Novas

Xornada 20/02/2022

Xornada de luto no fútbol galego debido á desgraza ocorrida en Terra Nova.

Esta xornada estivo marcada polo minuto de silencio gardado en tódo-los encontros do fútbol galego en homenaxe os falecidos no naufraxio acontecido en Terra Nova.
Ademáis dende aquí mandamos unha aperta moi forte ó noso adestrador José Vila polo falecemento da súa nai.
No estrictamente deportivo destacamo-las victorias do Sénior e máis do Xuvenil A, ambas moi necesarias para mudar dinámicas e consegui-los obxetivos marcados.

Victoria FC 0 - PB A 8
Encontro marcado polas dimensións do terreo de xogo, onde a pouca distancia que existía entre os rapaces e a portería, propiciou moitos paróns no xogo, moitos golpeos e poucas accións colectivas, case todo individual. Debemos recupera-las boas sensacións a nivel colectivo, estos rapaces son capaces de demostrar moito máis do que están a amosar.

SD Milladoiro 8 - PB B 1
Partido moi complicado diante dun equipo de segundo ano que impuxo a diferencia física. Loitamos ata o final nun encontro no que tivemos moitas baixas e tivemos que botar mán de cinco biberóns para completa-la convocatoria. Temos que seguir traballando e as familias deben de amosar máis compromiso de cara os partidos.

Exclavitude 4 - PB C 2
Partido emocionante entre os dous primeiros da clasificación que non defraudou aínda aque caeu a victoria no lado do rival. Un resultado máis xusto visto o que aconteceu no campo sería un empante. Seguimos medrando, e co traballo semanal mudaremos esta dinámica.

Benxamín A 0 - Xuv.Oroso 2
Dous tempraneiros goles ían facer que o Benxamín súmase a segunda derrota da tempada diante dun rival que gozou de poucas ocasións pero que soubo defender ben a súa vantaxe ante as ocasións erradas polos nosos.

EFM Boiro 0 - Benxamín B 0
Duro partido onde non soupemos materializa-las nosas ocasións. O rival amosou unha gran defensa e resistiu en defensa sen moitas complicacións.

Benxamín C 4 - EF Estrada C 2
Partido moi competido diante dun dos rivais máis duros da categoría. O acerto ofensico e o traballo do equipo en defensa, fixo posible que marchasemos ós vestiarios cun parcial a favor de 3-0. Na segunda metade soupemos xogar co marcador e o rival non foi quen de remonta-lo partido.

Victoria CF D 0 - Benxamín D 5
Victoria moi clara, primeira parte igualada na que conseguimos adiantarnos. Na segunda fomos moi superiores e marcariamos catro goles máis. Segunda victoria para o equipo na liga.

(FUTSAL) Benxamín 9 - Noia FS 0
(FUTSAL) Benxamín 10 - SD Cacheiras 1
Dúas victorias na mañán de Domingo ante dous rivais que non foron quen de por en apuros ós nosos xogadores.

Dolmen de Tordoia 3 - Alevín B 4
Partido mediocre por non dicir malo do noso equipo. As cousas non nos saíron do xeito que nos gustaría pero o noso esforzo foi enorme e iso foi decisivo para poder gañar. Xa foi difícil xogar contra o Tordoia no partido de ida e desta as cousas non foron mellor. Toca seguir esforzándose para mellorar

SD A Baña 1 - Alevín C 5
Mal partido que soupemos resolver na segunda metade con bastante sufrimento. Queda moito traballo por diante.

Victoria CF C 0 - Alevín D 9
Partido moi desnivelado, onde o Alevín impuxose con moita claridade, tardou en cae-lo primeiro gol, pero unha vez que se marcou o primeiro acabause o partido. Victoria adicada para o seu adestrador.

SD Touro 2 - Alevin E 3
Victoria merecida do noso Alevín E que está a mellorar a pasos axigantados. Un rival que nos goleou na ida, e na volta soupemos amosa-las nosas fortalezas. Bonita segunda volta nos espera!

(FUTSAL) Alevín B 1 - Alevín A 6
Fixemos un gran esforzo pero sacar un resultado positivo, no relacionado aos puntos... era case tarefa imposible. Os rapaces do Alevín A están nun nivel moi alto e nós, imos en camiño, pero non estamos no mesmo punto. Igualmente, o partido debe servir para aprender.

Infantil A 2 - Xuv. Oroso 2
Debemos reflexionar, pensar en que podemos facer ben e que estamos a facer mal, neste encontro foron demasiadas cousas. Quedámonos conque queda tempo pra facelo ben, ir a mellor e reaccionar. Estos rapaces teñen a capacidade suficiente para volver a amosarnos a súa mellor versión, xa que por momentos son capaces, agora esos momentos debemos levalos ao completo.

Infantil B 10 - CD Rois 0
Partido cómodo dos nosos no que golearon e puideron acadar máis goles. Se siguen nesta liña competitiva teñen moitas opcións de quedar primeiros na táboa clasificatoria.

CF Vista Alegre 1 - Infantil C 20
Partido complicado para ambos conxuntos, xa que os primeiros non foron quen de xuntar once xogadores e os segundos non puideron competir. O equipo estivo ben e xogou baixo as premisas que lle indicaron os adestradores, ademáis de probar a distintos xogadores en diferentes roles. No debe queda que houbo momentos de relaxación e por iso encaixamos un gol.

Infantil D 1 - SD Cacheiras B 12
Bo partido dos nosos rapaces diante dun rival superior que sentenciou o partido na primeira metade. O equipo soubo amosar unha faciana mellor que no partido de ida, aínda que o resultado foi moi abultado pola falta de confianza e o peso dos goles encaixados.

Porto do Son CF 2 - Cadete B 2
Partido moi igualado entre dous dos aspirantes a entrar no playoff. Os primeiros minutos foron de tanteo, cun xogo embarullado sen un dominador claro. Adiantouse o equipo local despois dunha gran xogada do seu capitán que se zafou da marca e encarou ao porteiro sen que ninguen chegase a collelo. Antes do descanso o noso Cadete empataba aproveitando unha mala cesión da defensa local ao porteiro. Na segunda parte o dominio do partido foi noso. Aos 3 minutos xa marcamos o segundo gol cunha gran xogada combinada e seguíamos xerando perigo. Pero o empate chegaba cun maxistral gol do capitán local, que marcaba nun libre directo dende 30 metros, que case repite minutos despois de non ser pola gran parada de Raúl. O noso Cadete B xerou ocasions e neutralizou toda esperanza de contra do equipo local, que tan so buscaba conectar co seu capitán e defender como podían. Finalmente, repartimos puntos cun sabor de boca de poder levarnos algo máis.

La Salle 0 - Cadete C 6
Partido completamente dominado polos nosos que neutralizaron a un rival inferior que non foi quen de tirar a porta en todo o partido. Os nosos pecaron arriba de individualismo xa que moitas veces non foron quen de combinar entre eles nos últimos metros.

Xuvenil A 1 - EFM Boiro 0
Boa victoria dos nosos, que sairon repregados, sabedores da calidade do rival, e tratando de collelos nalgunha contra. Asi foi como chegou o 1-0. A partir de ahí, tivemos a posibilidade de sumar algún que outro gol, pero finalmente o resultado non mudou.

Xuvenil B 4 - AT. Oleiros 0
Partido xogado no municipal de Bertamiráns onde o noso xuvenil xogaba contra o Oleiros pero dende o inicio demostraba que quería gaña-lo partido e asi quedou reflectido no marcador acabando a primeira parte con 3-0. A segunda parte o obxetivo era mante-la diferenza e non pasar apuros. Ao final 4-0.

Sénior 3 - CD Rois 1
A diferenza dos últimos encontros, o Bertamirans costoulle entrar no partido, non saía nada, espesos co balón e moi brandos sen él, tampouco o Rois conseguía chegar con perigo mais alá dalgún balón parado. Os últimos minutos antes do descanso o Bertamiráns comeza a xogar con máis confianza e o rival pechase no seu campo, chegan as primeiras ocasións e o 1-0 xusto antes do descanso. O Berta sae enchufado na segunda metade e nos primeiros 10 minutos, converte cada ataque en oportunidade de gol, así chega o segundo e o terceiro pouco despois, de penalti claro. Cando a bola entra, todo é máis sinxelo. Cos deberes feitos, o Bertamiráns intenta durmi-lo partido con posesións máis longas e sen arriscar demasiado nos ataques. O Rois non baixa os brazos, presiona e consegue poñe-lo 3-1 pero demasiado preto do final. O Sénior volve gañar na casa e segue con opcións. Toca pensar xa no Bastavales que tamén chega con posibilidades de playoff de ascenso e na casa non o van poñer sinxelo.

Gol de Diego Suárez para o Cadete B.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal