Xornada 23/05/2021

This image for Image Layouts addon

Grandes resultados para a nosa base de cara a seguinte fase

Comezan a definirse os grupos que dan acceso ós playoffs de acenso e a nosa base colócase de maneira destacada nesas clasificacións. Ademáis destacamo-lo empate do noso Infantil A na Coruña frente o San Tirso.

Oroso 4 - Futsal Biberóns 0
Partido moi disputado no pavillón de Sigüeiro no que os nosos campeóns non foron quen de gañar ningunha das partes do partido. Xogaron e loitaron coma titáns e a pesar das baixas perderon tóda-las partes pola mínima. Destacar que únicamente asistiron 7 xogadores e fixeron un gran encontro ante un rival con moitos efectivos.

Cadete C 7 - EF Lalín B 0
Partido moi serio dos nosos que dende o primeiro minuto disputaron con moita intensidade. O equipo foi claro dominador do partido onde xerou moitísimas ocasións de gol e case non recibiu achegas na súa área por parte do rival. Destacar a Vizcaya que anotou unha tripleta.

Futsal Benxamín 5 -  Victoria 3
Atopámonos, nesta nova fase da competición, ante un partido complicado e igualado; pensamos, por outra parte, que serán así tódo-los encontros e agardamos que esto nos poida axudar a mellorar como equipo e, porsuposto, como xogadores.
Fíxose un grandísimo esforzo ao longo do partido, pero máis ao principio do mesmo. Foi unha pena non estar acertados de cara ao gol dado que iso xerou certas inquedanzas duarnte fases do partido.
Parabéns ao equipo.

Infantil C 2 - Compostela B 1
O infantil C impúxose ao Compostela B no que foi, posiblemente, o mellor encontro de tódo-los disputados ata o de agora. É certo que o resultado foi escaso, pero tamén é certo que nos atopamos a un Compostela repregado e ben ordeado.
Dado que a nosa maior virtude está na capacidade para explotar os espazos á espalda da defensa, o feito de atoparnos un equipo repregado supón, de por sí, un problema para nós.
Así mesmo, o xogo combinativo e alegre mostrado polos nosos fixo que dispuxésemos de ocasións clarísimas para ter ampliado a nosa vantaxe.
Non debemos esquecer, igualmente, algún erro flagrante a nivel defensivo que ben nos puido costa-lo partido.

Benxamín A 3 - Milladoiro 0
Bo partido do noso Benxamín A nun contexto pouco habitual para nós.
Nesta xornada os rapaces non estiveron coa velocidade e precisión na circulación de balón que nos gustaría. Así mesmo, tamén tivemos problema coas distancias entre os nosos xogadores cando circulábamos o balón na nosa primeira liña. Un dos motivos polos cales nos costou avanzar no encontro foi o bo traballo levado a cabo polo Milladoiro, mantíñanse moi repregados,
moi xuntiños, se apenas espazo entre liñas nin tampouco espazos á espalda.
A pesar de non estar acertados no eido ofensivo debemos felicitar aos rapaces posto que a nivel defensivo mantivémonos fortes e expeditivos ao longo do encontro e non lle permitimos case ningunha ocasión ao rival.

EF Lalín C 2 - Alevín C 5
O Alevín C parecía que deixara sentenciado o partido na primeira parte xa que acadaba un 3-0 favorable camiño dos vestiarios. Na segunda parte o equipo confiouse e o Lalín acadou dous goles complicando moito o partido, pero o equipo supo reaccionar a tempo e en dous minutos volveu a acadar unha vantaxe inamovible.

Infantil B 1 -  SD Compostela 2
Último partido da primeira volta entre dous equipos que chegaban empatados na taboa.
Foi un partido dominado polos nosos, donde terian varias ocasión para amplia-la vantaxe ou empatar o encontro, uns últimos 10 minutos do 1º tempo de varias imprecisións e malas tomas de decisións, fixeron que o rival marcara 2 tantos.
Estamos no camiño para acada-lo obxetivo.

Bergantiños CF 0 - Cadete A 1
Partido moi igualado entre dous grandes equipos. Durante os 80 minutos as sensacións e ocasións de perigo chegaron port parte dos nosos aínda que non eramos quen de materializalas, co que o Bergantiños seguía moi metido no partido. A insistencia do noso equipo tivo premio tras unha xogada elaborada por Jaime e Manuel Bonome que supuxo o 0-1 final.  O equipos atópase agora a unha victoría de consegui-la clasificación para os playoffs.

PB B 8 - ADN 1
Partido contra o segundo clasificado no que o noso prebenxamin deulle a importancia que requería.
Moi bo partido de todo o equipo no que na primeira parte xa resolvéramo-lo partido.
Destacaron no partido os goles de Enzo e Dani e o bo nivel de concentración de todos na presión ,en aspectos defensivos e nas xogadas de estratexia ca que conseguimos un gol.

SAR Extramundi 8- Benxamín D 2
O resultado obtido polo noso equipo foi demasiado abultado para os méritos acadados, porque durante parte do tempo enfrontáronse ao líder do grupo mostrando a progresión dos últimos días.

Benxamín C 5 - Cidade de Ribeira 0
Partido ante o Ciudad de Ribeira con victoria dos nosos nenos por cinco a cero, como di o resultado partido dominado dende o inicio, cun Ribeira replegado saindo so en contadas ocasions, levando todo o peso do partido e creando numerosas ocasions de gol.
Agora a seguir traballando e pensar xa no Boiro, o seguinte rival.

Alevín A 5- Villestro 0
Partido frouxo no que os nosos xogadores sairon moi confiados e sumado o bo partido dos visitantes reflectiu nunha igualdade na primeira parte; indo ó descanso 1-0 cun gol de Álex.
Na segunda parte o alevín xogou mellor logrando marcar catro goles. Dous en propia, un de Manu e outro de Lucas que plasmaban o resultado final de 5-0 que non reflicte o bo facer do equipo rival.
Destacar a volta de Álex despois de lesión e que soupo abri-la lata cando o equipo non estaba cómodo.

ADN 2 - Benxamín B 8
Partido dominado de cabo a rabo polo Benxamín que goleaba en Negreira para seguir pelexando polo 1° posto.

Victoria C 3 - Infantil D 5
Costoulle abri-la lata ao noso infantil pero unha vez que o fixo logrou ampliar a ventaxa en 3 goles antes do descanso, a cal conservaría ata o final do encontro. Mattia, cunha tripleta e unha gran asistencia foi sen dúbida o xogador destacado do encontro.

Alevin D 5 - Compos B 2
Partido serio do Alevin que dominou de principio a fin sin dar oportunidade ó Compos. Lamenta-la lesión do porteiro Martín, e destaca-lo traballo e esforzo de Sande.

PB A 11 - Villestro B 1
Bo xogo dos mais pequenos que non dan oportunidade e esperan xa a fase final con moitas ganas.

Juvenil A 3 - Pontecesures 1
Partido de pouco ritmo durante boa parte do mesmo, que se decidiu pola velocidade dos nosos atacantes
no último tercio de campo, sendo quen de xerar moitas ocasións nos minutos finais.

San Tirso 1 - Infantil A 1
Partido entre os dous primeiros clasificados da liga. Moito ritmo por ambas partes, e a pesar de que o rival dominou o balon, nos dispuxemos das nosas ocasións ao contraataque.

EF San Lázaro 0 -  Xuvenil B 1
Partido moi serio do xuvenil B no municipal de cancelas.
Unha primeira parte onde fomos claros dominadores do encontro con varias ocasions de gol, pero sen fortuna ata que no minuto 28 nunha contra executada de forma excepcional remata en gol.
Ata o final da primeira parte dominámo-lo partido.
Na segunda parte o San Lázaro adianta liñas aumentado a presion. Unha boa labor defensiva permítenos acaba-lo partido sen grandes sorpresas cunha victoria importantisima para o devenir da liga.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Image