Novas

Xornada 22/04/2022

O Cadete C proclámase campéon de liga por segundo ano consecutivo

Esta fin de semana proclamouse Campeón de Liga o noso Cadete C por segundo ano consecutivo, estes rapaces levan facendo un bó traballo dous anos seguidos. Moitos parabéns! Ademáis o noso Biberón A quedou segundo clasificado na liga de futsal e o Sénior parece que arrancou o motor coa cuarta victoria consecutiva. Pola contra tivemos dúas derrotas mois dolorosas protagonizadas polo Infantil A en Ferrol e polo Cadete A en Santiago.
En futsal parabenizar ó noso Alevín A polo ascenso acadado a Liga Galega.

Biberón F8 3 - CF Noia 5
Partido moi disputado que se decantou de lado visitante xa que estivo máis acertado cara a portería. Os nenos amosaron no terreo de xogo todo o aprendido durante estas semanas de aprendizaxe, ademáis de pasalo en grande xogando o deporte que máis lles gusta.

Biberón A 2 - Victoria FC 2
Partido igualado no que calquera dos dous equipos puido levarse a victoria. Os nosos dominaron máis o balón pero o rival soubo facer dano coas contras. Partido moi ben competido polos nosos que co seu esforzo foron quen de sacar un empate.

La Salle 1 - Biberón B 1
Partido moi igualado e emocionante, o disputado polo equipo dos máis peques do noso clube. Houbo ocasións para ámbolos dous conxuntos pero non puidemos levarnos unha victoria. O primeiro cuarto foi noso, para logo empatar os dous seguintes sen goles. Logo no último e a falta de moi pouco tempo o equipo rival consegueiu iguala-lo marcador. Sen lugar a dúbidas este equipo foi a máis o longo da tempada, sendo este o mellor partido que fixeron en todo o ano.

PB A 0 - Xuv. Oroso 3
Encontro entre os dous primeiros clasificados, adiantaríase cedo o Oroso logo dun mal despexe noso o borde da área. Isto propiciaría moitos nervos nos nosos nenos, precipitaríanse en varias accións con e sen balón. Antes do descanso chegaría o segundo do Oroso. Saímos do tempo de lecer convencidos de que se marcabamos un gol poderíamos meternos no partido, pero non fomos quen e así o rival sentenciaría o partido e demostraría ser mellor ca nós. Noraboa polo esforzo aos nosos rapaces, demostran que este deporte os apaixona e que teñen moitas gañas de seguir aprendendo.

Peleteiro 5 - PB B 2
Foi o partido máis completo da tempada diante dun rival moi complicado, líder da clasificación. Tivemos as nosas opcións pero ó final non puido ser. Moi bo partido dos nosos nenos no que se lles notou a evolución que levan acadado ó longo dos adestramentos desta tempada.

PB C 1 - CD Unión 1
Partido moi intenso o disputado polos nosos pequenos na tarde do sábado diasnte dun equipo moi rápido e que defendía moi ben plantado, polo que apenas houbo ocasións. Nós intentabamos, dentro do proceso evolutivo dos rapaces, saír coa pelota xogada co risco que isto implica en ocasións pero, tamén ahí esta o aprendizaxe. Adiantabamonos no marcador na primeira parte e conseguía empatar mediada a segunda parte o Unión. Resultado xusto.

E. Estrada FB 2 - Benxamín A 3
Partido moi disputado onde os nosos pequenos non foron quen de se atopar cómodos en ningunha fase do partido. Pese a isto, foron quen de darlle a volta ao marcador e voltar cos tres puntos para a casa.

SD Compostela B 0 - Benxamín C 5
Partido moi completo dos rapaces que dominaron dende o minuto un ata ó final. Victoria merecida e importante de cara á recta final de tempada.

Benxamín D 4 - E. Estrada FB B 2
Gran partido disputado por parte dos nosos nenos!
Na primeira parte disputaríamos a mellor parte no que vai de liga, impoñéndonos con claridade a un rival que en teoría polo que mostraba a clasificación era superior, cun resultado de 2-0! Tocou sufrir un pouco á volta do descanso onde apretou o equipo visitante recortando o resultado pero con saídas rápidas á contra sentenciaríamo-lo partido. Gran esforzo e gran victoria.

(FUTSAL) Benxamín 3 - Compañía de María 0
Último partido da derradeira fase de futsal e pra os nosos ía a ser un partido especial xa que nos enfrentabamos ao noso compañeiro de F8 Diego, que fixo un partidazo pero que non puido ver porta contra un acertadísimo Antonio que iba deter un a un tódo-los seus intentos.

CD Sar 2 - Alevín B 0
Non foi o mellor partido o disputado polos nosos pero tamén por méritos do rival. Un equipo que xogaba un futbol directo buscando segundos balóns ou erros dos nosos xogadores. Os nosos intentaban face-lo seu fútbol xogando en curto pero o rival con tres atrás fixos non daba opcións en canto pasabamos do medio do campo, buscando directamente ao punta. O partido ía encamiñado a un empate sen goles cando nunha xogada que en principio parecía que non tiña perigo, un erro dos nosos puxo o 1-0 no marcador. De ahí ata o final xa non houbo máis historia. Outro erro por falta de contundencia no despexe dun balón dentro da nosa área supuxo o segundo. Temos que seguir melllorando sobre todo en contundencia pois en todo o partido non fixemos unha soa falta por máis de dez do rival.

Alevín D 6 SD Compostela 3
Penúltimo partido de liga ca segunda posición acadada fai tres xornadas. O partido tivo momentos de bo fútbol e outros máis enmarañados por parte dos dous equipos. Agora so queda pecha-la liga frente o Compos con pouco en xogo.

(FUTSAL) Alto do Vento B 1 - Alevín A 2
Derradeiro partido de liga para os nosos alevíns, onde impuxeron un ritmo alto de xogo que foi aceptapo por un rival que tamén procurou a victoria. Gabi fixo o primeiro gol ós poucos minutos do comezo e Noya aumentou a distanza no marcador de falta directa. Gran tempada dos nosos rapaces que conseguen o ascenso á Liga Galega. Parabéns a todos!

(FUTSAL) Alto do Vento 2 - Alevín B 2
O equipo comezou mal, sen intensidade e con escasa ou nula concentración. Aos poucos fomos mellorando e meténdonos no partido. Dado que nos primeiros minutos encaixamos dous goles, resultounos moi complexo acada-lo empate, que, de feito, conseguemos na última xogada do partido. Malia todo, por momentos fomos quen de domina-lo xogo e crear un bo número de ocasións.
Consideramos pois que o empate foi xusto, posto que os nosos rivais fixeron un bo traballo e tiveron tamén as súas ocasións para marcar máis goles.

(LUIS CALVO) Alevín 1 - Xuv. Oroso 0
O domingo foi un bo día para o alevín. Aínda tendo en conta que os rapaces xogaron contra un equipo forte, serio e ordeado, os nosos esforzáronse moito por facelo ben e, de feito, baixo o meu punto de vista, conseguírono. Posiblemente non fose o partido máis vistoso de todos que levan xogado ata o momento, sexa como sexa, os nosos trataron de por en práctica algunhas das ideas traballadas, sendo capaces, na miña opinión, de facelo ben en moitos tramos de partido. Máis, se temos en conta, que os equipos que xogan en fronte tamén adestran e tamén se esforzan.

Racing de Ferrol 5 - Infantil A 1
Golpe de realidade diante dun Racing, que só con intensidade foi mellor ca nós. Adiantaríamonos cedo no marcador, algo que nos perxudicaría xa que pensamos que xa tiñamo-la victoria no peto. Debemos reaccionar e non permitir que se volva a dar esta imaxe, queda tempo e por traballo non vai ser, agora a centrarse na vindeira xornada.

Infantil C 4 - SD Compostela B 0
Partido máis complicado do que sinala o marcador, xa que ata o minuto 78 tan só gañabamos 1-0. O equipo levou o peso do partido pero non foi quen de sentenciar antes pola falta de puntería cara a porta. Aínda que desta vez non concedeu demasiados agasallos en defensa algo ó que nos ten acostumado. Ó final o equipo sentenciou no desconto e na vindeira xornada pode acada-lo segundo posto algo moi meritorio de cara a competir mellor na fase de ascenso.

UD Bastavales B 2 - Infantil D 1
Mal partido dos nosos, onde esqueceron os conceptos aprendidos ata o momento ademáis de non competir diante dun rival sueperior físicamente pero non en xogo. Xeramos moi poucas ocasións e non se aproveitaron, tamén fomos superiores por tramos ó rival, pero o que perdoa acaba pagando. Non podemos subestimar ós rivais contrarios.

SD Compostela 2 - Cadete A 1
Pau as aspiracions dos nosos na sua loita pola permanencia. Magoa, tras comezar gañando, dous erros en contraataques rivais quitaronnos tres puntos moi importantes.

Cadete C 2 - SD Villestro 0
Partido complicado polo plantexamento e actitude do rival que nos obrigou a atacar sempre por fóra. Na primeira metade non fomos quen de aproveita-las nosas ocasións e o rival tampouco os nosos despistes. Na segunda parte conseguemos aproveitar no minuto 56 unha das poucas ocasións xeradas. Despois duns minutos de descontrol e grazas a un penal no 72 lograse o 2-0 definitivo que nos da tranquilidade de cara os derradeiros minutos do encontro.

Orillamar SD 4 - Xuvenil A 3
Partido marcado polas baixas, no que os nosos non foron quen de mostra-lo seu nivel. A pesar de comezar gañando, o rival reaccionou ata chegar con 3-2 ao descanso. A partir de ahí, so quedaba remar contra corrente, ata chegar ao 4-3 final. Destaca-lo gol de Suárez, cadete de primer ano.

Xuvenil B 1 - CD Rois 1
Partido moi intenso o vivido no municipal o sábado. Un Rois que buscaba a victoria para acabar primeiro na fase previa e un Bertamiráns que non se xogaba nada. Dende o inicio do partido xogouse sempre ao que quería o noso xuvenil, saíndo sempre en curto e superando liñas con moita facilidade e finalizando as ocasións que tiña pero sen marcar. O Rois a pesares de seren o equipo mais goleador do grupo non era quen de xerar nin xogo nin ocasións. Na segunda parte o Rois presiona un pouco máis arriba intentando facer dano pero os nos seguían tendo as ocasións. Nunha delas fomos quen de adiantarnos no marcador poñendo máis nervoso ao noso rival. O Rois foise arriba e chegaron un par de ocasións en sendos remates coa testa francos que non fomos quen de metelos. O perigo do Rois chegaba a balón parado e nun corner e tras un bo remate de cabeza chegaba o empate que non facía xusticia ao visto ata o momento.
Por outro lado indicar o lamentable espectáculo que se produciu na grada por parte dos visitantes dende o minuto un con insultos constantes ao árbitro e aos xogadores locais, esuqcendo cal é o verdadeiro obxectivo do deporte. Esperemos que estas actitudes non se volvan a repetir polo ben de todos.

Sénior 5 - SD Araño 1
Continúa a racha do Sénior coa cuarta victoria consecutiva. O Bertamiráns saiu a presionar, o Araño cedeu a posesión do balón e esperou en campo propio, xogando directo para non tomar riscos aguantou o empate os primeiros 30 minutos de partido pero o Berta atopábase cómodo e chegaba cada vez con máis perigo, nos últimos 10 minutos da primeira parte chegaron os goles, 3 para o Berta e un para o Araño á contra. No segundo tempo o partido segue igual, o Bertamiráns domina o xogo e aumenta a ventaxe ó pouco de saires do descanso, marca no 50 e no 60 o 5-1 final, que certifica a victoria. Rematada a primeira volta, pódese dicir que o Sénior está a facer unha gran fase de permanencia, demostrando ser superior a tódo-los rivais e non podemos evitar pensar que o noso lugar sería desputa-la fase de ascenso pero non fixemos os deberes a tempo.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal