Novas

Xornada 18/09/2022

Primeira victoria do Sénior esta tempada.

Nova xornada onde destaca a goleada acadada polo noso equipo Sénior diante da UD Queiruga. Ademáis primeira victoria do Xuvenil A en Liga Galega.
Por outra banda os nosos equipos de fútbol 8 seguen adestrando e xogando amistosos para comenza-la tempada o máis preparados que poidan.

Infantil A 3 - CD Calasanz 2
Inicio de liga con pouca concentración por parte dos nosos. Chegou cunha boa colocación do rival para dificulta-la circulación da pelota e impedir gaña-las accións aéreas e segundos balóns. Así, cun partido igualado, logran adiantarse no marcador, no minuto oito. Balón en longo que sobrepasa os centrais para recollelo o dianteiro e facer gol, obrigando ós nosos a ires pola remontada. No minuto 32 nun saque de falta en longo cara a frontal da área grande, no cal nun cúmulo de erros acaba chegando preto da área pequena, para recollelo Manu e face-lo gol do empate. Na segunda parte o noso equipo, cunha saída fulgurante logra facer dous goles case seguidos, sendo estes de Diego e Álex. O 3-2 definitivo volta a ser outro erro dos nosos, un mal pase entre centrais dentro da área, que recolle o dianteiro para facer gol. Primeiro partido onde indica que se o noso equipo se quere ter opcións a ascender debe mellorar.

Infantil B 5 - Victoria FC B 0
Bo partido do equipo que dende o inicio non dou opción ó rival, con claras ocasións nos primeiros dez minutos do encontro. Únicamente a boa actuación do porteiro visitante que sacou un penalti a Marco e realizou paradas de moito mérito, evitou que o marcador fose máis amplo. Seis puntos conseguidos de seis posibles para o equipo; que xa prepara a visita a Aguiño na vindeira xornada.

Infantil C 11 - EFM Boiro C 0
Partido cómodo para o Infantil C que comenzou a liga recibindo no municipal ao EFM Boiro C.
Xa dende moi cedo o partido púxose de cara para os nosos e as ocasións e os goles foron en aumento.
Bo resultado para comenza-la liga e ir collendo sensacións e seguir traballando e mellorando.

Xuv. Oroso B 2 - Cadete A 2
Partido igualado no Lino Balado, onde dous erros penalizaronnos moito.
Adiantáronse os nosos nunha boa xogada de presión avanzada, onde o balón acaba nos pés de Suárez e nun recorte e definición cá perna menos boa dentro da área fai gol. O gol do empate chega pouco despois, nun centro lateral dunha falta e despois dun mal blocaxe do noso porteiro o balón cae nos pés do dianteiro rival e finaliza en gol. A segunda parte comeza igual, igualada pero dous trocos dos nosos ó pouco da reanudación, leva a ter varias ocasións. O gol chega nun centro de Suárez que acaba en gol por remate de Lemos. O gol do empate, chega preto do final do encontro, noutro erro por conduci-lo balón en zona de iniciación, que acaba en pérdida e pase a espazo libre de xogo, onde o rival encara porteria e fai gol. Se se quere estar arriba na táboa clasificatoria teremos que ter mais seguridade e concentración.

CF Noia 2 - Cadete B 2
O noso cadete B visitou este domingo ao CF Noia, despois dunha primeira parte na que os rapaces foron bastante superiores e foron ao descanso cun 0-2 a favor, saímos do descanso e mudamo-la faciana radicalmente na segunda parte, xogando moi mal, dándolle así posibilidades ao rival de empata-lo partido quedando o resultado final nun 2-2.

Cadete C 5 - Praíña SPC 1
Primeiro partido de liga dos nosos cadetes diante do Praíña SPC.
A pesares do bo resultado acadado e o dominio do xogo durante todo o partido non debemos caír na euforia senon na calma en canto ó xogo amosado. Temos moito que traballar para mellorar e seguir aprendendo.

EF Lalin 0 - Xuvenil A 4
Segunda xornada de liga, na que vistabamos Lalín, pensando en acadar un resultado positivo, como así foi, logo dos bos adestramentos de toda a semana. Comezaba o encontro, e axiña nos adiantaríamos no marcador por obra de Mauro, esto propiciaría unha relaxación nos nosos xogadores, que serían dominadores do balón, pero custaríalles finaliza-las xogadas. Á media hora Álvaro faría o segundo, cun bo golpeo dende a frontal da área.  A segunda metade, comezaria cos nosos moi imprecisos, con moitas perdas de balón algo impropio destes rapaces. Seguiríamos dominando, co rival repregado e buscando contraatacar ou aproveitarse dalgunha perda nosa en transición. Toparíamonos cos goles de Dopazo e Manu, quen entrarían o campo faltando media hora, temos que destacar a gran aportación dos xogadores que entraron dende o banquillo, sumando un traballo bárbaro.

UD Bastavales 1 - Xuvenil B 2
Partido moi igualado onde os nosos rapaces souberon sufrir para acadar unha victoria moi importante para acadar canto antes a ansiada permanencia. O partido estivo cheo de imprecisións e o Xuvenil B non foi quen de impor o seu xogo combinativo e caeu na tónica de balóns longos que impuxo o rival. O Bastavales xogou sempre replegado no seu campo esperando sorprender cunha transición rápida sobre o seu dianteiro, esto fixo que nos precepitásemos no noso xogo e tentaramos chegar a área contraria con poucos e imprescisos pases e sempre en longo. Aínda así as mellores ocasións na primeira parte foron nosas cun balón o poste e un gol anulado por fóra de xogo a Mateo nunha falta sacada por Castro. O 0-1 chegou á media hora nunha boa xogada levada por Pablo que despois de finalizar o porteiro fai unha gran parada pero o rechace o marca Antelo. O rival empataría xusto antes do descanso. Na segunda metade o xogo foi aínda máis trabado e houbo poucas ocasións claras, nunha das que dispuxemos no minuto 60, Pablo marca o 1-2 nun disparo cruzado dentro da área. Toca seguir traballando e mellorando en actitude e xogo.

Sénior 5 - UD Queiruga 0
Despois dunha primeira xornada desastrosa chegou a segunda e, desta volta, as cousas foron mellor.
Houbo certas dúbidas ao comezo pero ao pouco comezaron a chega-las ocasións e en varias delas conseguimos marcar. Ao descanso o marcador era de 4-0 e iso fixo que a segunda parte fose máis relaxada do debido. Continuamos tendo algunha que outra ocasión e, ao final, fomos quen de atopa-lo quinto gol mediante unha boa combinación previa a un bo centro e tamén un excelente remate de testa.

Gol de Rachi de penalty na victoria do Sénior.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal