
Victoria moi traballada do Sénior a domicilio.
Esta semana destacan as victorias a domicilio pola mínima do equipo Sénior diante do Agrón e máis do Cadte A diante do Conxo B. Pola contra o Xuvenil A acadou en no municial un empate despois dun gran partido pero que tivo unha arbitraxe lamentable.
At. Fátima B 0 - Biberón A 4
Partido bastante sinxelo e sen complicacións, con moitos goles dos nosos en toda-las partes do mesmo, o rival non logrou marcarnos ningún gol xa que eramos bastante
superiores a eles, tanto física coma técnicamente.
Victoria FC - Los Rayos 3 - Biberón B 0
Partido moi igualado o principio xa que conseguimos empatarlles a primeira das catro partes, despois o Victoria xa soubo como leva-lo partido xa que cos trocos que fixeron os nenos eran superiores físicamente aos nosos, ós poucos este equipo vai mellorando, a seguir!
PB A 6 - CD Rois 1
Partido do noso Prebenxamín fronte ao Rois con máis problemas dos que reflicte o resultado final cunha primeira parte moi disputada chegando ao descanso cun empate a un go. Na segunda metade estivemos máis acertados tanto en ataque como no traballo defensivo froito delo o resultado final. Agora ca clasificación xa acadada tentaremos de gaña-lo derradeiro partido pra ser primeiros de grupo.
PB B 12 - CD Rois B 4
Partido sen moita historia xogado polos nosos no que o marcador, aínda que abultado, non reflicte a diferenza entre o nivel dos equipos nun partido no que houbo momentos especialmente lúcidos dos nosos xogadores facendo xogadas de moito mérito, e traballadas ó longo destas semanas. ¡Norabóa pola victoria ben merecida!
(FUTSAL) Victoria FC B 0 - PB B 2
Partido moi serio o xogado polos nosos PBs esta mañán no que demostraron moi bo xogo combinativo e aspectos defensivos novos para aumenta-la súa aprendizaxe. A pesares de ter momentos de non estar moi lúcidos cara a portería rival, temos que estar moi ledos cos nosos pequechos.
EF Lalín 0 - Benxamín A 3
Partido duro baixo a intensa choiva. Os nosos foron quen de competir e sacar un bo resultado no díficil desplazamento diante dun rival complicado.
SD Dubra 1 - Benxamín C 1
Partido moi intenso onde a grada desfrutou do bo partido que se disputou no terreo de xogo. Acadamos un empate debido a un gran gol de falta que conseguiu o Dubra faltando poucos minutos para o remate do encontro. Seguimos traballando.
Benxamín D 1 - ED Xuv. Oroso C 7
Mala primeira parte dos nosos benxamíns propiciada en parte polo bo xogo do rival e en gran medida por erros nosos de conceptos que deberemos ir traballando e mellorando. Tralo descanso tentamos correxir algúns erros que estabamos a cometer e melloramos un 100 %, puidendo ver un partido moito mais igualado.
EF Lalín 2 - Alevín A 2
Partido moi duro diante dun rival que fixo un moi bo papel. Por momentos fixemos cousas ben, comezamos competindo bastante ben, non asumindo moitas situacións incómodas... tamen é certo que en ningún momento fomos donos do partido. A realidade é que colleitamos un empate grazas a que, Marcos, un dos nosos rapaces fixo dúas accións moi diferenciais, e foi quen de marcar dous goles moi importantes. Para a semana máis!
Alevín B 6 - SD O Pino 1
Malia a comezar perdendo tras uns erráticos dez primeiros minutos onde tamén estivemos faltos de intensidade, íamos a seguir crendo na nosa idea de xogo, a cal ía facer que cedo encarrilásemo-lo partido dándolle a volta antes do descanso. Unha boa segunda parte certificaría a victoria para os nosos.
Infantil A 3 - E. Estrada FB 2
Tres sufridos puntos que permiten seguir líder ao noso primeiro equipo da categoría infantil. Saíu o equipo local arroiando ao seu rival, así nos primeiros minutos tivo catro ocasións claras por medio de Álex para face-lo primeiro gol, unha acabou pegando o balón no pau, outros dous máns a máns que acerta o gardamallas e unha que sae lambendo o longueiro. A partires de ahí o encontro iguálase durante toda a primeira parte con chegadas as áreas pero sen ocasións claras, así ímonos ao descanso, có 0-0 inicial. Na volta dos vestiarios o Berta volve a poñer cerco á meta visitante, onde Álex busca a meta contraria rápidamente, tras roubo e conducción sorteando rivais cara ela. Así no minuto 52, volve a realizar unha incursión na área, sendo derribado clarísimamente ca conseguinte sinalización da pena máxima, transformada en gol por él mesmo. Seguidamente o noso equipo continúa atacando á meta contraria, domina o encontro e dez minutos despois do primeiro gol, nun centro a área visitante, Lucas tras varios rechaces envía o balón ao fondo da rede. Pensa o Berta que ten o partido sentenciado, confíase e a partires de ahí o Estrada achégase á meta do noso equipo, e así en dúas accións a balón parado, conseguen facer dous goles no minuto 66 e 75. De seguido o Berta en vez de virse abaixo saca ese arácter gañador que ten moitas veces, e un minuto despois do empate do encontro, nunha recuperación de balón por parte de Matteo, gaña a liña de fondo, pon o balón no primeiro pau e despois dun rechace do gardamallas, Kape envía o balón ao fondo das mallas para face-lo 3-2 definitivo dun encontro entretido.
Cidade de Ribeira B 1 - Infantil B 1
Partido onde seguimos a acusa-las baixas, pese a todo o equipo dispuxo de 4 ocasións moi claras nos primeiros 20 minutos para adiantarse no marcador diante dun rival que sempre compite. O Ribeira buscaba roubar e saír a contra con balóns longoss que fomos quen de controlar case sempre. Co 0-0 inicial chegabase o descanso, a segunda metade discurría polos mesmos derroteros ata que nun saque dende o curruncho Álex cun gran testarazo poñia o 0-1 no marcador. A partires de ahí ocasións en ambas porterías ata que un balón colgado en área mal defendido pola nosa parte propiciou o empate definitivo.
Puebla FC 2 - Infantil C 5
Empezou o equipo sen ritmo e sen entender a que queríamos xogar cometendo erros de forma continua y sen ser capaz de ter continuidade no xogo. Nun deses erros é onde nos mesmos lle damos un pase a un rival que esta so diante do porteiro para que so teña que empurra-la pelota, chegaría o 1-0. Aínda tardamos un pouco en espertar pero cando o logramos démoslle a volta ao partido e xa non pasamos apuros. A segunda parte foi máis do mesmo, o equipo non tiña continuidade pero xa non tiñamos tantos erros polo que tampouco pasabamos apuros. Xa co 1-5 outro error garrafal por falta de concentración e actitude permitiu ao Puebla recortar distanzas no marcador. Temos que ser capaces de competir durante os 80 minutos independientemente quen sexa o rival. Sen altibaixos e mantendo a concentración en todo momento. Esperemos que nos sirva para sacar conclusións que nos fagan evolucionar e mellorar.
Victoria FC C 0 - Infantil D 15
Partido sinxelo sen historia onde os nosos foron moi superiores.
CD Conxo Santiago B 0 - Cadete A 1
Partido igualado o disputado na Merced, onde o noso cadete rematou conseguindo tres puntos para seguir mandando na táboa clasificatoria. Primeira parte de tanteo, onde os dous equipos queren busca-la meta rival, pero o ritmo é alto por parte dos dous, e vense poucas ocasións claras. Mencionar unha do noso equipo, onde Rodri rouba un balón e despois de desfacerse da súa marca, ten un mán a mán contra o meta local onde sae gañando este último. Có marcador inicial ímonos aos vestiarios. A segunda metade é totalmente distinta, con ocasións para ámbolos dous equipos, así sen cumprirse o primeiro minuto o Conxo nun saque dende o curruncho, o seu dianteiro envía o balón ao pau e despois de pasearse pola liña recollea o noso gardamallas. Pouco despois Rodri tras unha recuperación de balón en tres cartos de campo volve ter outro mán a mán, que finaliza lambendo o pau dereito da meta contraria. Seguidamente o Conxo ten dúas ocasións claras, unha nun mán a mán entre o dianteiro e o noso meta que sae preto do poste dereito e outra un tiro que sae preto do longueiro. Volta a da-la réplica o equipo visitante, o noso equipo, que no minuto 76 nun roubo dun balón, consegue avanzar pola banda dereita, e tras un centro e indecisión do meta local e a súa defensa, Diego remata de testa ao fondo da rede desde preto do punto de penalti. A partires de ahí o Berta defende ben a súa meta e consegue o tres puntos.
Cadete B 1 - SD Compostela B 1
Resultado totalmente enganoso o visto na matinal deste Domingo no municipal. Un dos mellores partidos realizados no que vai de liga polo noso cadete B, sobretodo en fase ofensiva. Na fase defensiva debemos mellorar, sobretodo para lograr roubar e montar boas transicións, algo que nos custa moito. Chegaríamos ao descanso 0-0, puidendo levar practicamente o partido sentenciado xa no descanso co número de ocasións por parte dos nosos rapaces. Sairíamos do descanso coas mismas gañas, e ao pouco poñeríamonos diante no marcador. Seguimos errando ocasións e ao rival empataríanos ao pouco nun desaxuste defensivo. Partido no que a pelota non quixo entrar e simplemente logramos un punto deste partido. Non obstante, sentímonos moi orgullosos da actitude dos rapaces, o xogo e o importante no fútbol e xerar oportunidades, xa que se non se xeran sí que é imposible acadar goles. Noutro partido entrarán deso estamos completamente seguros. A seguir traballando para cumprir os obxetivos da tempada.
Victoria FC B 0 - Cadete C 4
Bo partido do equipo. A pesares do tempo de intensa choiva, o campo estivo ben para xogar e o equipo fixo un partido serio e intelixente sen ter en conta a posición do rival na táboa clasificatoria. Seguimos formando para competir e mellorar..
Xuvenil A 2 - Galicia de Caranza 2
Gran partido o disputado polos nosos rapaces esta fin de semana, pero o gran partido do porteiro rival e os erros garrafais por parte do trío arbitral fixeron que non acadasemos unha ansiada victoria pola que vimos traballando tóda-las semanas. Tivemos numerosas ocasións que ben é certo non soubemos materializar e o porteiro rival fixo moitos méritos para elo pero se lle sumamos que o trío arbitral veu de paseo e non a face-lo seu traballo pois perdemos dous puntos. Anularon un gol legal e concederon un ó rival que non era. Moi inxusto pero temos que seguir.
Victoria FC 2 - Xuvenil B 1
Encontro no que comezamos fóra do mesmo e cunha intensidade moi baixa o que nos custou encaixar dous goles. No último tercio da primeira metade o equipo aplicouse e centrouse acadando varias ocasións de gol, materializando unha delas. Na segunda metado o encontro estivo igualada ata a expulsión, o cal desnivelou completamente a balanza. Toca seguir traballando e mellorando os inicios de partido.
Agrón Barcala CF 0 - Sénior 1
Partido do cal, por enriba de todo, destacaría o oficio mostrado por parte dos nosos xogadores. É un campo que non se nos da moi ben, ao ser pequeno non acostumamos a ser capaces de propoñer e cando eso pasa acostumamos a sufrir. Desta volta axustámonos ben ao plan e a maiores este non era malo. En definitiva, 3 puntos máis que nos fan boa falta para tratar de estar nos postos máis altos da táboa. Para a semana máis!