Xornada 20/03/2022

Sorte dispar para os equipos da nosa base.

Unha de cal e outra de area esta fin de semana. A de Cal foi a victoria do noso cadete B diante dun rival directo que lle asegura un posto no play off de ascenso. A de area foi a derrota do Xuvenil A diante do pechacancelas da categoría. 
Ademáis salientamos a boa marcha do Alevín de fútbol 11 na Luis Calvo, onde os nosos rapaces están a colleitar grandes resultados.

SD Cacheiras B 0 - Biberón A 4
Victoria clara dos nosos nenos nun partido onde a diferenza de idade e a evolución no xogo dos nosos marcou o resultado final. Os nosos rapaces amosaron neste encontro unha grande progresión construindo xogadas colectivas en ataque.

PB A 9 - Vista Alegre CF 0
Partido adiantado a xoves, onde os nosos rapaces citáronse á hora do adestramento. Moi bo comezo do partido, cunha moi boa primeira metade, onde vimos varias accións colectivas. Seguimos tratando de mellorar, para desfrute e formación dos rapaces.

Conxo Santiago B 3 - PB B 6
Partido moi completo de todo o equipo, tanto na defensa como no ataque. O equipo soubo sobrepoñerse dun parcial de 2-0 ó descanso. Conseguiu unha victoria diante dun rival directo. Toca seguir traballando para non mudar de dinámica.

SD Xuventú Aguiño 0 - Benxamín A 12
Un céspede moi duro e uns balóns comas pedras foron os principais problemas para o equipo rival, que non era quen de dar dous pases seguidos... Partido moi descafeinado dos nosos que con nada golearon.

Victoria FC C 8 - Benxamín C 3
Partido moi frouxo dos nosos nenos, que víronse superados durante todo o encontro por un rival moi serio.

Alevín A 10 - Milladoiro SD 0
Partido cómodo para os nosos alevíns, que lograrían a vantaxe moi cedo o que nos permitiu enfronta-lo final do partido con relaxación. Toca seguir traballando para mellorar!!

Alevín B 5 - SD Dubra 1
Partido mediocre dos nosos. Obtivemos a vitoria por medio de varias accións colectivas que acabaron saíndo ben, pero non fixemos un bo traballo sostido no tempo, de feito, concedemos varias ocasións de gol evitables. Toca traballar para ser constantes durante todo o tempo que dura o encontro.

(FUTSAL) Alevín B 2 - Stellae FS 5
Baixo o meu punto de vista fixemos unha boa primeira parte. Neste tempo fomos capaces de, en moitos aspectos distintos do xogo,acumular acertos con bastante asiduidade. A segunda parte foi distinta, os compañeiros do Stellae subiron o seu nivel e nós, nalgún aspecto, como o atencional, baixamos demasiado. Parebéns aos compañeiros do Stellae. Nós esforzámonos pero non acabou de saírnos. Debemos mellorar en mil aspectos diferentes, como é lóxico, pero posiblemente un deles sexa o control das nosas emocións.

(LUIS CALVO) Alevín 8 - EFM Boiro 1
Partido bastante tranquilo en termos xerais.
Moi bo incio de partido dos rapaces, aos poucos minutos xa tiñan un marcador moi favorable. Comezamos a encadear acertos e ocasións, e como tal, foron chegando os primeiros goles, algúns de roubos na saída de balón do equipo rival e outros en base a boas xogadas colectivas finalizadas con acerto.

Infantil A 4 - Cidade de Ribeira 2
Derradeira xornada desta primeira fase no noso campo. Este sería un partido moi entretido, onde a necesidade nosa de puntuar, demostraria as gañas que teriamos para competir. Destaca-lo traballo de todo-los rapaces, os cales se vaciarían no campo, este é o camiño a seguir.

Infantil C 5 - Victotria CF C 1
Partido moi serio dos nosos rapaces onde non pasaron apuros xa que foron quen de impo-lo seu xogo combinativo diante dun rival que se defendeu bastante ben. No debe queda que voltamos a regalar unha ocasión clara ó rival onde logrou o seu gol, ademáis non estivemos moi certeros cara a porta senon houbésemos acadado un resultado máis abultado. Toca seguir adestrando forte para acada-lo obxetivo de meterse no play off de ascenso.

At. Fátima B 1 - Infantil D 1
Disputamos un encontro complicado polo tipo do terreo de xogo, campo de terra onde os nosos xogadores non están afeitos a xogar. No primeiro tempo sufrimos demasiado porque tivémonos que adaptar á superficie do campo e polo tanto con defendernos xa tiñamos bastante. Marchamos ós vestiarios cun gol en contra. Na segunda metade o equipo soubo adaptarse mellor. Entendeu que debía de xogar con desprazamentos en longo de balón, poucos regates e conduci-lo balón o xusto. Con este novo estilo de xogo o equipo conseguiu empata-lo encontro. Partido moi serio e intenso dos nosos onde se levaron un merecido punto.

Cadete A 0 - RC Deportivo 5
Rival sempre duro, que a pesar de que os nosos aguantaron moitos minutos co empate a 0, viron como o rival os superaba ata chegar ao 0-5 final. A pesar da derrota, os nosos acadaron unha posición favorable para afrontar a segunda fase da competición. Seguimos!!

Cadete B 4 - Cordeiro CF 0
Penúltimo partido da primeira fase contra un dos aspirantes ao ascenso. O partido foi moi disputado cun xogo directo por parte de ambolos dous equipos. A maior efectividade do noso equipo provocou que fosemos 2-0 ao descanso. A segunda parte foi moi parecida a primeira pero cun troco de estilo, combinando mais en curto e buscando espazos. Partido controlado de principio a fin que fai que garanticemos a praza no play off e que vaiamos á última xornada con mais opcións de asegura-la segunda praza.

Cadete C 4 - Milladoiro SD 0
Encontro no cal nos presentamos con moitas baixas as cales supliron perfectamente os infantís. Dende o primeiro momento a iniciativa foi do Bertamiráns, froito delo adiantouse no minuto 7 e volve a marcar no 18, para poñerse 2-0 Resultado co que se chegou ó descanso. Conseguindo outros dous tantos no segundo tempo a pesar de rematar con 10 xogadores.

EF Lalín B 1 - Cadete D 1
O noso cadete D visitaba este domingo ao Lalin B, equipo que xa na primeira volta púxonos as cousas moi difíciles para consegui-los tres puntos. Equipo moi ben traballado a nivel defensivo, dos que menos goles encaixan do campeonato. Ainda asó os nosos rapaces pelexaron e conseguron ires ao descanso gañando 0-1. Facendo un traballo moi bo sobretodo a nivel defensivo. Unha mágoa que no minuto 65 nun dos
poucos erros defensivos dese lugar ao empate a 1. Parabenizar aos rapaces pola actitude mostrada e as gañas de competir e sobre todo de gañar. Seguimos unha semana máis nos postos altos da táboa.

Orillamar SD 3 - Xuvenil A 0
Mal partido dos nosos, que tras saber que a nosa posición non ía variar a pesar do resultado, afrontaron o partido cunha relaxación excesiva. A pesar diso, o resultado é abultado para o mostrado no campo. Toca afronta-la segunda fase con ganas e ilusión para asentar ao equipo na nova categoría.

Gol de Nico para o Infantil A.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image