Xornada 20/06/2021

This image for Image Layouts addon

Case acadámo-lo pleno nas fases de ascenso

A pesares do bo partido do Cadete B, éste non puido acada-la ansiada clasificación xa que as veces a pelota é moi caprichosa, e perdeu pola mínima fronte ó Oroso. Pola súa banda Xuvenil A, Xuvenil B e Cadete C cumpliron nas súas eliminatorias e clasifican para a final de ascenso. Unha mágoa que o Cadete C non poida ascender debido o tropezo do equipo B.
Ademáis remataron as ligas de fútbol 8, e pra semana comenzan as fases de campeóns onde se clasificaron os seguintes equipos da nosa base: Alevín A, Alevín B, Benxamín A, Benxamín C, PB A e PB B.

Cadete C 4 - Cacheiras 1
Partido moi completo dos nosos rapaces que controlaron case por completo. Adiántaronse no marcador na primeira metade, onde o rival non pisou a nosa área. Na segunda metade pasamos algo de apuro debido a que eles conseguiron achegarse no marcador cun gol mal defendido polos nosos, pero soupemos reaccionar e acadar un gran resultado. Agora toca pensar na final polo título, magoa que non poidamos ascender.

PB B 3 - Amio B 1
Bo partido no que os nosos sairon moi concentrados, pero no que non acadaron un marcador mais amplio debido ó baixo ritmo da segunda metade.

Futsal PB B 2 - Amio B 0
Partido moi competido, no que destacou o gol de Enzo e mai-lo penal detido por David. Moi boa actitude de todo o equipo.

Alevín C 1 - Estrada B 2
Partido moi frouxo do equipo, que chegaba líder á derradeira xornada. O exceso de confianza e os nervos puideron cos nosos que non foron quen de nin sequera acada-lo empate.

Xuvenil B 3 - Lasalle 0
Iniciábase a eliminatoria tentando os dous equipos marca-lo ritmo do partido sen dominador claro. A medida que ían pasando os minutos e con transicions rápidas conseguíamos poñer en apuros ao Lasalle. Aos 20 minutos, un roubo na zona central acaba nun claro penalt que supon un marcador en superioridade para o noso xuvenil. Cinco minutos despois unha xogada similar acaba cunha caída dentro da área que nesta ocasión o colexiado non considerou que houbera falta punible.
Na segunda parte o Lasalle aumenta o ritmo nos primeiros minutos, pero o noso xuvenil aguanta ben sen grandes complicacións. O mellor fondo físico vai decantando o partido cara os nosos a medida que se suman os minutos sumando dous goles máis hata acadae un 3-0.
Agora toca pensar na final.

Noia A 2 - Benxamin C 10
Último partido do grupo con victoria clara dos nosos nenos, onde foron moi superiores ó rival en toda-las zonas do campo. Con esta victoria acadamos os trinta puntos en xogo, agora a agarda-la fase polo titulo.

Boiro 2 - Benxamín A 1
Partido frouxo en termos xerais do Bertamiráns. O comezo do encontro foi positivo para nós, aínda tendo en conta que non mostramos toda a claridade e precisión que nos gustaría, tivemos varias ocasións e fomos capaces de adiantarnos no marcador. Pouquiño a pouco o equipo foise relaxando e, dado que a nosa vantaxe era moi curta e que os locais non se rendiron, o Noia acabou por darlle a volta ao marcador.

Noia B 9 - Benjamín D 0
Partido sen moita cor o do noso benxamín que non foi quen de prantar cara ó rival coma na primeira volta, sufrindo unha clara derrota de Noia. De todas formas péchase un ano difícil de aprendizaxe pero ilusionante polo que virá no futuro.

Alevín A 8 - Milladoiro 0
Goleada dos nosos rapaces que rematan a liga líderes e esperan xa as eliminatorias polo título. Victoria adicada a Xurxo que non poderá xogar nun tempo.

Conxo B 9 - Alevín D 0
Gran partido dos nosos nenos. O abultado marcador debeuse o bó facer do mellor equipo da liga, que era o rival que tiñamos de fronte. Os nosos competiron, pero o rival foi quen de imposibilita-lo desenrrolo do noso xogo.

Benxamín B 2 - Calo 3
Un forte e sólido Calo impúxose pola mínima aos nosos nun partido moi disputado, no que se viu un gran fútbol por parte dos dous equipos. O noso Benxamín remata a liga na 2ª posición.

PB A 11 - Conxo B 0
Os peques clasifícanse á fase final sen apenas esforzo, cun bo xogo e tan só con 4 goles en contra en toda a liga. Esperamos rivais para a fase polo título.

Oroso B 1 - Cadete B 0
A superioridade amosada no xogo polos nosos rapaces non se viu reflectida no marcador debido a falta de puntería cara a porta contraria.

Infantil A 2 - Conxo 2
Moi bo partido o dos nosos para pecha-la tempada, quizáis o máis completo de todos. O rival adiantaríase no marcador cun golazo, pero os nosos non lle perderon a cara ao partido e se mostraron dominadores co balón. A partir de ahí, varias ocasións para os nosos ata acada-lo 2-1 favorable, que se vería truncado o final cun gol nunha acción a balón parado.

Alevin B 3 - Villestro B 1
Partido intermitente dos nosos, que se mostraron dominadores pero sen xerar perigo sobre a portería rival. Finalmente, chegaron os goles que lle permiten ao equipo meterse na fase final.

Xuvenil A 2 - Amio 0
Gran resultado dos nosos na primeira eliminatoria do playoff de ascenso, no que os dous goles de Salama sirvenlle ao equipo para avanzar a seguinte ronda. O partido foi moi competido e as ocasións foron moi escasas en ambas áreas. Neste caso, a sorte estivo da nosa parte.

Image

O Alevín A adícalle a victoria a seu compañeiro Xurxo que non vai poder acompañalo durante un tempo. Moita forza para Xurxo.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Image