Novas

Xornada 27/06/2021

This image for Image Layouts addon

Sorrisos e bágoas

O fútbol ten estas cousas, que as veces gáñase e noutras toca felicita-lo rival, lei de vida en toda competición deportiva.
En fútbol 8 na fase final celebrada na Estrada o noso clube recibiu un dos paus máis grandes que se lembran na base, xa que presentou 5 equipos, dos que 4 chegaron a final, pero ningún foi quen de gañala.
O Alevín A perdeu a semifinal pola mínima despois de controla-lo partido e de errar un penalti a favor, pero as veces o fútbol é caprichoso.
O Alevín B perdeu a final na tanda de penaltis despois de empatar 3-3.
O Benxamín A perdeu a final contra o Oroso, o Benxamín C perdeu tamén a final contra o Fátima e os PB´s perderon a súa final contra o Amio.
De todas maneiras debemos de resata-lo gran traballo dos nosos rapaces e dos seus adestradores que foron quen de levalo clube o máis lonxe posible. Parabéns e a pensar na tempada que ven.

Outra tristeza levámola co Xuvenil B que perdeu a final de ascenso contra o Conxo C.
CONXO C 2 -  XUVENIL B 1
Partido digno dunha final o xogado no manuel regueira.
Dende o inicio o Conxo tentaba te-lo control do partido, pero o noso xuvenil coas liñas avanzadas e moi xuntas impedia o avance do equipo rival que só lle quedaba buscar balóns perpendiculares e centros laterais que eran solventados polos nosos.
A segunda parte seguía coa mesma tónica, cando na saída dun corner un bo remate de Adri enviaba o balón ao fondo da rede. As presas ían en aumento para o Conxo deixando espacios que aproveitaban os nosos para quedar diante do porteiro un par de veces. Na primeira a xogada acaba co noso atacante no chan e o árbitro non aprecia nada punible. Na segunda o balón sae desviado ao lado dereito da portería. Os minutos pasaban moi lentos e o gran esforzo notábase nos xogadores dos dous equipos en forma de calambres.
Cando so quedaban 30 segundos do tempo engadido chega o empate do Conxo levando o partido a unha prórroga onde o factor físico e psicolóxico tralo empate decantou o partido para o Conxo.
Noraboa aos nosos polo partido realizado.

Pero como dixemos tamén temos alegrías, e estas foron proporcionadas polo Cadete C, que se proclamou campeón de Liga, e polo Xuvenil A, que por fin acadou o ansiado ascenso a liga galega.
XUVENIL A 1 - RIBEIRA 0
O partido do ano para os rapaces. Tras varios anos loitando por este ascenso, o club logra o obxectivo e ascende ao seu xuvenil a liga galega. Partido moi sufrido, ante un gran rival que levou o peso do encontro con longas posesións. Os nosos, ben ordeados, trataron de aproveita-las súas oportunidades á contra. Nunha delas, no minuto 20 acaba cun penalti a favor que transforma o noso goleador Salama. A partir dese momento, as ocasións repartíronse en ambas áreas, pero sen move-lo definitivo 1-0.

CADETE C 2 - FÁTIMA 0
Partido moi disputado polos nosos rapaces que saíron moi concentrados dende o primeiro minuto. Na primeira metade foron os auténticos dominadores do encontro, ademáis acadaron dous goles, puideron ser máis, que ó final resultaron definitivos.
Na segunda metade o Fátima apretou moito, grazas os trocos realizados, pero os nosos rapaces souperon solventa-las envestidas rivais e manter o resultado para así proclamarse campéons de liga.
Unha mágoa non poder ascender.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal