Novas

Xornada 19/06/2022

O Cadete B Campeón da Copa do Sar

Rematou unha tempada con se cadra tristezas moi duras, como foron o non ascenso do Infantil A e o descenso do Cadete A; pero cunhas grandes ledicias que nos deron os títulos de liga do Cadete C, Aelvín A, Alevín C ou Infnatil B. 
Nesta derradeira xornada tivemos outra ledicia coa consecución da Copa do Sar por parte do Cadete B.

Cadete B 2 - SD Cacheiras 0
Partido moi igualado cun rival que levaba toda a competición non renunciando o seu recoñecible estilo e xerando moitos problemas co seu xogo directo.Tras minutos de tanteo adiantámonos cedo cun testarazo de Jesús e no minuto 20 cun remate a saída dun saque dende o curruncho de Diego. O equipo tentou aumenta-la vantaxe e mantívose firme en defensa. Na segunda parte o partido foi mais desordeado polas dúas partes e co troco de sistema do rival, que pasou a liña de tres, sufrimos un pouco en defensa e non conseguimos aproveita-las claras ocasións que tivemos nas contras. Afortunadamente o partido rematou así e conseguimos unha copa que pon o broche a unha boa tempada dos rapaces.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal