Xornada 21/11/2021

This image for Image Layouts addon

Xornada con moitos goles, aínda que con algúns resultados negativos

Nesta xornada destacamo-lo empate que acadou o noso Cadete A en Carballo, esperemos que sexa un punto de inflexión na súa andaina nesta complicada liga. Ademáis destacamo-lo debut do Biberón A con victoria diante do Praíña nunha mañá moi entretida para os nosos peques.

SD Praíña 1 - Biberón A 3
Mañán chea de emocións e ilusións no primeiro partido do noso Biberón A que rematou ca primeira victoria do ano para os peques. Saíron cun sorriso ben merecido polo partido feito destacando o esforzo de todos eles. Agora a seguir aprendendo para as vindeiras semanas.

Villestro SD A 3 - Biberón B 1
Gran partido dos máis peques da nosa base, competiron moi ben e marcaron os seus primeiros goles. Comezaron gañando o primeiro cuarto pero despois non foron quen de consegui-la victoria nos outros tres, aínda que perderon pola mínima.

Amio SD 1 - Pb A 5
Preciosa mañá de fútbol a que disfrutaron os nosos prebenxamíns. Disfrutamos no campo e fora del, seguimos formando os mais peques polo bo camiño.

Pb B 7 - SD Compostela 0
Segundo partido de liga dos nosos prebenxamíns de primeiro ano, moi bo partido de todos eles, que estiveron concentrados en todo momento Empezan a recolle-los froitos do que traballan nos adestramentos.

Pb C 1 - Exclavitud 1
Partido moi igualado no municipal. Poñíamonos por diante na primeira parte, chegando asì ao descanso. Na segunda parte o Exclavitud logra o empate. Resultado xusto. Partido para que os pequenos vaian progresando e disfrutando co deporte.

Benxamín A 3 - EFM Boiro 0
Mal partido dos nosos que estiveron moi mal con e sen balón pero que souperon competir para sacar con solvencia os tres puntos.

Benxamín B 3 - EFM Boiro C 0
Partido traballado diante dun rival de segundo ano que non puxo as cousas sinxelas. Un gol antes do descanso encamiñou o partido para nunha cómoda segunda parte con dous goles mais acada-la victoria. Partido serio dos rapaces.

Benxamín C 13 - Cacheiras C 3
Partido moi cómodo dos nosos rapaces, onde o rival non foi quen de plantarlle cara.

Benxamín D 3- Victoria CF D 3
Partido igualado na primeira parte, onde o Victoria puxose 0-3 sendo mais eficaz, mentres na segunda parte o Bertamirans foi moi superior e consegiu un empate a tres no último minuto.

Xuv. Oroso 6 - Alevín A 2
Mal partido dos nosos, que tras bos partidos nas anteriores xornadas non estiveron a altura deste. O rival gañounos tanto en gañas como en ideas, polo que o resultado non puido ser outro. Toca seguir adestrando para mellorar.

Esclavitude 1 - Alevín B 6
Bo partido do noso Alevín diante dun rival frouxiño. Acadouse un resultado moi favorable nos primeiros 10 minutos e dende ese momento tratamos de mante-lo control do partido sen deixar, de cando en vez, facer dano na portería rival.

Alevín C 8 - A Baña 0
Partido dominado de principio a fin polos nosos. O xogo do equipo foi moi superior e non deu opcións ó rival.

Alevin D 6 - Victoria C 0
Segundo partido de liga cunha victoria nun mal partido por parte nos, sen control do xogo e gañando poñendo moi pouco fútbol agora correxi-las cousas mal feitas pra próxima semana ante o Amio B.

Alevin E 0 - Touro 5
Partido dominado de cabo a rabo polos visitantes que non deron opción algunha aos nosos rapaces.

(FUTSAL) Stellae FS 5 - Alevín B 4
Boísimo comezo de encontro pola nosa parte. O Stellae non foi quen de facernos fronte nos primeiros 12 minutos pero a medida q foi pasando o tempo foron indo a máis para ao final acada-la victoria.

Infantil A 3 - Victoria CF 3
Visitaba o municipal o equipo coruñés, ao pouco de comezar, os nosos estrelarían un balón no pau da portería visitante e, acto seguido, o rival se adiantaría no marcador. Neste encontro costaríanos moito poder combinar, debido as imprecisións nos controles e as continuas perdas no centro do campo, ainda así, fomos quen de repoñernos e darlle a volta ó marcador, por dous tantos de vantaxe. Os últimos 20 minutos de partido, quizáis foran os peores momentos que pasamos esta tempada. Os nosos serían incapaces de contraresta-la diferenza de centímetros e físico, dun rival, que nos asfixiaba. Froito do empuxe do Victoria, produciríanse moitos desaxustes, onde non sairíamos gañando en case nengunha disputa, e en situacións de vantaxe cos dous xogadores contra 1 do rival. Durante o encontro, tampouco seríamos capaces de gañar ningún segundo balón. Xusto empate no marcador.

Milladoiro SD 2 - Infantil B 3
Partido de altibaixos do nosos Infantil B no que se foi o decanso co resultado e as ocasións igualadas. Na segunda parte o rival púxose por diante con dous goles nun minuto, pero os nosos souperon darlle a volta ó partido con dous goles de Lucas e outro de Álex de falta.

La Salle 0 - Infantil C 5
Partido dominado completamente polos nosos rapaces, aínda que na primeira parte non foron quen de xerar moitas ocasións porque tiñamo-lo mediocampo moi metido atrás, na única ocasión clara acadaron o 0-1. Na segunda parte o equipo colocouse correctamente, co mediocampo máis adiantado, e xerou moitísimas ocasións de gol. Agora toca seguir traballando para conseguir outra victoria na vindeira xornada.

Infantil D 0 - EFM Boiro B 12
Os nosos rapaces tiveron uns primeiros vinte minutos do primeiro tempo onde competiron cara a cara fronte o seu rival chegando a incomodalo. Pero unha vez que encaixaron os dous primeiros goles, a actitude do equipo foi moi mala xa que se deron por derrotados e polo tanto foron moi inferiores ó riva. Seguiremos traballando para mudar esta dinámica.

Bergantiños 1 - Cadete A 1
Partido difícil o desta fin de semana. O equipo estaba intranquilo ante a necesidade dos puntos. A pesar de todo os rapaces fixeron un gran esforzo, e puidemos acada-lo empate.Unha mágoa non poder acertar de cara o gol nalgunha das ocasión claras das que dispuxo o equipo.

EFM Boiro B 1 - Cadete B 8
Partido moi serio, que os rapaces souperon controlar de principio a fin. Con catro goles en cada parte o equipo soupo repoñerse da dura derrota da semana pasada e saca-los tres puntos dun dos campos mais complicados da liga.

Dubra 1 - Cadete C 6
Os nosos rapaces dominaron completamente un encontro onde únicamente concederon unha ocasión de gol debido a un erro da defensa na saída do balón o que significou o empate momentáneo no marcador. Toca seguir traballando para entrar máis concentrados nos partidos.

Cadete D 3 - Victoria C 6
O noso cadete D perde contra o victoria "C". Despois dunha primeira parte moi competida e que se chegaría ao descanso cun empate a un no marcador, o equipo salería moi durmido na segunda parte. Finalizando o encontro cun 3-6 no marcador.

EFM Boiro 2 - Xuvenil A 1
Resultado enganoso, pois o rival foi claramente mellor durante boa parte do encontro, puidendo aumenta-la vantaxe no marcador varias veces. Ao final,un tanto de Manu no 92 maquillaría o resultado final.

Xuvenil B 3 - Xuño 3
Partido raro o vivido no municipal de Bertamiráns. Nunha prmeira parte onde os nosos foron infinitamente superiores puxemonos moi cedo cun dous a cero no marcador e puideron ser mais, pois as chegadas eran constantes e incluso dous balóns estreláronse no longueiro. Pero cando estabamos no tempo de desconto o Xuño no primeiro disparo reducìa distancias. Comenzaba a segunda parte mais relaxado pero intentando acada-lo gol que nos distanciara no marcador. Este chegou a falta de dez minutos. Cando todo parecía que o marcador non se moverìa dous balons longos por parte do Xuño acaban dentro da porteria e logran empata-lo partido. Dous puntos perdidos.

Luaña 3 - Senior 1
O campo condicionou o xogo do equipo que se viu obrigado a xogar directo e nunca puido estar cómodo co balon, a diferencia do Luaña, acostumado a ese xogo gañou a maioría das disputas aéreas e logrou remonta-lo partido o saír do descanso, o Berta non soubo reaccionar tra-lo gol do empate e encaixa dous máis en dez minutos, o Berta intentouno nos últimos vinte minutos pero sen éxito. Aínda peor que perde-los tres puntos foi a lesión no xeonllo de Capi na primeira parte o que lle desexamos unha pronta recuperación.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Image