
Debuta con victoria o Senior na primeira xornada de liga.
Dúas derrotas e unha victoria na nosa base. A victoria foi colleitada polo Infantil A diante do EF Lalín. Ademáis debutou o noso equipo Senior con victoria diante do SDC Recesende.
Infantil A 3 - EF Lalín 1
Visitaba o municipal de Bertamiráns as Escolas de Fútbol Lalín, un equipo sempre aguerrido e coas ideas moi claras. Os nosos comezarían o partido sen gañas, con circulacións de balón moi lentas e sen ritmo, esto propiciaría chegar cun gol en contra ó descanso. Tra-lo paso por vestiarios, o equipo mudaría a cara e comezaria a a xogar cun ritmo moi alto o que implicaría o empate no primeiros minutos. Con esta nova cara do equipo conseguiuse remontar na segunda parte.
Toca descansar para coller folgos e pensar na seguinte parada.
Atl. Montañero 3 - Cadete A 1
Partido moi malo o desputado polos nosos na Coruña. Non fomos capaces de desplega-lo noso xogo e ademáis erramos varias ocasións.
EF Lalín 1 - Xuvenil A 0
Nova derrota do noso Xuvenil A, que se mostrou serio durante boa parte do partido, pero non foi quen de materializa-las súas ocasións. O rival, adiantábase no marcador a falta de 15 minutos, cunha falta directa lanzada con maestría que se colou pola escadra do noso meta.
A seguir adiante. Trataremos de muda-la dinámica o máis cedo posible.
Senior 3 - SDC Recesende 0
Bo comenzo de liga para o primeiro equipo, que se impuxo na primeira metade 2-0 sen pasar apuros en defensa e dispoñendo de varias ocasións.
Na segunda metade o Bertamiráns relaxouse e deixou de domina-la posesión pero o Recesende a penas chega con perigo a balón parado. Certificaron a victoria con un terceiro gol a 10 minutos do final.
Agora a pensar no seguinte rival.