Novas

Xornada 27/03/2022

Primeira victoria dos máis peques da nosa base.

Por fin despois de moito traballar o noso Biberón B acadou a súa primeira victoria nun partido, esperamos e desexamos que sexa a primeira de moitas. Parabéns os nosos nenos e máis a seus adestradores, ó final o traballo ben feito ven acompañado de resultados positivos.

Biberón A 4 - Praíña SP 0
Partido doado dos nosos nenos, o xogado na mañán do Domingo, no que foron quen de facerse cunha clara victoria suplindo as ausencias doscompañeiros. Pechada esta fase, agora pasarán a xogar polo título na fase definitiva. ¡Moita sorte os máis peques!

Biberón B 1 - SD Villestro C 0
Partido moi igualado, e onde por fin, agora sí chegou a primeira victoria do equipo dos máis peques do clube. O partido tivo ocasións para os dous equipos, pero a sorte estivo con nós, xa que calquera puido gañar. Nada máis que decir que un moi bo ambente nas gradas, onde ambas afeccións disfrutaron do encontro e dos nenos.

Biberón F8 10 - SD Milladoiro 2
Primeiro partido de fútbol 8 para os nosos biberóns no que quedou clara a diferenza entre ambos equipos dende o comenzo. Aínda así o máis importante foi a ledicia e ilusión mostradas nás súas facianas.

CD Compañía de María 1 - PB A 5
Partido sen moita historia, onde os nosos impuxéronse con moitísima claridade! Unha xornada mais onde os nosos seguen aprendendo e gañando para manterse no mais alto da clasificación.

PB B 1 - SD Villestro B 4
Resultado inxusto, xa que foi un partido moi disputado no que o rival soubo impoñer o seu físico nos minutos finais acadando así un resultado abultado. Boa dinámica do equipo, temos que seguir nesta liña de xogo.

CD Rois 1 - PB C 5
Partido sinxelo para os nosos, onde probamos distintas cousas no proceso de aprendizaxe dos rapaces, aínda que queda moito percorrido pero xa amosan detalles traballados durante a semana. Medramos cos adestramentos e partidos, a seguir traballando!!!

Benxamín A 4 - Conxo Santiago 2
En xogo o liderado da 1ª Benxamín e os nosos souperon estar á altura das circunstancias. Un partido moi serio e intenso ía darlle a victoria aos nosos, que dende agora son o único equipo que depende de si mesmo para ser campión a falta de cinco xornadas.

SD Esclavitud 1 - Benxamín B 1
Gran partido dos nosos rapaces onde foron moi superiores ó rival, xerando ocasións suficientes para gaña-lo encontro, pero a imprecisión pasou factura. Toca seguir traballando pero sen deixar esta boa dinámica.

Benxamín C 1 - Conxo Santiago C 6
Partido moi disputado na primeira metade, xa que chegamos ó descanso con empate no marcador.
Na segunda metade o equipo encaixou dos goles moi cedo que minaron a moral dos nosos e provocou que o final encaixasen unha goleada.

SD Cacheiras 9 - Benxamín D 1
Partido sen moita historia, onde equipo rival amosou a súa superioridade! Quedámonos co positivo, xa que na segunda parte competiuse moito mellor.

(FUTSAL) SD Cacheiras 3 - Benxamín 5
(FUTSAL) SD Villestro 2 - Benxamín 2
Dous últimos partidos onde os nosos selaban o pase a derradeira fase xunto co Victoria, Compañía, do noso compañeiro en F8 Diego, e o Stellae, o gran favorito.

Alevín C 6 - At. Fátima D 1
Partido serio perante un rival con boas ideas que puxo difícil as cousas cun bo xogo.

Vista Alegre B 0 - Alevín D 1
Partido xogado perante o terceiro clasificado con dúas ausencias e a lesión do noso xogador Antón nos primeiros minutos onde os nosos nenos souperon superar todas esas adversidades facendo un partido moi serio e de moito traballo. Decantándose nos derradeiros intres, o que nos asegura ser subcampeóns a falta de catro xornadas. Agora a pensar no San Pedro.

Alevín E 6 - Silleda CF B 1
Partido moi bronco onde os nosos impuxéronse grazas a súa superioridade amosada nas disputas. Sexta victoria consecutiva dos nosos que seguen invictos na segunda volta.

(FUTSAL) SD Villestro 4 - Alevín B 3
Partido moi disputado e entretido de ver, con moitísimas ocasións claras por parte dos dous conxuntos. Ao final o partido decidiuse por pequenos detalliños que desta vez non nos foron favorables. Parabéns a tódo-los rapaces que participaron no encontro, o esforzo foi máximo a tódo-los niveis.

(LUIS CALVO) SD Compostela 0 - Alevín 7
Partido frouxo na primeira parte, non estivemos rápidos, nin atentos, nin acertados... só puidemos conseguir acertos de xeito puntual e iso fixo que fósemos 0-0 ao descanso. Na segunda parte as cousas mudaron dende o principio, en parte, grazas a un gol de falta directa que nos permitiu tranquilizarnos un pouco e así comezar a facer as cousas un pouco mellor. As ocasións comenzaron a sucederse e ao final acadamos un resultado moi favorable.

At. Montañeros 2 - Infantil A 1
Derradeira xornada desta primeira fase do campeonato. Visitabamos a un equipo como é o Montañeros, séptimo clasificado e sen xogarse nada, pola contra, para nos tiña importancia, pero vémonos superados por un equipo o cal nos gaña, non só en resultado, senon en esforzo e sacrificio. En canto o fútbol, ocasións para ambos conxuntos, e cando mellor parecía que estabamos, encaixamo-lo segundo. Melloraremos na segunda fase.

Infantil B 3 - CF Noia 2
Partido igualado e con alternativas no marcador. Empezou o encontro adiantándose moi cedo o equipo visitante, no minuto tres. Tivemos varias ocasións para iguala-lo encontro que non foron efectivas, pero foi no 37 cando Lucas logrou o empate. No 67 a pesares de que as ocasións caían do noso lado, foi o Noia quen se volveu adiantar, aínda que desta vez de seguido conseguimos empatar, con gol no minuto 70 de Cape. No tramo final do encontro, minuto 80 logramo-lo gol da victoria por medio de Martín. Resultado final 3-2. Decir tamén que rematámo-la liga sen perden ningún encontro e tan só cun empate. Sorte na fase de ascenso.

Xuv. Oroso C 1 - Infantil C 1
Partido dominado de principio a fin polos nosos rapaces, pero non foron quen de ter ocasións claras para consegui-la victoria. O rival estivo moi cómodo esperando un erro noso para poder facer dano coas súas contras grazas a seus homes rápidos da liña atacante. No debe segue quedando que un erro noso en defensa facilitou a falta onde se adiantou o rival. O empate é xusto visto os méritos duns e outros nas áreas contrarias. O empate mantennos segundos.

Infantil D 1 - Cidade de Ribeira 7
Moi mal encontro o disputado polo Infantil D que esqueceu o bo xogo que desenvolvera nos derradeiros partidos. Os xogadoees non puxeron en práctica o traballo en equipo, algo que preparamos nos adestramentos durante a semana, xogando de maneira individual, o que propiciou que o rival, superior física e técnicamente, atopárase moi cómodo no terreo de xogo.

Cadete A 2 - SD Compostela 1
A primeira parte do encontro foi moi mala, o Compostela superounos no xogo; xogaron cunha intensidade moito maior á nosa e cunha concentración que estaba a anos luz da nosa. Dispuxeron de varias ocasións para adiantarse e finalmente así foi, ao descanso íamos perdendo 0-1. A segunda parte foi totalmente distinta, os rapaces, sendo conscientes do que nos xogabamos, foron quen de saír a partirse a faciana e dalo todo por reverte-la situación. Se ben é certo que conseguimos remonta-lo partido, non podemos permitir todo o que pasou na primeira parte... de volver a facelo, posiblemente perderemo-lo partido.

Cidade de Ribeira 6 - Cadete B 1
Partido desastroso. Superados en tódo-los sentidos dende o primeiro ó último minuto. Perdemo-la segunda praza e imos ó playoff coma terceiros.

Cadete D 2 - EF Estrada B 2
Partidazo o vivido na mañá deste Domingo no municipal de Bertamiráns. Duelo directo entre dous equipos con asipiracións a meterse nos postos altos da táboa. Visitaba ao noso cadete D o Estrada B, un dos equipos máis compensados da liga, varios dos seus xogadores compiten en liga galega co cadete A da Estrada. Os nosos rapaces saíron cunha idea moi clara, competir e non cometer erros defensivos, xa que sabíamos que nos penalizarían. Na primeira metade adiantaríase o equipo visitante tras un disparo potente dende fóra da área. Non obstante, o equipo seguiu crendo e buscando portería rival, sabíamos que gozaríamos de boas oportunidades, logrando remonta-lo partido e irnos ao descanso cun 2-1 no marcador. A segunda parte, o gran esforzo comezou a mellar nos nosos rapaces e o partido facíaselle longo, isto fixo que se cometese un erro, un minuto antes de chegar ao engadido, nun córner lanzado polo Estrada B rematou un rival só na área pequena levando o empate ó marcador. Non pasa nada, conseguimos manter os 7 puntos de vantaxe contra un rival directo e para a semana que ven poderíamos certificar matemáticamente quedar entre os catro primeiros clasificados. Seguiremos traballando para continua-lo aprendizaxe dos rapaces e que sigan competindo contra calquera rival da liga.

CCD Taragoña 0 - Xuvenil B 3
Partido con pouco ritmo o xogado polo noso xuvenil contra o Taragoña que saiu pechado dende o comenzo do partido e máis preocupado de non encaixar que de marcar. A pesar diso, máis por calidade que por xogo ían chegando as ocasións de gol. Ao final un 0-3 para os nosos e a seguir sumando.

AD Nicrariense 2 - Sénior 2
Comeza Ben o encontro para o Sénior que ten un man a man no primeiro minuto e logra adiantarse de corner pouco despois. O Bertamiráns xogaba en campo contrario e xerou mínimo 3 ocasións claras antes do descanso dúas delas foron o pau, outra foise pola liña de fondo. Pero tamén sufría nos balóns longos que mandaba o ADN ás costas da defensa, nun deses balóns, o Bertamiráns non acerta no despexe e queda o balón botando na frontal da área para o dianteiro que non falla. O Sénior non reacciona, todo o contrario, entran as dúbidas, os nervios e desconecta cando está o xogo parado, non consegue mante-la concentración e así chega o 2-1 para o ADN que saca unha falta rápido collendo a defensa despistada e quedando man a man que unha vez máis o ADN, non falla. O partido vai así ó descanso. No segundo tempo o rival sae máis pechado aínda, xogando á contra, perdendo tempo e parando o xogo cada vez que se presentaba a ocasión. O partido seguese a xogar no campo do ADN, pero máis á desesperada que no primeiro tempo. O banquillo do Bertamiráns pide penalti por dúas máns na área e un fora de xogo que era un man a man, pero igual que os xogadores, tamén fallan os árbitros. Xa nos últimos 10 minutos o Sénior marca o empate cun disparo de 3/4 de campo que o porteiro falla ó rechazar e chega o dianteiro do Bertamiráns para metela para dentro. Salvouse un punto e pode que se mereceran os tres, pero voltamos regalar dous goles, hai que estar moi acertado arriba para sacar algo máis que o empate deste xeito. Faltou seriedade e seguridade atrás e costóu 2 puntos, esto obríganos a facer bo este punto cunha victoria no seguinte partido.

Gran combinación de Antonio, Álex e Diego para o gol do Benxamín A.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal