Novas

Xornada 20/11/2022

Xornada solidaria do Bertamiráns Fc en apoio da causa Saharaui

Gran ambiente no Municipal na victoria do Séniro diante da SD Urdilde, ademáis conseguiuse unha gran recaudación para axudar a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahui, todo por unha causa xusta e solidaria.
Ademáis da victoria do Sénior que o encarama no alto da táboa, debemos destaca-las victorias do Cadete A e Xuvenil B, o primeiro recupera o lidearado da categoría e o segundo consegue tres puntos importantísimos para acadar unha ansiada permanencia.

Biberón A 0 - SD Compostela A 4
Partido onde vímonos superados en tóda-las facetas do xogo, onde tentamos facelo que adestramos pero o outro equipo defendeuse moi ben e foi quen de materializar tódo-los goles do partido. Moi bo partido o do equipo rival.

Biberon B 0 - At. Fátima 4
Partido moi complicado xa que os seus xogadores eran todos de segundo ano, os nosos lograron crear algunha ocasion no partido pero non puideron meter gol, por outra banda eles tiveron moitas ocasións e meteron en tóda-las partes, agora toca seguir traballando para mellorar.

AD Nicrariense 0 - PB A 2
Partido do noso Prebenxamín A dinte do primeiro clasificado nun partido de moito traballo no que os dous equipos buscamo-la victoria, onde nós estivemos máis acertados cara o gol cun traballo de todo o equipo tanto con balón como no aspecto defensivo. Agora poñémonos primeiros e dependendo de nós mesmos pra pasar a xogar polo título; agora a pensar no Rois vindeiro rival.

Cordeiro CF C 0 - PB B 8
Partido moi prácido o do noso PB no que quedou patente a diferenza entre ámbolos dous equipos e que serviu para que todos xogasen moitos minutos e incluso algún dos nosos se estrenase como goleador coa ledicia que supón. ¡Veña rapaces!

(FUTSAL) PB B 3 - Victoria CF B 0
Partido moi ben xogado polo noso equipo, con momentos de moi bo xogo combinativo e que incluso fomos quen de comenzar a marcar de xogadas de estratexia, nesta mañán de Domingo, onde acadamos unha victoria que nos fai pecha-la primeira fase de competición cun bo sorriso. ¡Forza para o que ven, nenos!

Benxamín A 0 - CD Conxo Santiago 1
Mal partido, con pouca intensidade onde non fomos quen de doblegar a alta calidade do rival.

Benxamin B 2 - SR Calo 3
Bonito partido o disputado no municipal, entre dous equipos da zona alta da táboa. Primeira metade igualada, onde quizáis os nosos rapaces estiveron mellor. A segunda comezaria cos nosos bastante imprecisos e superados en varias perdas en campo propio, as cales pasáronnos factura. Continuamos ca aprendizaxe para conseguir mellorar nos nosos erros.

Benxamín C 6 - Benxamín D 0
Derbi moi entretido entre dous equipos da nosa base. Notouse moito a diferenza de idade entre ambos conxuntos e iso plasmouse no marcador. Seguimos traballando para formar a estes grandes equipos.

Alevín A 0 - CD Conxo Santiago 1
Desta volta tocou sufrir máis do que nos gustaría. Estivemos bastante ben na primeira parte e un chisco peor na segunda. Foi un partido moi disputado, con poucas ocasións para calquera dos dous equipos. Non estivemos fiables co balón. Erramos en accións técnicas que acostumamos a resolver con maior precisión e posiblemente iso xerou nervios e intranquilidade que tampouco nos axudaron en nada. Non era o día para cometer erros. Para a semana máis!!

Milladoiro SD B 1 - Alevín B 8
Partido que comezaba algo trabado pero que tras un par de boas accións dos nosos nenos lograbamos sacar unha vantaxe que pouco a pouco seguiríamos ampliando no marcador. Destaca-la actuación de Mateo e de Hugo, que estiveron fantásticos durante todo o encontro.

Alevin C 7 - SD Esclavitud A 1
Partido do noso Alevin C diante do segundo clasificado no que saímos dende o inicio facéndonos co control do partido, pobra delo foi que nos puxemos por diante nos primeiros minutos cunha presión ben executada que supuxo que roubasemos moitos balóns preto da súa portería collendo unha amplia vantaxe ó remate da primeira parte. Na segunda parte aínda que creamos ocasións non fomos quen de métela entre os tres paos. Pasamos primeiros de grupo sen coñece-la derrota, pleno de victorias. Agora toca traballar para a seguinte fase.

Alevín D 4 - SD Esclavitud B 0
Derradeiro partido da primeira fase e unha victoria que nos serve para colidera-la táboa e poñer un gran final a un moi bo primeiro tramo de tempada- Agardamos con ilusión a seguinte fase e seguimos traballando para ir a ela o máis preparados posible.

SD Cacheiras C 3 - Alevín E 0
Derradeiro partido de liga da primeira fase. Íamos comeza-lo encontro algo durmidos en defensa e por culpa diso regalaríamoslles un gol ao equipo rival. Despois disto subimos unha marchiña máis e comezamos a competir. Pero pouco máis alá foi o partido xa que case non se podía xogar ao fútbol xa que o rival paraba moito o xogo con continuas faltas a destempo que nos impedía intentar algo diferente no encontro. Agora toca mirar xa na seguinte fase e seguir traballando para medrar.

EF Lalín 1 - Infantil A 9
Victoria clara que afianza o liderato do noso equipo. Empezou o Berta un pouco trabado, custando enlazar pases, previsible e errático, pero pouco a pouco foise achegando á meta rival. Así nun saque dende o curruncho, o balón non logra ser despexado e chega o segundo pau a Santi, que so ten que empurralo ao fondo da rede. Pouco despois, noutro saque dende o curruncho, Lucas fai un remate de testa maxistral que se cola case pola escadra esquerda. Dez minutos despois no minuto 33, Álex entra na área e cruza a pelota e acaba en gol. Con este resultado de 0-3 fómonos aos vestiarios. A segunda parte non tivo cor, e así no minuto 41, despois dunha boa xogada, Pérez fai unha boa presión defensiva preto da meta contraria, rouba balón e consegue finalizar él mesmo a acción para face-lo 0-4. Mediada a segunda parte, o Lalín nun pase en profundidade, o dianteiro local o orienta cara a porta recibe unha tarascada por parte de Santi, pena máxima e gol de Noé. Despois disto as ocasións por parte do Berta vanse sumando, e así no 61 e 62 Xurxo fai dous goles, no 68 Diego que saltou o campo na segunda parte fixo o seu gol. Todavía habería tempo para máis, xa que Lucas no 78 e 79 con dous goles conseguiría un hattrick.

Infantil B 3 - Amio SD A 1
Partido moi disputado diante dun equipo de segundo ano que non puxo as cousas doadas para os nosos. O equipo achegabase con moito perigo a portería rival pero non definía como é habitual e o primeiro chegaba no min.18 por medio de Rodri. A primeira metade remataba con ese 1-0 a favor, xa na segunda a tónica seguía a se-la mesma pero nun erro na saída de balón o rival poñia o 1-1 no marcador min.41. Houbo que esperar ao min.63' despois dun claro penalti sobre Rodri para que Noya marcase. Co 2-1 o equipo goza de ocasións claras pero non e quen de materializar ata o min.75' despois dunha gran xogada colectiva Marco de perfecto disparo poñia o 3-1. Aínda tivemos ocasión de amplia-lo marcador logo doutro claro penalti sobre Darío que Noya marrou enviando o balón por riba do longueiro. Bo traballo do equipo pese as innumerables baixas por gripa e lesións, sumando 11 victorias en 11 encontros.

Infantil C 4 - Bastavales UD A 0
Bo partido realizado polo infantil plasmando no campo detalles adestrados durante a semana. Puxémonos moi cedo en vantaxe no marcador e no minuto 20 xa íamos gañando 3-0. Baixamos un pouco o ritmo pero seguíamos probando cousas distintas con acerto. Bo resultado que nos permite seguir coliderando a clasificación unha semana máis.

Infantil D 9 - San Pedro FC 2
Trámite de partido. Rival sen motivación que apenas opuxo intensidade, a pesares do resultado debemos muda-la actitude e volver a retoma-lo bo xogo.

Cadete A 2 - SDC y R Narón O Freixo 1
Victoria traballada e sufrida, pero recuperamos de novo o liderado. Bo partido o disputado no municipal de Bertamiráns, onde nun principio se veu moito xogo de medio campo, con intensidade pero con imprecisións, con moi poucas opcións de poder facer gol ambo-los dous equipos. Mencionar unha do Berta, que con todo a favor nun remate preto da meta marrouse. Pouco despois, nunha recuperación dun balón en tres cartos de campo, o Berta trenza unha xogada perfecta, que remata preto da área pequena Pollo, axustado o pau dereito, que fai imposible a estirada do gardamallas. Con este resultado fómonos ao descanso. Á volta dos vestiarios o equipo local domina o partido, tendo varias ocasións para aumentar distanzas por parte de Mateo, unha diante do porteiro que nun intento de axustala o pau lonxano, remata suave as máns do gardamallas. Noutra ocasión despois dunha gran xogada finaliza dende a frontal da área grande moi preto do pau dereito. O dominio ten froitos e así no minuto 65, Migui despois de sortear varios rivais e adentrarse un pouco na área grande, remata de maneira maxestuosa o pau lonxano co interior do pe esquerdo, atopando o fondo da rede. Podíase pensar que a victoria estaba lograda, pero tocou sufrir, xa que o Narón empezou a estirarse, así no desconto, nunha contra rápida remata en gol por parte de Manuel. Quedaba pouco pero trouxo a incertidume o estadio. Pero non houbo tempo para máis, 2-1 definitivo.

Porto do Son CF 1 - Cadete B 5
Despois do susto recibido a semana pasada, esta semana o equipo saíu ao terreo de xogo moito máis enchufado, grazas a iso aos 10 minutos do inicio xa ibamos gañando 0-3. Chegabamos ao tempo de lecer cun 0-4 a favor. Na segunda parte saímos con bastante menos ritmo e concedemos varias transicións ao rival debido a imprecisións en pases e controis. Lograbamos face-lo quinto gol, pero ao pouco por unha desas perdas nun mal pase chegaba o gol da honra do Porto do Son. Temos que lograr manternos máis metidos no partido durante todo o encontro. A seguir traballando rapaces.

Cadete C 2 - E Estrada FB B 1
Partido moi intenso onde un bo equipo como o Estrada en posicionamento e intensidas fixo que no empleasemos a fondo para levarnos os tres puntos. Traballo, traballo e traballo...

Bergantiños CF B 1 - Xuvenil A 0
Derrota inxusta a sufrida polos nosos en Carballo, xa que a pesares de ires con moitas baixas e completa-la convocatoria con dous cadetes o equipo foi dominador do xogo durante os 90 minutos e iso deu coma resultado que tivese numerosas ocasións que non foi quen de transformar. Pola contra o rival dispuxo de unha clara que si converteu e despois foi quen de defender, as veces o fútbol é inxusto pero debemos de tomar nota da actitude e competitividade do rival que iban todos a unha. Toca traballar para remendalo na vindeira xornada.

Xuvenil B 2 - AD Nicrariense 1
Encontro no que os dous contendentes buscaron en todo momento minimizar riscos na saída de balón, o que deixou unha primeira parte moi igualada e cun par de ocasións para cada equipo. Á volta de vestiarios desnivelase grazas a un penal a favor do ADN, o que provoca uns minutos de desconcerto, pero tras superar ese momento o equipo voltou o plan establecido conseguindo remota-lo encontro sen ter que botar de menos o penal marrado. Demostrando que con traballo, gañas, actitude e confianza este equipo ten moito que decir na liga.

Sénior 3 - SD Urdilde 1
Pensábamos que sería unha proba moi difícil de superar e así foi. Conseguimos acada-los tres puntos pero custounos moito. Cando a presión do equipo rival é, por momentos, tan agresiva e tan numerosa como foi a do Urdilde, un equipo só pode resolver de forma satisfactoria as situacións a vivir se é quen de mostrar, como mínimo, o mesmo nivel de implicación, o mesmo sacrificio cos outros. Faltounos algo de precisión, algo de calma, algo de tranqulidade para medir ben o momento... pero non estivemos mal, en cousas, de feito, moi acertados. Domingo outro óso duro de roer. Imos alá.

Equipo do Xuvenil B que esta xornada acadou unha importante victoria diante do ADN.

Image

Gol de testa de Mateo para o Alevín B.

Gol de Nacho a saída dun córner na victoria do Cadete B.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

Director Deportivo
676014018

F11 Coordinador
653345278

F8 Coordinador
690793915

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal