Novas

Xornada 19/12/2021

This image for Image Layouts addon

Derradeira Xornada antes das vacacións de Nadal.

Derradeira xornada antes do parón de Nadal onde destacamo-las victorias do Infantil A e máis do Biberón A. O primeiro doblegou a un gallito da categoría na casa, e o segundo clasificouse para a seguinte fase invicto.
Dende o clube desexamosvos que pasedes unhas boas festas e vos coidedes moito nesta complicada época de pandemia.

Biberón A 2 - SD Cacheiras 1
Bo partido o xogado polo noso Biberón A contra un gran rival, fomos quen de acada-la victoria para rematar esta fase da competición antes do parón de Nadal cun grande sorriso e coa ilusión para seguir aprendendo no novo ano.

Biberón B 0 - SD Cacheiras B 4
Partido dominado de principio a fin polo rival, pero tamén os nosos tiveron algunha ocasión para facer algún gol. Non queda outra que seguir traballando para aprender máis.

Vista Alegre CF 0 - Pb A 5
Preciosa tarde de fútbol a que disfrutaron os nosos prebenxamíns.
Disfrutamos no campo e fora del, seguimos formando os máis pequechos polo bo camiño.

Pb B 0 - Conxo Santiago B 1
Partido moi disputado dos nosos prebenxamíns, deron todo o que tiñan ata os derradeiros minutos para poder empata-lo partido. Desta vez a pelota non quixo entrar, seguiremos a traballar para mellorar.

Pb C 7 - Rois 2
Segue o prebenxamín aprendendo cada día que pasa, intentando facer cousas novas neste proceso de aprendizaxe.

Conxo Santiago 2 - Benxamín A 2
Malia ter as mellores ocasións do partido e dominar con claridade toda a segunda parte, o noso benxamín non puido pasar do empate, foi un partido onde pagaron caro os poucos erros cometidos. Primeira vez que non suman de tres, pero segue líder antes do Nadal e coa ilusión intacta.

Benxamín B 3 - SD Esclavitud 1
Partido serio sen erros no que soupemos mante-la vantaxe acadada. Un bo partido diante dun gran rival que o puxo todo para achegarse no marcador. Gran inicio destes cativos que consegueron pleno de victorias antes do parón de Nadal.

Conxo-Santiago C 2 - Benxamín C 2
Un empate que sabe a pouco po-lo visto no terreo de xogo. Primeira parte onde o Benxamín C saleu moi concentrado e mereceu marchar ós vestiarios con vantaxe no marcador. Na segunda metade o equipo baixou o ritmo un pouco, pero aínda así mereceu a victoria.

Benxamin D 0 - SD Cacheiras 5
Partido diante dun rival moi superior, sen moita historia e nada competido, toca seguir mellorando.

Alevín A 7 - At. Fátima 4
O partido iniciaría moi ben para os nosos, que se manterían sempre por diante no marcador. So dous erros na saída de balón impediunos que a goleada fose máis abultada. Toca seguir mellorando.

At. Fátima 0 - Alevín C 7
Mal primeira parte onde non nos atopamos agusto coas dimensións do campo nin co xogo físico proposto polo rival. Tra-lo descanso atopámonos co noso xogo e aumentamo-la distancia no marcador. Bo traballo dos rapaces que consiguen irse o parón de Nadal no máis alto da táboa.

Alevín D 5 - Vista Alegre CF B 0
Partido moi disputado dende o minuto un con ocasións en ambas porterías, pero sen moita puntería cara o gol, rematando a primeira parte con vantaxe de un a cero. Na segunda metade estivemos máis finos cara a portería contraria e máis atentos en defensa dando moi poucas opcións o vistante. Resultado xusto agora a seguir traballando.

Silleda B 1 - Alevin E 5
Cun equipo pragado de benxamíns, o equipo desplegou un gran xogo combinativo e impúxose con solidez no marcador nunha mañá moi fría en Silleda.

(FUTSAL) Alevin A 7 - At.Fátima 2
O equipo presentouse con únicamente 5 xogadores debido as lesións e os efectos das vacinas. Aínda así os rapaces competiron moi ben e xogando sen trocos foron moi superiores ó rival facendo un gran xogo combinativo e facendo gala dunha gran forma física.

(FUTSAL) Alevín B 6 - Estrada F.S. 0
Partido cómodo diante dun rival que contaba só con 5 efectivos. Ao pouco do comezo o alevín b logrou poñerse por diante no marcador e dende entón foron sucendéndose as ocasións e chegando os goles.

Infantil A 3 - Conxo Santiago 2
Primeira xornada da segunda volta, recibimos ó Conxo Santiago, un equipo invicto e cuns números brillantes. A primeira metade seríamos sometidos a algo o cal non estamos acostumados, a sufrir sen balón, os nosos aguantarían as investidas por parte do rival, o cal mantiña a posesión pero non era quen de progresar para finalizar, froito do noso despliegue. Remataría a primeira metade con empate a un gol, onde a fortuna sorriunos na última xogada para poñe-las táboas no marcador. A segunda metade comezaría cos nosos rapaces moi enchufados, mudaríamos a nosa faciana e comezaríamos a arriscar máis e tentar crear perigo. Nos primeiros dez minutos contabilizamos tres ocasións moi claras, pero non fomos quen de materializar ningunha, logo nunha acción a balón parado o Conxo poríase por diante, duro mazazo recibíamos, podendo ser peor, xa que o pichichi da liga estrelaría un balón no pao, nunha xogada illada fabricada por el mesmo. Repuxémonos do golpe, ca sensación de que non pecharan o partido, e gracias a seguir insistindo fomos quen de darlle a volta ó marcador e quedarnos cos puntos na casa. Moi meritorio o traballo de tódo-los rapaces, pese as baixas, comezan a demostrar que todos son importantes, e que saben xogar en equipo.

Bastavales 0 - Infantil B 9
Partido dominado polos nosos no que golearon e puideron acadar unha vantaxe moito maior. Gran papel dos alevíns que axudaron na convocatoria e destaca-lo partido de Álex que logrou marcar cinco goles.

Infantil C 3 - Xuv. Oroso C 5
Partido moi disputado onde os nosos rapaces perdoaron moitísimas ocasións de gol e no que os erros na nosa área penalizou gravemente ó equipo. Temos que mante-la concentración para que esto non volva a ocorrer. Despois de Nadal toca traballar duro para recuperar desta derrota.

Cidade de Ribeira B 10 - Infantil D 1
A superioridade do rival quedou manifesta nos primeiros minutos de xogo onde encaixamos goles moi cedo, pese o esforzo dos nosos rapaces non fomos quen de minimiza-la goleada encaixada debido á falta de concentración nos minutos finais onde encaixamos demasiado. Só queda seguir traballando para mudar esta situación.

Xuv. Oroso 3 - Cadete A 1
Saída compricada para os nosos que viron como o rival se adiantaba cedo no marcador na saída dun córner. Pouco despois empatarían os nosos tras unha xogada nun saque de banda. A partir de ahí, ningún dos rivais era quen de mante-la posesión do balón, tratando de xerar perigo a través de envíos longos. Tra-lo descanso, volveríamos a ver como o rival volvía a golpear moi cedo, de penalty, tras un balón ao longueiro. Finalmente, marcaría o definitivo 3-1 a saída dun novo corner. Acaba aquí o ano 2.021 para o noso Cadete A, que buscará carga-las pilas de cara ao ano novo.

Cadete C 3 - SD Amio B 3
Partido moi malo dos nosos xogadores onde acadaron o empate grazas a actuación do noso porteiro Pedro que tivo unha actuación estelar na primeira metade. Ademáis o colexiado axudounos despois de deixa-lo rival cun home menos nunha expulsión totalmente inxusta na segunda metade. Non se pode xogar cunha actitude tan lamentable.

EF Estrada B 1 - Cadete D 1
O noso cadete D visitaba esta xornada ao Estrada. Comezamos o partido gañando 1-0, indo con este resultado ao descanso. Unha mágoa que aos dez minutos da reanudación un desaxuste defensivo por parte dos nosos xogadores supuxo o empate do Estrada B. Un puntiño nunha visita complicada contra un rival directo. O peor do fin de semana foi a lesión do noso xogador Anxo Noya, que tivo que ser retirado do campo cun esguince de nocello, desexámoslle unha pronta recuperación!!

Xuvenil B 5 - Taragoña 0
Partido cómodo para o noso xuvenil onde aos vinte minutos xa ía gañando por 3-0. Sen facer un gran partido soubo xogar co resultado e aínda ampliou a vantaxa con dous goles máis na segunda parte.

SD Cacheiras 2 - Senior 0
Rematada a primeira volta o equipo segue sen atopar a súa mellor versión fóra da casa, as primeiras ocasións foron para o Bertamiráns pero adiantouse no marcador o Cacheiras de penalti na primeira parte. O Cacheiras defendeu o marcador parando o xogo continuamente con faltas e perdendo tempo, o senior levou o peso do partido pero non creou ocasións claras para darlle a volta, cerca do final logra o segundo o Cacheiras e certifica os tres puntos.

Gran gol de Hugo co Benxamín A no empate fronte o Conxo Santiago.

Importante gol de Iker na victoria do Infantil A diante do Conxo Santiago.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal