Novas

Xornada 27/02/2022

Xornada de Entroido con poucos partidos.

Poucos partidos nesta xornada, xa que únicamente estaban programados nas ligas galegas e en categorías superiores. Ademáis xogouse algún máis adiado no seu momento pola Covid19.
Destacamo-la victoria do noso PB B, a segunda que consegue nesta liga. E tamén salienta-la actuación do Biberón B que conseguiu gañar unha parte no seu partido de liga. Os máis peques xa demostran a súa valía.

Villestro SD 2 - Biberón B 1
Partido moi igualado e onde pouco a pouco vaise vendo a mellora dos nosos pequenos futbolistas. Tivemos ocasións para marcharnos con algún punto pero a sorte non estivo con nós. Comezamos gañando o partido, con gol de Brais, pero o Villestro finalmente foi quen de darlle a volta ó encontro.

PB A 5 - Amio SD 1
Xornada con so dous partidos de fútbol oito no municipal, onde os nosos prebenxamíns sairían a disfrutar, poderíamos ver novos conceptos adquiridos polos rapaces, pero deben seguir mellorando, teñen todo por aprender.

PB B 7 - SD Compostela B 0
Victoria merecida dos nosos pb´s, ademáis no partido comezamos a ver moitas das cousas que se traballan nos adestramentos. Temos que seguir a traballar para mellorar cada semana. Destacámo-los goles de dous biberós que nos viñeros a botar unha mán na convocatoria.

Victoria CF 2 - Infantil A 0
Sabíamos de antemán, que o campo no que xogabamos, cunhas medidas de fútbol profesional íbanos a condicionar, tamén sabíamos do bo facer deste Victoria, xa que foi o mellor equipo que pasou polo municipal. Ímonos ca sensación de tirar unha parte, xa que logo de ir perdendo sairíamos ó segundo tempo con outra faciana, e por ocasións non foi, pero desta vez non quixo entrar e así o Victoria marcaría o segundo no tempo de desconto. Descansamos estos tres días, que ben merecido o teñen os rapaces, polo bo traballo que están a facer e voltaremos coas pilas cargadas.

SD Xuventú Aguiño 2 - Infantil B 5
Partido onde os nosos sufriron máis do que di o marcador. O Aguiño empezou moi ben, dominando e acorralándonos no noso campo, pero nunha contra xunto co fallo defensivo do contrario, levou a poñernos por diante, sendo logo todo un pouco máis sinxelo. Logo o bo traballo defensivo xunto ca efectividade dos nosos ante a portería contraria levou a ese resultado. Goles de Martín 2, Pablo, Carlos
e Lucas.

Galicia Caranza 0 - Cadete A 0
Partido con pouco ritmo no que as ocasións tivéronas os nosos, onde erramos un penalti para máis inri. As ocasións pasaban sen aprobeitalas, así como os minutos, ata chegar ó final do encontro co 0-0. Mágoa, pois o partido estaba para gañar. A seguir traballando.

Cadete D 2 - SD O Pino 0
A mañá deste domingo visitaba o municipal a SD O Pino para medirse co noso cadete D. Partido que sabíamos que ía ser moi complicado e moi competido, como así foi. Un gran esforzo defensivo dos nosos rapaces que fixeron que o equipo visitante tivese moi poucas ocasións de gol durante o partido, xunto co acerto de cara a gol fixo que ganáramos o encontro 2-0, os dous goles na primeira metade. Lamentablemente, o gran partido disputado por ambos equipos, foi empañado por unha vergonzosa actitude dalgúns afeccionados visitantes, que non representan para nada á SD O Pino, gran actitude nuns momentos tensos tanto dos seus xogadores como do seu corpo técnico.

At. Coruña Montañeros CF 3 - Xuvenil A 2
Unha mágoa, tras remontar un 2-0 en contra, nos intres finais o rival volvíase adiantar a saída dun saque dende o curruncho. Destaca-la actitude dos nosos que non lle perderon a faciana ao partido a pesar da vantaxe dos rivais. A seguir mellorando e os resultados chegarán.

Gran gol do noso PB B.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal