Novas

Xornada 26/03/2023

This image for Image Layouts addon

Inxusta derrota do Cadete A na súa visita a SD Compostela.

PB A 13 - SD Esclavitud 0
Partido do noso Prebenxamín no que saímos moi metidos dende o inicio, sen deixa-la máis mínima opción ao rival, xa que fomos donos do partido como así o reflectiu o marcador. Temos que seguir traballando para mellorar.

PB B 3 - Crocha Balompé CF 6
Partido con dúas partes totalmente diferenciadas as que xogou o noso PB, onde nos primeiros minutos custounos entrar en xogo e os visitantes lograron arrincar cun resultado moi claro, aínda que co paso dos minutos fomos quen de igualar a base de esforzo e bo xogo, pero preto do final e perdendo o físico, encaixamos dous goles que remataron por pecha-lo resultado final. Bo reparto de minutos e traballo dos nenos neste primeiro ano na categoría. A seguir aprendendo co traballo diario semanal.

CD Conxo Santiago 0 - Benxamín A 3
Partido no que fomos quen de saír concentrados. O equipo foi capaz de entende-lo xogo que buscamos e de representalo no campo. Só queda seguir nesta liña durante o que queda de campeonato.

SD Dubra 0 - Benxamín B 10
Partido moi desequilibrado, onde os nosos, un dia máis demostraron a súa superioridade. Nos primeiros minutos xa se adiantaron no marcador e aínda que o Dubra aguantou cun resultado igualado ao descanso, na segunda parte chegarían máis goles para deixar ese resultado final. Un partido máis de aprendizaxe para os nosos.

SD Amio 2 - Benxamín C 2
Partido moi intenso onde faltando 5 minutos para o final do mesmo empatáronnos cunha falta moi ben exeutada polo rival. Seguimos traballando para formar e mellorar de cara ao futuro.

SD Esclavitud 5 - Benxamín D 0
Bo partido para os nosos pequenos a pesares do resultado, diante dun equipo que aínda non coñecía a derrota. Competiron moi ben os rapaces tanto a nivel defensivo coma ofensivo pero a diferenza de idade foi un factor determinante. Van evolucionando e disfrutando cada semana que e o máis importante nestas idades. A seguir traballando.

CD Conxo Santiago 3 - Alevín A 0
Partido moi marcado polo vento e a choiva, por momentos non era nada doado o simple feito de estar no campo. Posteriormente fóronse creando pozas de auga e a pelota non rodaba como debería. Xogamos nun contexto complexo ante un moi bo rival asi que todo ben, outra experiencia vivida.

SR Calo 1 - Alevín B 5
Costosa victoria do noso alevín que estivo moi errático na primeira metade, pese a porse por diante no primeiro minuto de xogo. Unha decente segunda metade abreu distanza no marcador e o rival non era quen de aguanta-lo alto ritmo imposto polos nosos nenos.

Alevín C 14 - Puebla FC B 0
Partido do noso alevín diante do pecha cancelas, onde dende o inicio fomos moi superiores mostrándose a diferenza entre a clasificación dun e outro. Dominámo-lo partido sen problema ningún como así o reflectiu o resultado final. Agora a seguir traballando.

Alevín D 1 - SD Esclavitud 3
Un moi mal arranque condenounos todo o que veu despois. Pese a entrares no encontro moi mal e encaixando 2 tempraneiros goles os nosos non lle perderon a faciana ao partido, logrando recurtar distanzas na segunda metade, sen que finalmente valera de moito.

AD Nicrariense B 4 - Alevín E 1
Comezabamos o partido moi serios en defensa cun bo bloque definido e coa idea clara de xogo. Ocasións por parte dos dous equipos quizáis eles chegando máis pero tampouco con exceso perigo. Pero ao pouco de remata-la primeira parte, cometeríamos un erro grave de posicionamento e iso faría que nos fosemos 1-0 perdendo ao descanso por un gol en propia porta. Xa na segunda íanos pasar o de case sempre. Saímos cunha intensidade moi baixa e aos dous minutos o rival xa ía gañando 3-0. Seguen os minutos do partido, chegando pouco a pouco a área rival pero tamen sufrindo moito e nos minutos finais sumaríamos un tanto para facer un resultado final dun 4-1. Seguimos en proceso de mellora, traballando e aprendendo en todolos adestramentos.

E. Estrada FB 1 - Infantil A 3
Victoria e 3 puntos para apretar moitísimo a clasificación entre os catro primeiros, que loitan todos pola liga e por entrar na fase de ascenso. Empezou o encontro con dominio dos nosos, e cedo chegaría a primeira ocasión de gol, sería Scassa, que recolleria un balón na área pequena e con pouco ángulo remata duro ao poste. O primeiro gol sería no minuto 19, cando Dani recibe un balón na banda dereita e a uns vintecinco metros da meta rival, golpea duro ao balón, saíndo un disparo cruzado que se cola por toda a escadra dereita do meta rival. GOLAZOOOO!!!! Despois disto o Berta quería máis, quería o balón, tendo profundidade, amplitude e chegando a meta rival. Así no minuto 32, Scassa entra a rematar na área pequena un centro dunha falta lateral e logra envia-lo balón ao fondo da rede. Fómonos ao descanso co 0-2. No inicio da segunda metade, cando se esperaba que o resto do encontro fose tranquilo, un mal pase dos nosos cara atrás recolleo o dianteiro rival, Sergio, e en carreira logra zafarse do seu par, vaise cara a esquerda da área, golpea cruzado e marca o gol do Estrada. Quedaba toda a segunda parte, moito por sufrir. Pero non se virían os nosos abaixo, voltarían a domina-lo encontro, e no minuto 46 chega a pelota a parte esquerda do ataque, que a recolle Rico, adéntrase na área, fai unha ruleta, cede o balón a Manu, que dispara, pega no longueiro e entra. Novo GOLAZO dos nosos. Habría tempo para máis, xa que pouco antes de remata-lo encontro, Pla que acababa de entrar no campo e debutar co primeiro equipo da categoría, recolle un balón na parte dereita do ataque, encara ao rival, adéntrase na área e é derribado por éste, penalti. Lanzao Manu, rechace do meta local e voltao a recoller o noso xogador, e con todo a favor remata de cabeza fóra. Tres puntos importantes e quedan catro partidos para ver que pasa nesta emocionante liga.

Infantil B 7 - AD Nicrariense 0
Partido cun resultado abultado onde na primeira metade non se conseguiu materializa-las ocasións tan claras que se crearon, non se pasaron apuros en defensas xa que o equipos estivo moi serio e concentrado na faceta defensiva. Na segunda metade tivemos máis acerto cara a porta contraria e fomos quen de materializa-las numerosas ocasións das que disfrutamos. Pouco antes do pitido final o porteiro do Bertamiráns foi quen de deter un man a mam co dianteiro contrario conseguindo así remata-lo encontro coa portería a 0 que era un dos obxetivos para este partido. Bo traballo de todo o equipos e seguimos mellorando día a día.

Infantil D 1 - ED O Dolmen de Tordoia 3
Un rival forte que puxo difícil puntuar dende o minuto 1. Os nosos son capaces de sáir moi motivados e adiantáronse no marcador, pero dous erros de concentración impedíronnos levar vantaxe ao descanso. A segunda parte foi disputadísima na que o Tordoia conseguiu o terceiro gol a poucos minutos do final. Orgullosos estamos do traballo deste grupo.

SD Compostela 2 - Cadete A 1
Derrota do primeiro equipo cadete, e con ela complícase moito máis a loita pola liga e o ascenso directo á máxima categoría. Empezou o encontro moi igualado, pero pouco a pouco o noso equipo foi a mellor e tería a primeira ocasión clarísima para abri-lo marcador. Sería nun centro raso dende a dereita, que remataría Jesús completamente só, pero faríao contra o corpo do meta local. Pouco despois o Berta faría un tiro dende fora da área grande, desviando éste un defensa, pero o meta local lograría chapa-lo esférico. Cando o noso equipo parecía que tiña controlado o encontro, chega unha indecisión entre o noso meta e a defensa e o dianteiro local Raviña aproveita a situación para mandar doadamente o balón ao fondo da rede. Era o minuto 33. Chegan as dúbidas ao noso equipo, e pouco despois no 39, sería Roi quen faría o segundo, noutra xogada na que a defensa non logra afasta-la pelota da súa área e o xogador local recolle o balón preto da meta visitante e logra manda-lo balón ao fondo das maias. Con este resultado fómonos ao descanso. A segunda parte tería unha soa cor, a do Bertamiráns, ocasións moi claras e constantes, sendo a primeira nun centro dende a dereita ao segundo pau, e Lio no seu remate con todo a favor envía o balón por riba do longueiro. Logo noutro centro o balón queda morto na área pequena rival, e co porteiro no chán Migui envía o balón ao pau dereito. Tiña o Berta maniatado ao seu rival, era cuestión de tempo que chegara o gol, sería Suárez no 65, nun disparo cruzado dende dentro da área grande, que se cola pola parte dereita do meta local. Quedaba tempo para máis, e tería o Berta ocasións para empatar, xa que pouco despois, Suárez voltaría facer un remate a cepa do pau dereito da meta do Compos. Mala sorte para o noso equipo, que mereceu moito máis, a seguir loitando e soñando con ese ansiado ascenso.

UD Bastavales 0 - Cadete B 5
Partido no que dende o primeiro minuto de partido tivemos o control do balón en todo momento. Aínda que sendo protagonistas co balón non quere dicir que fixeramos un bo partido, xa que non foi así. Cada vez que perdíamos o balón custabanos voltar a recuperalo e na primeira metade o rival tivo a posibilidade de empatar cun tiro ao pao. A mellor nova do encontro foi o resultado e os 3 puntos. O vindeiro encontro que terán os nosos rapaces e a visita na copa do Sar ao Arzúa a domicilio. Esperamos que o xogo mellore e o equipo volva a colle-la confianza que tiña antes dos baches das anteriores xornadas.

Cadete C 4 - SR Calo 0
Partido doado para os nosos onde o rival non creou perigo en ningún momento do partido. Seguimos formando.

Xuvenil A 2 - SD Residencia 2
Gran partido dos nosos rapaces que pagaron a súa inoperancia cara a portería contraria xa que na primeira metade foron quen de ter ocasións moi claras para ter unha vantaxe de máis de un gol. Co 1-0 obra de Málvarez marchamos camiño dos vestiarios. Na reanudación o árbitro foi quen meteu de cheo ao equipo rival no partido xa que concedeu un penalti que únicamente veu él. O rival non desaproveitou o agasallo e empatou o encontro. A partires de aquí foi outro encontro e a superioridade amosada polos nosos desvaneceuse para pasar a un partido máis igualado onde rival quizáis foi quen de leva-lo partido cara o seu terreo. No debe deste partido unha vez máis temos a defensa do balón áereo que nos custou unha vez máis o empate do encontro a poucos minutos do final.

Sénior 1 - SD Valiño Cabo de Cruz 1
O domingo pasado enfrontáronse dous bos equipos, ambos loitan polo ascenso e prentenden gaña-la liga. Había tensión, principalmente por parte dos visitantes, de ter perdido sería un tropezo moi duro. Sexa como fose, o partido foi bonito de ver, dous equipos que o tentaron todo para gañar. Así mesmo, non houbo tantas ocasións como a calquera lle gustaría pero foi emocionante.

Gol de Diego na victoria do Alevín B.

Golazo do Infantil A: Xogadón de Rico que asiste a Manu que anota.

os nosos colaboradores

Image
Image
futgal2.jpg

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Milongas
CES CAROU
Stampa
Vaca Vella
O Establo
Emma Café
Sopgal
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal