Novas

Xornada 25/09/2022

Gran victoria do Cadete A que lle achega ós postos altos da clasificación.

Nesta xornada destacamo-la victoria do Cadete A diante dun correoso CD Calsanz. Ademáis o equipo Séniro acada un importante empate na súa visita ó campo do ADN.
No debe desta xornada quedan as derrotas dos dous xuvenís que deben mellorar se queren acada-los seus obxetivos.

Xuv. Oroso 0 - Infantil A 3
Partido tranquilo para o noso equipo, onde a persares de non xogar un partido moi vistoso, concedeu poucas ocasións ó rival. O primeiro gol ven na primeira parte, nunha indecisión entre o porteiro e o defensa, no cal Xurxo aproveitase e remata por riba do porteiro. O pouco de comeza-la segunda parte, o equipo local perde un balón preto da sua área, onde Mateo finaliza cunha vaselina perfecta que remata en gol. O terceiro e definitivo, chega nun saque dende o curruncho que remata Álex. O equipo empeza a meterse na parte alta da táboa. Esperemos que sega así e mellore o seu xogo.

SD Xuventú Aguiño 1 - Infantil B 3
Os de primeiro ano enfrontabanse a sempre difícil saída ó casmpo da Tasca en Aguiño, e o partido non defraudou. O Aguiño ben plantado no terreo de xogo non puxo as causas sinxelas, adiantábanse os locais gracias a un penalti cometido despois dun erro en saída de balón do noso central. Esto provocou a reacción inmediata do equipo que empata por medio de Fabio a cinco minutos do descanso. Na segunda metade os nosos saíron a polo partido e Fabio primeiro e Dario despois puxeron o 1-3 definitivo no marcador, sen dar opcións ó rival.

SD Dubra 3 - Infantil C 4
Entraba mal ao partido o noso infantil e eso notouse no marcador pois no minuto 10 xa perdíamos por 2-0. Por sorte fomos quen de reaccionar e logramos empata-lo partido xa na primeira parte, pero un erro na saída de balón fixo que o Dubra lograra adiantarse de novo no marcador. Tra-lo descanso saímos coutra intención e fomos a polo partido, e tras varias ocasións empatamos tras un saque dende o curruncho. O equipo seguiu traballando para consegui-la victoria, e esta chegou despois dunha falta ben executada na que nada puido face-lo porteiro rival. Temos que seguir traballando e correxindo erros. Na parte positiva a capacidade do equipo de reaccionar ante un marcador adverso e non virse abaixo.

ED Santa Marta 0 - Infantil D 6
Bo partido dos mais pequenos do fñutbol 11 diante dun rival que soubo defender. Dominamo-lo partido de principio a fin, custounos atopa-lo camiño do gol, xa que eles agrupáronse ben en bloque baixo, pero co transcurso dos minutos foron chegando as ocasións e os goles.

Cadete A 1 - CD Calasanz 0
Partido igualado e intenso o disputado no municipal de Bertamiráns, onde houbo poucas ocasións claras por parte de ambo-los dous conxuntos, cun fútbol pouco vistoso. O gol do noso equipo chega na segunda parte, nun centro de Xavi o segundo pau, onde aparece Lemos para rematar de maneira sinxela ó fondo da rede. Logo a balón parado e nalgunha contra puidemos ampliar distanzas no marcador. Tamén é certo que o Calasanz tivo opcións de empatar da mesma maneira. É decir nunha contra e nun saque dende o curruncho. O equipo empeza a colocarse na zona alta da táboa.

Cadete B 2 - EFM Boiro B 2
Na matinal deste domingo visitaba ao noso Cadete B, o Boiro B, partido moi competido por ambo-los dous conxuntos. Adiantáronse, cun gol aos dos minutos de comeza-lo partido, os nosos rapaces grazas a Rubén. Pouco antes de chegar ao descanso empataba o Boiro tras varios erros defensivos do noso equipo. Voltamos do descanso con gañas de poñernos de novo por diante, pero quedamos ao pouco cun xogador menos, expulsión que vén inmediatamente despois de que o colexiado non sinalase un clarísimo penalti ao noso favor. Non obstante, o equipo cun xogador menos seguiu pelexando e chegou a poñerse de novo por diante a falta de 20 minutos para finaliza-lo encontro. Finalmente, na derradeira xogada do partido, despois de que o rival apretase nos minutos finais e fose moi superior grazas a superioridade numérica lograban empata-lo partido de novo cun grave error defensivo dos nosos. Unha mágoa perder dous puntos na última xogada do partido. A seguir traballando e mellorando.

EF Lalín B 1 - Cadete C 1
Partido moi intenso e competido durante os oitenta minutos do mesmo. Enfrentámnos a uin gran rival que ademáis soupo sacar mellor rendemento do factor campo xa que as dimensión do mesmo favorecérono como é normal. Aínda así durante a primeira metada o noso porteiro apenas tivo traballo xa que o equipo soubo conter ó rival. Pero nos minutos finais o Lalín adiantouse cun gol de golpeo dende fóra da área. Aínda así na segunda metada o equipo seguiu coas premisas e consignas asignadas no vestiario e grazas a elo chegou o empate e ademáis o equipo disfrutou de clarísimas ocasións para acada-la victoria pero por erros na finalización o resultado quedou en empate. Boas sensacións e gran actitude grupal, avanzamos tamén en aptitude grupal.

Xuvenil A 0 - Victoria CF 2
Unha xornada máis no municipal de Bertamiráns onde os erros propios condenan ó equipo a unha derrota inxusta polo fútbol amosado por cada un dos conxuntos. Os nosos xuvenís entran mal no partido nos primeiros 15 minutos onde se ven superados polo rival, pero a patrtires de ahí fanse co control do xogo e disfrutan das mellores ocasións. Aínda así o rival adiántase no marcador por dúas veces. A primeira no minuto 16 nunha falta directa maxistralmente executada pero que ven dun erro de comunicación na zona defensiva xa que nos complicamos cun balón que non iba a ningures. Despois no minuto 39 nun saque dende o curruncho mal defendido o rival consegue o definitivo 0-2. Na segunda metade o equipo impuxo o seu fútbol pero o rival defendeuse ben e concedeu menos ocasións que na primeira metade, quizáis de o remate de Málvarez na segunda metade ou a de Dopazo na primeira fosen dentro o resultado mudaba. Boa actitude e gran fútbol, no debe queda a definición e a concentración para evitar erros graves que custan goles e polo tanto puntos.

Xuvenil B 2 - Cordeiro CF 3
Partido moi competido no municipal de Bertamiráns, o resultado máis xusto quizáis sería un empate. Na primeira metade o equipo estivo moi ben acadando un 2-1 parcial, onde no debe queda o erro defensivo que custa o gol visitante, pero onde tamén tivo máis ocasións ca o rival para levarse un resultado mellor ós vestiarios. Na segunda metade o equipo tivo que facer trocos por lesión e botou por terra todo o traballo realizado en dez fatídicos minutos da reanudación onde en dous erros defensivos o rival acada a remontada. Despois o equipo mellorou pero non foi quen de materializar as poucas ocasións claras das que dispuxo.

ADN 0 - Sénior 0
Partido mediocre en xeral. A primeira metade do encontro é lenta, imprecisa e pouco productiva. Nin nós nin o rival dispoñemos de moitas ocasións para marcar gol. Quizais temos algunha oportunidade máis que o noso rival, e incluso poida que máis claras... pero 0-0 ao descanso quizáis fose o máis xusto. Na segunda parte as cousas mudan, o rival non é quen de pasar do medio do campo e nós, nesta ocasión, sí que empuxamos. Sucédense as ocasións, algunhas delas son clarísimas, máis se cabe, nos últimos vinte minutos, aí é acoso e derribo total. Sexa como fose a pelota non entrou e o partido acaba en empate, unha mágoa, toca remar.

Gol de Andrés Martínez na victoria do Infantil D.

Gol de Adri Silva na victoria do Infantil D.

Gol de Falta de Zarauza que lle da a victoria ó Infantil C.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal