalaron 2 goles en sendos fallos de concentración. Na segunda metada o equipo foi un vendabal en ataque pero volveu a conceder atrás, xa que regalou outro gol. O equipo ten que mellora-la contundencia nas dúas áreas.
SD Compostela C 1 - Infantil D 6
Terceira victoria do equipo nesta tempada contra o Compostela C, moi ledos non só pola victoria senon tamén po-lo xogo despregado. Os rapaces por fin puideron decatarse que xogar ó fútbol e xerar fútbol é moi divertido. Moi bo partido dos xogadores durante todolos minutos o que lles fai gañar confianza.
Victoria 2 - Cadete A 0
Saída compricada diante dun rival directo onde os nosos non foron quen de impoñerse no partido, a pesares de lograr varias ocasións claras, tanto para poñerse por diante como para recortar distancias. Pola contra, o rival foi quen de aprobeitar as súas con dous goles na saída de sendos saques dene o curruncho.
Cadete B 1 - Cidade de Ribeira 0
Disputado encontro entre dous dos equipos que están loitando polo play-off. A primeira parte comezou con tres achegamentos do Cadete B nos primeiros cinco minutos, que amosaban unha clara intención de ir a polo partido desde o primeiro momento e marcar cedo. O Cidade de Ribeira propoñía un xogo directo cara os seus dous mellores xogadores que por varias ocasións creou problemas á nosa defensa. Chegouse ao descanso sen goles pero cunha sensación de mandar sobre o terreo de xogo tras sete claras ocasións locais. Despois da reanudación, o número de ocasións baixou pero o equipo seguiu mandando co balón. Os trocos foron trascendentais nos dous equipos, xa que engadiron frescura e propostas distintas ás que xa había. O partido decantouse para o noso Cadete no tempo engadido cun man a man perfectamente executado que fixo estourar de alegría a todo o Municipal de Bertamirans.
Santiso 2 - Cadete D 2
Os noso visitaban esta semana ao Santiso, rival que aínda que estivese último clasificado, sabíamos que ía a poñe-las cousas difíciles. Comezou o partido e aos 10 minutos xa ibamos gañando 0-2, a partires do segundo gol o equipo deu un baixón moi importante tanto en actitude como en xogo, axudando a que o Santiso empatase o partido. A pesar disto seguimos no segundo posto da clasificación.
Estrada 1 - Xuvenil A 0
Mal partido dos nosos, que levan semanas sen face-las cousas como deben. Debemos volver ao bo camiño, traballar xuntos e creer no que facemos. Esa e a única oportunidade que temos. Ni antes eramos tan bos, nin agora tan malos.
Senior 2 - Agrón 2
Partido moi igualado como xa fora en cepelo onde ambos equipos disfrutaron de poucas ocasións claras, adiantouse o Bertamiráns ós 30 minutos de empezar, pero empata o Agrón de corner antes do descanso. Na segunda metade o Bertamiráns presiona alto e goza das mellores ocasións, pero e o Agron á contra quen logra adiantarse; e ó revés que na primeira metade o Bertamiráns é o que pon o empate de falta directa a falta de poucos minutos para o final. Toca seguir traballando duro nos adestramentos e esforzándose ó máximo nos partidos.