Xornada 23/01/2022

O Sénior non acaba de engancharse á parte alta da clasificación

A nosa base segue dándonos grandes alegrías outra semana máis. Unha mágoa que os máis pequechos do nosos clube non puideran xoga-lo seu partido por culpa das filtracións no pavillón que obligaron a adia-lo seu partido. Por outra banda o noso equipo Sénior colleitou unha nova derrota que o distancia da zona noble da táboa clasificatoria.

Pb A 5 - Conxo Santiago 0
Bonita mañán de fútbol base, onde veríamos un gran partido por parte de ambos equipos. Pese o frío, os nosos nenos, puxeron todo o seu esforzo no campo e demostraron esas gañas que teñen por este deporte.

Benxamín A 4 - EFM Estrada 1
Partido serio dos nosos pequenos que dominaron de principio a fin; sen dar opcións ao equipo rival, que tan só disparou unha vez a porta.

Benxamín B 4 - CD Rois 0
Visitaba o municipal de Bertamiráns o segundo clasificado, que a pesar do que indica o resultado, non puxo as cousas nada sinxelas. Os nosos cativos demostaron unha gran solidez defensiva e unha gran pegada que nos fai seguir invictos tras sete xornadas.

Benxamín C 8 - Compostela B 3
Partido moi cómodo para os nosos rapaces, aínda que o exceso de confianza fixo que ó descanso o resultado fora de 3-2 a favor. Nos primeiros minutos da reanudación o equipo saiu moi concentrado e deixou sentenciado o encontro.

Benxamin D 0 - ED Xuventude Oroso B 5
Partido diante dun rival moi superior, o equipo non soubo competir e polo tanto en ningún momento tivo opcións tanto a nivel de xogo como de ocasións, toca seguir mellorando cos adestramentos semanais.

EFM Boiro 2 - Alevín A 4
Bo resultado dos nosos alevíns, que acadan o liderato tra-lo empate do Cidade de Ribeira. O partido comezou ben para os nosos, que lograron o 0-2 moi cedo, arrebatándolle ao rival as opcións que tiña. A partir de ahí, o Boiro non abandonou o seu posicionamento plegado, polo que renunciaban a remontar pero dificultaban aos nosos á hora de finaliza-las xogadas. A seguir traballando nesta liña.

SD Compostela C 0 - Alevin C 5
Victoria doada dos nosos nenos que se divertiron moito perforando a rede do rival.

Alevín D 2 - San Lorenzo 5
Primeira derrota do noso Alevín frente a un moi bo equipo que se puxo por diante cun gran gol. Fomos quen de darlle a volta aínda na primeira parte. Á volta dos vestiarios entramos nun partido de ida e volta onde eles estiveron moito más acertados. Non queda outra que seguir traballando.

SD Cacheiras B 5 - Alevin E 3
Gran partido dos nosos que volveron a gozar das mellores ocasións pero uns erros tontos atrás déronlle o partido ao equipo rival.

(FUTSAL) ED Estrada Futsal 1 - Alevin A 12
Partido dominado de principio a fin polo equipo que non dou opción ó rival en ningún intre.

Infantil A 2 - EFM Boiro 2
Logo de pecha-lo ano no municipal da mellor forma posible, sería o Boiro o encargado de baixarnos á terra e saber cal é a nosa realidade neste novo ano. Este sería un partido no que logo de adiantarnos no marcador, baixaríamos a intensidade e seríamos superados por un equipo que o deixou todo no campo. Ben é certo que fallamos ocasións, pero uns días entran e outros non. Esperemos que este partido nos faga reaccionar e propicie nos rapaces esas gañas de esforzarse, competir e xogar.

CF Noia 2 - Infantil B 6
Partido máis igualado do que reflectiu o marcador, moi competido. Empezou o partido adiantándose por dúas veces o equipo local. Menciona-lo segundo gol do noso equipo, espectacular, tiro cruzado potentísimo a escadra de Álex. A partir de ahí aproveitamos as ocasións e pouco a pouco fomos ampliando a distancia. Os goles foron de Mattiá 2, Alex 1 e Martín 3.

SD Compostela B 2 - Infantil C 7
Partido resolto no segundo tempo, xa que no primeiro os nosos non foron quen de aporveita-las numerosas ocasións das que dispuxeron e aínda por riba concederon ocasións ó equipo rival para que acadase dous goles. Á volta dos vestiarios o equipo estivo máis serio e acadou un parcial de 0-4 que sentenciou o encontro. Destaca-la actuación de Edu na portería que debutaba en fútbol 11 e tivo unha gran actuación.

Infantil D 0 - UD Bastavales 1
Unha grande tristura colleitou o Infantil D coa derrota deste Sábado diante do Bastavales por 0-1. O equipo local creou innumerables ocasións grazas ó seu gran xogo desplegado, aínda que desta vez a sorte estivo do lado dos visitantes.

Cadete A 3 - AT. Montañeros 3
O fútbol e así. Tras impoñernos mediante o xogo ao rival e acadar por dúas veces unha vantaxe de dous goles, os nosos viron como se lle escapaban os tres puntos na derradeira xogada do partido, tras un grave erro do colexiado. A pesar diso, temos razóns para ilusionarnos, pois o equipo mostrou de novo a súa mellor faciana.

Cadete B 3 - AD Nicrariense 0
Partido marcado polas numerosas baixas coas que contabamos e que aproveitamos para probar un sistema novo e a varios xogadores en posicións novas. O partido foi bastante pesado para todo o mundo, dende os xogadores de ámbolos dous equipos, que non desplegaron un xogo nada vistoso como para o público. O equipo foi superior todo o encontro pero sen alardes, e fallando moitas ocasións claras. O único destacable foi a actuación de Anxo Olveira, que debutaba como titular diante do seu ex equipo e marcoulles un hat-trick.

SD Villestro B 0 - Cadete C 5
Partido moi serio dos nosos cadetes que non concederon ocasión clara algunha ó rival. Debemos de parabenizalos por este detalle porque levaban toda a liga dando agasallos ós rivais partido tras partido. O dito partido dominadao de cabo a rabo polos nosos que lograron unha goleada que non foi máis abultada porque non estiveron máis atinados cara a portería. Debemos de seguir nesta liña de concentración.

Xuvenil A 1 - EFM Lalín 1
Bo partido o disputado no municipal entre dous equipos que disputaron a posesión e se atoparon con numerosas ocasións de gol. Comezaríamos perdendo cun erro en saída de balón, pero sería Salama o encargado de poñe-lo empate final no minuto 60.

CD Rois 2 - Xuvenil B 1
Visitaba o noso Xuvenil B a casa do líder. Xa dende o minuto un cada equipo expoñía ao que quería xogar. O partido discurría sen ocasións claras para ningún dos dous conxuntos debido en gran medida ao gran traballo defensivo. Ata que a mediados da primeira parte un bo golpeo do Rois dende fóra da área cólase pola escadra convertindo o 1-0. Os nosos seguían fieis ao preparado e a raíz deso chegaban as ocasións para empata-lo partido pero o balón non entrou. A segunda parte comenzaba cun paso adiante dos nosos, poñendo en apretos en varias ocasións a meta rival. Pero ía se-lo Rois outra vez quen anotara cunha transición rápida no que pouco se puido facer. Seguíamos apretando e grazas a eso reducíamos distancias no marcador. Nese intre xa eramos dono do partido e so quedaba que se materializase no marcador. A pesar do esforzo realizado que se notaba xa nas pernas de todo-los xogadores intentámolo ata o final pero faltounos algo de sorte. Noraboa aos rapaces por que fixeron un gran traballo. A seguir por este camiño.

Sénior 2 - SR Calo 6
O partido comeza ben para o Bertamiráns que sae enchufado a presiona-la saída de balón, desfruta das primeiras oportunidades para adiantarse no marcador e faino cun golpeo de larga distancia no minuto 17. O Bertamiráns segue xogando cómodo, serio na presión desvaratando cada ataque do Calo e cun xogo directo dispón de varias ocasións claras para aumenta-la vantaxe pero perdoa e o Calo comeza chegar con máis claridade. Fallan un penalti no 40, e no 44 nun mal despexe caelle o balón ó dianteiro que marca o empate antes do descanso. Na segunda metade a presión do Bertamiráns xa non funciona tan ben, chegamos a destempo e ainda así conseguimos adiantarnos ós dez minutos. A alegría non dura moito pois responde o Calo e pon o empate ós dous minutos, e o terceiro na seguinte xogada. O partido rómpese e o Bertamiráns intentao a desesperada ata que no minuto marcan o 4-2 á contra e o Bertamiráns baixa os brazos. Primeira derrota na casa, a parte boa e que o equipo mostrou unha mellor cara que a semana pasada, a derrota foi xusta pero o resultado é enganoso. Toca seguir mellorando ca cabeza posta xa no seguinte partido, e traballar duro para que chegue a primeira victoria a domicilio.

Gol de falta de Gael para o Benxamin A.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image