Novas

Xornada 22/01/2023

Agónica victoria do Sénior no municipal.

Fin de semana de nubes e claros, con victorias do Sénior, Infantil A e Infantil B que lles permiten continuar nos postos de privilexio da táboa clasificatoria, ademáis duras derrotas do Cadete A e Xuvenil A fóra da casa. O equipo Sénior acadou unha agónica victoria nos intres finais que lle permiten mante-lo liderado da liga.
No fútbol 8 destacamo-las victorias do Benxamín A e do PB A e dura derrota do Alevín A que non é quen de engancharse nos postos altos da clasificación.

Biberón A 1 - SD Milladoiro 3
Partido onde a pesar de sermos sometidos polo rival, comezamos gañando a primeira parte. O Milladoiro non se rendiría, e seguiría apretando ata darlle a volta ao marcador e levarse o partido.

Biberón B 0 - SD Cacheiras B 4
Encontro moi complicado xa que xogabamos diante dun equipo de arriba, con nenos de segundo ano moito mellores ca os nosos, tivemos varias ocasións e conseguimos meter un gol na segunda parte do partido que non serviu de moito xa que na seguinte xogada metéronnos eles, pouco a pouco vanse notando diferenzas en canto as primeiras xornadas.

SD Esclavitud - PB A 7
Partido do noso Prebenxamín A moi completo, xerando moitas ocasións e concedendo moi poucas, estando sempre co o control do partido; agora a pensar no vindeira xornada.

Crocha Balompé CF 2 - PB B 0
Partido xogado de poder a poder entre dous equipos moi igualados e que non se decidiu ata os derradeiros minutos no que os locais acadaron o segundo gol co que pecharon o partido. Os nosos loitaron ata o fin e incluso marraron un penalti para adiantarse no marcador con empate a 0. Derrota das que hai que estar orgullosos e das que se aprende cara o futuro.

(FUTSAL) CD Cía. de María 1 - PB B 3
Victoria clara a acadada polo noso equipo nun partido onde houbo moita diferenZa entre ámbolos dous contendentes polo que puideron aproveitar para facer probas de cara o futuro. Norabóa e a seguir adiante.

SD Compostela 2 - Benxamín A 6
Victoria diante dun rival que pelexou o partido ata os derradeiros minutos, pero non foi quen de supera-la concentración e a seriedade dos nosos nenos, seguimos nunha boa dinámica con bo traballo e seriedade.

Benxamín B 8 - SD Dubra 0
Partido no que os nosos empezaron moi espesos, pero pouco a pouco foron demostrando a súa superioridade e foron chegando os goles.

Benxamín C 3 - SD Amio 1
Partido moi intenso onde o resultado puido ser máis abultado de non ser pola gran actuación do porteiro rival. Gran traballo de todo o equipo. Seguimos traballando e formando.

Benxamín D 1 - SD Esclavitud 6
Partido complicado diante dun rival moi superior e onde os nosos foron quen de manterse vivos no partido ata os minutos finais onde a superioridade física e técnica do rival quedou de manifesto. Bo traballo de tódo-los nenos. Agora toca seguir traballando nos adestramentos a espera do seguinte partido.

SD Compostela 1 - Alevín A 0
Partido mediocre pola nosa parte. Non fomos quen de impoñe-lo ritmo de xogo que debíamos, cometemos moitos erros de precisión e máis de interpretación... Quizáis o rival obtén demasiado premio levando os 3 puntos pero igualmente nós non estamos ben. Toca seguir e face-las cousas mellor.

E. Estrada FB 0 - Alevín B 7
Partido dominado de principio a fin polos nosos nenos que non deixaron nin que o rival se achegase á nosa portería. Gran traballo dos nosos.

Puebla FC B 0 - Alevín C 12
Partido do noso Alevin C diante do Puebla B como reflicte o marcador, tivemo-lo control do partido dende o inicio ao remate sen grandes problemas; agora a pensar no vindeira xornada.

SD Esclavitud 2 - Alevín D 1
Partido moi disputado entre os dous equipos, onde nos adiantaríamos nunha acción a balon parado; a partires de ahí o equipo local dispuxo de grandes ocasións e conseguiu igualar xusto antes do descanso... a segunda parte comezou cun novo gol do equipo local para darlle a volta ao resultado, intentouse consegui-la igualada pero non sería posible.

Alevín E 0 - AD Nicrariense B 6
Comezábamo-lo encontro cun bo plantexamento que faría que amosaramos un bo xogo, saíndo dende atrás co balón e tendo varias ocasións. Sen embargo cometeríamos dous erros individuais que significarían o 0-2 antes de ir ao descanso, quitando iso, unha moi boa parte dos nosos. Na seguinte parte baixaríamos un par de marchas e saíriamos sen intensidade, por culpa diso encaxaríamos varios goles de seguido. Nos derradeiros minutos intentaríamos subi-lo marcador ao noso favor pero non seríamos quen de facelo.

Infantil A 2 - ED Xuventú Oroso 0
Partido no que os nosos volven a senda de victoria. Comezou o equipo dominando o partido na primeira parte pero sen crear ningunha ocasión clara de gol salvo unha incursión na área e un disparo de fóra da mesma por parte de álex. O Oroso tamen tivo unha contra na que o balón o detivo Xoel. Na segunda parte o equipo segue dubitativo e sen crear ocasións claras de gol debido as imprecisións e falta de chispa nos metros finais. A entrada de Lucas, Kape, Pérez e Xurxo dalle máis aire ao ataque e así unha combinación de Pérez e Álex acaba cun disparo escorado que por fin logra bater ao porteiro e adiantarse no marcador no minuto 72. Pouco despois chegaría o segundo e sentenza cun remate de Lucas nun saque dende o curruncho. Así os nosos seguen nos postos privilexiados da clasificación.

Infantil B 4 - CD Conxo Santiago B
Partidazo con maiúsculas dos nosos que non deron opción ao rival en ningún momento do partido. Primeira parte moi ben xogada con dominio absoluto que rematou cun 3-0 ao descanso. Na segunda metade o rival intenta apreta-la nosa saída de balón pero o equipo segue a domina-lo xogo e chega o 4-0 que finiquitaba o encontro. Un fallo do noso central na saída de balón propicia o gol do rival para remata-lo encontro con ese 4-1 que devolvía o liderado aos nosos.

EFM Concello Boiro C 0 - Infantil C 11
Partido con pouca historia o xogado polo noso infantil en Boiro onde conseguimos unha victoria cómoda para comenza-la segunda volta da liga.

La Salle 4 - Infantil D 3
Derrota diante dun rival físicamente superior que cun xogo duro foi quen de superar aos nosos rapaces. Parabenizar ao equipo xa que non baixaron os brazos e sempre estiveron enganchados ao partido.

San Tirso SD B 3 - Cadete A 0
Duro castigo para o equipo despois do visto no campo do Monte, onde o noso equipo tivo moitas máis ocasións de gol pero todo o que tirou a meta o equipo local acabou no fondo da rede. Máxima efectividade. Empezou o noso equipo moito máis metido no encontro, chegando a área rival e facendo disparos a porta, pero o meta contrario víase seguro e noutras ocasións sería o pau, coma o remate de Jesús. Pero sería no minuto 24, na primeira vez que o San Tirso achégase á meta visitante con perigo, quen abriría o marcador por medio do número 8, Mateo. Antes do descanso, o Berta enviaría outro remate a madeira, por parte de Pablote. Na segunda parte, os nosos saen máis decididos a atacar, tentaban pechar máis ao rival na súa área, pero serían os locais en dous balóns profundos, que recollería o dorsal 15 Diego, quen faría o 2-0 no setenta e o 3-0 no minuto setenta e catro. O Berta seguiría tentando face-lo gol da honra, así Suárez non acertaría a rematar preto da liña de gol un centro lateral. En definitiva, mala sorte para os nosos, que por ocasións de gol mereceron moito máis.

AD Nicrariense 0 - Cadete B 5
O noso cadete visitou este Domingo o campo de Cepelo para medirse fronte ao AD Nicrariense. Campo sempre difícil para desenvolve-lo fútbol traballado polos nosos rapaces, ademáis o equipo sabía que tiña que iniciar con moita concentración porque aínda que o rival fose colista podía meternos en calquer apreto no seu campo. Finalmente, o equipo empezou sen darlle ningún tipo de opción de meterse no partido ao rival. Fomos ao descanso cun contundente 0-3 no marcador, saímos para a segunda parte e logramos marcar 2 goles máis que facían que finalizasemos o encontro con 0-5 e os 3 puntos veñan para Bertamiráns. Na vindeira semana visitaranos o Noia, traballaremos toda a semana para que os 3 puntos queden no municipal e logremos a quinta victoria consecutiva.

Praíña SP 2 - Cadete C 5
Outro partido moi disputado a pesares do resultado. Gran traballo grupal do equipo. Certo é que nos derradeiros minutos e con resultado xa finiuitado, os noso relaxáronse e encaixaron dous goles do rival, esto deixa como ensinanza que ata o pitido final hai que mante-la intensidade e equilibrio no campo. Seguimos traballando na formación.

CD Boiro 2 - Xuvenil A 1
Gran partido o disputado polos nosos rapaces diante duns dos mellore equipos da categoría como así o reflicte a clasificación. A primeira metade foi espectacular onde o Xuvenil A foi quen de domina-lo xogo e crear as únicas ocasións claras de gol que se produciron, así no minuto 43 nunha boa xogada colectiva, Bonome queda só diante do porteiro e coloca o 0-1 co que nos fomos aos vestiarios. Na segunda metade o rival saíu cunha intensidade superior e con balóns longos tratou de chegar a nosa área e tratar de xerar perigo pero non era capaz de facelo. Así no minuto 55 Bonome puido face-lo 0-2 nunha xogada calcada a do primeiro gol pero o balón non quixo entrar. No debe deste equipo temos as fallas de concentración que seguen a producir erros que nos están a custar moitos puntos; e desta vez apareceron no minuto 63 e no 65, o Boiro non os desaproveitou e deulle a volta ó marcador. Aínda así cos trocos o equipo seguiu tratando de aperatar e cun xogo máis directo dispuxo de 3 ocasións claras para empatar que se marcharon lambendo o pau.

CF Cire de Melide 2 - Xuvenil B 2
O encontro deste finde comezou con dúas ocasións a balón parado para o Melide, detidas polo noso gardameta. O cal nos fixo reaccionar e igualar a intensidade e posteriormente conseguir impoñerse no medio campo, gañando as disputas e os segundos balóns.Froito disto coseguimos adiantarnos no marcador... conseguindo un 0-2. Que finalmemte nos igualan en dúas xogadas illadas, un balón parado e un golpeo a escadra do mellor xogador rival.

Sénior 3 - Sporting Lampón 2
Partido que se nos cumplicou moito dado que a nosa concentración e o noso esforzo non foi o axeitado. Comezou o rival adiantándose na primeira ocasión que tivo, aos 10 minutos de xogo xa íamos perdendo. Nós non éramos quen de xerar ocasións claras ata que Varela, despois dun saque de banda consegue rematar e face-lo 1-1. Xa na segunda parte o equipo saíu máis concentrado, poñendo máis esforzo e interese; seguíamos sen xerar demasiadas ocasións. Nun dos centro de Cea dende a banda esquerda o balón envelenouse e acabou dentro da portería do equipo rival. Despois do 2-1 o Lampón dispuxo de varias ocasións claras para empatar e nós dispuxemos de varias ocasións para amplia-la vantaxe. O que acabou chegando foi o empate, conseguírono por medio dun libre indirecto que entra pola escadra. Corría o minuto 90 e temos un saque dende o curruncho a favor, xusto nese intre apareceu un dos veteranos do equipo para face-lo 3-2 e sumar 3 novos puntos. Quizais moito premio para o visto no campo. Para a semana máis.

 

Gol de Leo na victoria do PB A.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal